VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOBRE A PALABRA ENTROIDO E CARNAVAL
1-Entroido ou carnaval

A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O antroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés de mardi gras, "martes graxo" ou da graxa (touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo carnaval (así no Brasil).

4-Orixe da palabra carnaval

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

Chantal Apuzzo Dopazo e Lucía Baez Bustillo







Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal