SI VIS PACEM, PARA BELLUM dixo Xulio César, é dicir, "se queres a Paz, prepara a guerra", unha expresión claramente belicista e propia dun imperio en marha, ambicioso e perverso.
Despois de observar como as gueras, a de Troia, como modelo épico e mitolóxico, pero cunha base real, unha guerra que lonxe de ser como nos pinta Homero, unha guerra provocada polo amor, oculta motivos menos heroicos como son a conquista dun lugar abundante en riquezas e un asentamento estratéxico nas rutas comerciais cara Oriente.
Todas as guerras,logo, son produto dunha serie de intereses económicos que poden aparecer ocultos ou simplemete disimulados, pois acostuman ser totalmente inxustificados e lesivos para o conxunto dos pobos que as sofren. Por iso deberiamos transformar o dito que fixo famoso Xuio César nunha expresión claramente pacifista: SI VIS PACEM, PARA PACEM: " Se queres a Paz, prepara a Paz". |