VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova entrega do Caderno Dixital
A nova entrega do Caderno dixital terá un prazo do día 9 de decembro abordará os seguintes proxectos:

A aparición dos mortais na mitoloxía grega:

- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: definición e comparación do mito coas etapas da Prehistoria e a historia real dos seres humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro...

- Prometeo, Pandora e os mortais: reflexión creativa sobre os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos.

- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría? Houbo un diluvio universal?

- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos androxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa?

- INVESTIGA: O mundo dos mortos. Descrición do mundo Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos? Ubi sunt?


LECTURAS RECOMENDADAS:
Hesíodo: Os traballos e os días (As Idades vv. 106-202). Ademais para Pandora en Teogonía 535-570 e Traballos e os días, 47-58 e 90-105)

Ovidio: As Metamorfoses (libro I As Idades vv. 76-148, O diluvio e Deucalión e Pirra vv.244-415)

Platón: O banquete (discurso de Aristófanes).
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 30-11-2015 07:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal