VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOS REGRESOS DE TROIA
Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.


CUESTIÓNS

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar? Cara onde foxe en busca dunha nova terra? ver vídeo

A ENEIDA DE VIRXILIO

Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela. Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas e un amor desgraciado coa raíña Dido de Cartago, chegaría finalmente ao Lacio, onde casaría con Lavinia.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas, A ENEIDA trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."


ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A ENEIDA

Grazas a que deusa sae de Troia Eneas? Quen era Anquises?

Con quen marcha? Que lle pasa a Creusa?

A que costas chegan logo de 7 anos? Como se chama a raíña que alí goberna?

Que relata Eneas á raíña?

Que lles pasa a Eneas e raíña logo?

Cara onde se encamiña logo Eneas?

Tras a visita aos Infernos que vai pasarlle a Eneas?

Con quen se vai desposar Eneas? Por que vai pelexar con Turno?

A DESCENDENCIA DE ENEAS e a FUNDACIÓN DE ROMA

O seu fillo era Iulo, Ascanio, desta linaxe van nacer os fundadores de Roma. Investiguemos como ocorreu.
Podes facelo a través dunha árbore xenealóxica da descendencia de Eneas no seu reino de Alba longa.

3- Enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas poe el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.

4- Unha aventura moi coñecida de Ulises é a das sereas. Procura saber como sucedeu.

5- A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Procura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.

Un enlace cunha versión de película da "Odisea"

Finalmente un poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 23-03-2015 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal