VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SOBRE A ILÍADA de HOMERO
Despois de ver na aula as secuencias máis importantes de TROIA, a película do ano 2004, imos afondar sobre as semellanzas e diferenzas co texto de Homero, base fundamental da mesma.
Estas cuestións son para resolver cos textos da Ilíada de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero)Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, qué hai de certo?
9- Nomea cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
para saber se sabes xogando
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 22-01-2008 06:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal