VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O MEU CALENDARIO TEN 13 MESES
O orixinal calendario romano, introducido cara o século VII a.C., tiña 10 meses con 304 días nun ano que comezaba en marzo. Dous meses mais, xaneiro e febreiro, foron engadidos posteriormente no século VII a.C., pero como os meses tiñan soamente 29 ou 30 días de duración, había que intercalar un mes extra aproximadamente cada segundo ano. Os días do mes eran designados polo incómodo método de contar cara atrás a partir de tres datas: as calendas, os primeiros do mes; os idus, ou mediados de mes, que caían o día 13 de certos meses e o día 15 de outros; e as nonas, ou o noveno día antes dos idus. O calendario romano fíxose enormemente confuso cando os funcionarios que tiñan encomendada a adición de días e meses abusaron da súa autoridade para alongar os seus cargos ou para adelantar ou retrasar eleccións.
Os meses quedarían así: januarius (29 días), februarius (28), martius (31), aprilis (29), maius (31), junius (29), quintilis (31), sextilis (29), september (29), october (31), november (29) y december (29). Non existen meses cun número de días par porque se consideraban de mal agoiro, agás febreiro, e por esa mesma razón o ano ten 355 días, no lugar dos 354 do ciclo luar. En febreiro celebrábanse as februales; unhas festas de purificación e apaciguamento dos mortos nos que se realizaban diversos sacrificios.

Como este ano era demasiado curto cada dous anos engadíase un mes de 22 ou 23 días (mercedinus, ou mercedonius). Este mes intercalábase entre o 23 e o 24 de febreiro, e os catro días que quedaban de febreiro considerábanse incluidos en mercedinus.
Os calendarios lunares baséanse no curso das fases lunares, constan de 12 meses de 29 ou 30 días: 354 días.
RECAMÁN SIMES, Yaiza
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 21-02-2008 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal