VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LUPERCALIA
As festas "lupercales" en Roma eran unhas festas que se celebraban o día 15 de febreiro, desterradas polo Papa Vixilio no século VI e substituílas pola Candelaria, que é unha festa da purificacion da Virxe María. O seu nome deriva de lupus (lobo) e hircus (macho cabrío ou animal impuro). Foron instituídas por Evandro o arcadio en honor de Pan liceo (tamén chamado fauno luperco, o que protexía o lobo, e protexía contra Februo ou tamén Plutón).


As festas en honor do fauno Luperco, que se celebraban o 15 de febreiro reciben o nome de lupercalia porque se celebraban no lupercal, unha gruta no monte Palatino onde, segundo a lenda, Luperca, a loba que amamantou aos xemelgos fillos de Marte, tiña a súa guarida.

Sobre o significado das lupercales, algúns autores clásicos poñen o acento no cariz purificador da festividade, mentres que outros fano sobre a aportacion da fertilidade.

Os lupercos eran elixidos anualmente e tiñan a súa sede en Lupercal. A tradición conta que foi instituída por Rómulo e Remo. Segundo Plutarco, ao principio os seus membros eran pastores aínda que, posteriormente, elexíanse entre as familias máis importantes da cidade. Estaban divididos en dúas seccións: Luperci fabiani e Luperci quinctiliani. Ao frente de cada división atopábase un magister.


En canto á orixe destas festas, era unha opinión moi estendida en Roma que proviña de épocas prefundacionais, e se remontaba á chegada dos arcadios. Para outros tratábase dunha festa puramente romana, instituída polos xemelgos ao permitirlles seu avó Numitor que fundasen outra cidade no lugar onde foron abandonados. Tras sacrificar unhas cabras, acoden correndo, cubertos coas peles das vítimas ata aquel lugar.

Seguindo a Plutarco e a Ovidio podemos estruturar así o ritual das lupercales:

1º. Un sacrificio animal dunha cabra, un can ou un macho cabrío na entrada do lupercal. Está presidido polo Flamen Dialis, quen só preside, xa que lle está vedado tocar ditos animais. Asisten tamén as vestais, que preparan a mola salsa á que Ovido chama februa. Ao concluír o sacrificio presentábanse diante do altar dous xoves aos que o sacerdote manchaba na súa fronte co sangue do animal, momento no que os unxidos debian rir.

2º. Namentres os lupercos, dedolan as cabras sacrificadas e cortan as peles en tiras longas, coas que cada un se confecciona un taparrabos e un látigo e inician unha carreira polo Palatino na que dan latigazos a toda persoa que se cruce con eles. As mulleres ofrecense voluntariamente a ser golpeadas nas maos ou nas costas, xa que se cree que os latigazos axudaban a concebir e dar á luz facilmente.

3º. Un banquete coa carne da vítima entre os membros do colexio sacerdotal puña fin á ceremonia pública do sacrificio.


Este acto de purificacion comezou no reinado de Romulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Despois de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: “ Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrio peludo” e esta é a razón pola que os lupercos van uncidos en sangue de animais con peles, golpeando e golpeando cun látigo coma se fose un membro viril.

Para as mulleres este rito aumentaba a súa fertilidade póndolles as carnes de color de púrpura. Esta cor representaba ás prostitutas da época, en especial, ás que exercian a prostitución sagrada cos lupercos na Ara máxima, tamén chamadas lupas ou lobas.

A cristianización da festa
Co paso do tempo, o papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagá das lupercales. Quixo cristianizar esta festividade e a substituíu polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristiano chamado Valentín.

As lupercalia tornaronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e letanías a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba o fauno Luperco. A pesar de todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagán con maior eficacia que todas as prohibicións anteriores.


Das lupercalia puidera asemellarse hoxe a tradición do entroido galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns ou peliqueiros azoutan á xente con débiles fustas de coiro, con cencerros en honor ós pastores dos cales o fauno Luperco era deus, e golpeando con vexegas de porco inchadas.



Estela Portela Pousada
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 21-02-2008 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal