VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS DEUSES CASTREXOS E OS GALAICO-ROMANOS
A arqueloxía pre-romana garda un mutismo absoluto sobre o tema, polo que canto del saberemos será a partir da chegada de Roma, cando na epigrafía van aparecer nomes e epítetos de divinidades. Estamos ante unha relixión politeísta cun panteón amplísimo ao que adoraban o mesmo os habitantes dos castros que os das cidades. Algunhas divinidades son comuns a todo o territorio, mentres que outras teñen un culto local, tópico, e todas elas perdurarán coexistindo coa relixión romana e mesmo coa introducción do cristianismo.

A importancia dos elementos da Natureza ( coma o sol, a lúa, as augas, determinadas árbores..), a miúdo tense posto en relación coas crenzas dos habitantes dos castros, pero ben entendido que tales elementos non deben interpretarse como divinidades propiamente ditas senón que estas “habitan” ou se “encarnan” naquelas manifestacións e forzas naturais.

Unha serie de fontes históricas, como por exemplo as inscricións, proporcionannos algúns datos para esbozar un moi breve panorama das crenzas e da relixión da cultura Galaico-romana.

As fontes literarias e epigráficas romanas contaminaron moito a interpretación da relixiosidade castrexa, así o deus das montañas, o que aparecen como o máis importante do panteón castrexo, asimilaba ao clásico Xúpiter e era polo tanto un deus puramente romano. Outros deuses están perfectamente testemuñados. Mars Cosus, deus da guerra, o deus Bandua, estaba asociado á protección da comunidade. Tamén rexistrase a existencia de moitos deuses menores, especie de deuses benéficos ou maléficos, protectores dos pobos, dos animais, relacionados cas augas,os bosques,coas encrucilladas dos camiños. Estes "Lares viales", mantiveron grande importancia tamén na época romana e perviviron nas lendas e tradicións populares relativas aos cruceiros e os petos de ánimas.
O culto ao deus que se relaciona coas montañas vai ser moi abundante. Para el temos un nome: Laroco; pero sobre todo descubrimos un sincretismo dos nomes co Xúpiter romano. Do mesmo xeito que os romanos asociaron o seu Xúpiter(Iuppiter,Iovis) co Zeus grego, atopamos un Iovi Ladico, Candamio, Candiedoni. Mesmo semella esta unha das rexións peninsulares onde aparecen maior número de aras dedicadas a Iovi Optimo Máximo.
Marte ten o seu correlato en Coso, que aparece en puntos repartidos por toda a Gallaecia; pero tamén aparece o sincretismo co deus romano.
Divindades fluviais ou que dan nome a fontes e cursos de auga, aparecen en numerosas lápidas, asociadas ás ninfas romanas, con apelativo indíxena, como en Chaves, Cacabelos, Caldas de Reis... Dusrio aparece cerca de Porto, Navia en Asturias e Castro Caldelas; Navea en Trives. Referido ás forestas estaría Lucus, tamén Chanas e Chas.
Por último, atopamos nomes difíciles de clasificar coma: Bandua (aparece en numerosos lugares), Brico, Veroe, Aerno, etc.
Existe un substrato relixioso de cultos indíxenas e locais que logo se asimilará, nun sincretismo case perfecto, coas decisivas aportacións de divinidades clásicas dos romanos. Todo isto convive con outros dous feitos da Galicia romana: o culto ao Emperador (de compoñente relixioso e tamén político ) e, na época tardía, o espallamento do cristianismo. Sen embargo, non se teñen referencias claras a este respecto.


PORTELA POUSADA, Estela

para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 30-04-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal