VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os deuses Olímpicos: Amores de Zeus (I)
Volvemos sobre os nosos pasos para despois da Titanomaquia saber que pasa cos deuse Olímpicos vídeo (Lembra as partes 1/2 resumidas e agora imos coa terceira parte para resumila tamén dende o minuto 25 aproximademente).




Os primeiros amores de Zeus tiveron lugar con Titánides.

A primeira relación que tivo o deus olímpico, considerado polos seus irmáns pai dos deuses por ser o seu liberador do ventre paterno de Cronos, foi Metis, a deusa da prudencia, esa calidade que Zeus tentará integrar na súa cabeza tragándose á titánide ao saber que estaba enbarazada e temendo que nacese un fillo máis poderoso ca el. Quen naceu precisamente da súa cabeza, como xa sabemos, foi Atenea (Minerva para os romanos)deusa da intelixencia.

A segunda relación que tivo Zeus foi cunha titánide chamada Temis, a deusa da xustiza divina, outra das calidades que pretende encarnar como deus supremo. Temis era a irmá maior de Cronos e con ela vai ter as denominadas Horas, asentadas sobre a cabeza de Zeus, eran Eunomia (Ευνομια, ‘boa orde’ é dicir da lei)Dice (Δικη, ‘xusticia’ era deusa da xustiza moral dos humanos) e Irene (Ειρήνη, ‘paz’). Tamén tivo outras tres temidas fillas, ás Moiras (Parcas en latín)que son Cloto (Κλωθώ, ‘fiandeira’) fiaba o fío da vida,Láquesis (Λάχεσις, ‘a que bota a sortes’) medía coa súa vara a lonxitude do fio da vida e Átropos (Ἄτροπος, ‘inexorable’ ou ‘inevitable’, literalmente ‘que non xira’,ás veces chamada Aisa) era quen cortaba o fio da vida. O mesmo Zeus estaba submetido aos caprichosos designios da Moiras fiandeiras.

Coa oceánide Eurínome(a do bo goberno) vai ter ás tres Cárites ou Gracias (Eufrosine, Talia e Aglaia).

O número tres é un número que por veces se triplica así ocorreu coas nove noites que Zeus pasou coa Titánide (filla de Urano e Xea) Mnemósine, deusa da memoria, da que naceron as nove Musas:
Calíope (Καλλιόπη, “a de belo rostro”) da elocuencia e poesía épica.
Clío (Κλειώ, “a que celebra”)da historia
Erato (Ἐρατώ, “amorosa”)da poesía lírica.
Euterpe (Ευτέρπη, “deleite”)da música.
Melpómene (Μελπομένη, “cantar”)da traxedia.
Polimnia (Πολυμνία, “moitos himnos”)poesía sacra.
Talía (θάλλεω, “florecer”)da comedia.
Terpsícore (Τερψιχόρη, “deleite da danza”).
Urania (Ουρανία, “celestial”) da astronomía.

Procura unha ilustración para cada un destes mitos, nas que poidamos recoñecer os distintos personaxes citados.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 27-10-2014 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal