VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BRISEIDA E CRISEIDA, A CÓLERA DE AQUILES
Quen eran Briseida e Criseida?

Briseida.
Seu nome verdadeiro era Hipodamía. Era filla de Brises, de quen toma o nome de Briseida. Brises era irmán de Crises, pai de Criseida, e, como éste, sacerdote (de Apolo), na cidade de Lirneso, tomada e saqueda por Aquiles durante a guerra de Troia.

Hipodamía ou Briseida estaba casada con Mines, que foi matado por Aquiles. Este lévaa cautiva, e Patroclo, para consolala, promételle que Aquiles a faría a súa esposa; e, en efecto, chegou a ser a escrava favorita do heroe, "que a amaba ternamente".

Cando a Asamblea dos gregos obrigou a Agamenón a devolver a Criseida o seu pai e o rei, en compensación, pediulle a Aquiles que lle entregara a Briseida, este, airado e dolorido, negouse a combater. Agamenón, entón, enviou unha embaixada a Aquiles para tratar de aplacalo e prometerlle devolver a Briseida e, só con esa promesa, logrou reconciliarse con el.

A tradición representa a Briseida como unha muller alta, morena, de brillante mirada e ben ataviada. Parece que foi ela a que lle tributou a Aquiles os honores fúnebres.

Criseida.
Criseida é a filla de Crises, de quen toma nome, sacerdote de Apolo na ciudade de Crisa, en Tróade.O seu nome verdadeiro é Astínome. Foi raptada polos gregos durante unha expedición contra a ciudade de Tebas, Misia, onde se atopaba en casa de Ifínoe, irmá do rei Eetrión, e entregada a Agamenón como parte do botín.

Seu pai acudíu a reclamarlla o rei, pero este non accedeu. Os gregos obrigaron a Agamenón a restituir a Criseida, pero o rei pediulle a cambio a entrega de Briseida, orixinando a cólera de Aquiles.

A peste
Os Gregos sufrirán os ataques durante nove días do propio deus Apolo como solicitara o seu sacerdote (Crises) ao non devolverlle Agamenón inicialmente a súa filla. Foi Aquiles quen convocará en asemblea aos gregos para intentar volver a casa e devolverlle Criseida a seu pai, Crises. Entón Agamenón, tras unha primeira negativa, accede despois de impoñer escoller unha nova escrava como botín de guerra. A escrava de Aquiles, Briseida, pasará a ser así propiedade de Agamenón, polo que Aquiles encolerizado deixará de pelexar, e de novo os troianos lograrán unha vantaxe fronte aos gregos.


Unha tradición conta que Crises devolveulle voluntariamente a súa filla a Agamenón porque fora ben tratada. Criseida tivo de el dous fillos: Ifigenia e Crises, chamado este así en memoria do seu avó.

A tradición precisa que Criseida tiñaa 19 anos, que era loira, delgada e de talla pequena. En cambio, Briseida era morena, alta de tez branca e moi elegante. E formaban unha parella que resumía os dous tipos de beleza feminina.


A cólera de Aquiles.
Esta etapa caracterizase pola loita entre Aquiles e Agamenón. Despois de saquear Troia repartironse o botín pero Agamenón, para reafirmar a súa autoridade sobre Aquiles, quitoulle a súa escrava Briseida.
Foi aquí cando Aquiles encolerizouse. Non só era un insulto ao seu honor, senon que era unha grande inxustiza, xa que Aquiles fixera a maior parte do necesario para conseguir todo o tesouro e o botín do que Agamenón cría que tiña dereito a disfrutar. Como consecuencia, Aquiles retirouse a súa tenda e decidiu non tomar parte na loita.
A loita foise agravando pouco a pouco e os gregos sufrían unha forte presión sen Aquiles. Agamenón viuse forzado a ofrecer a Aquiles riquezas de todo tipo e a devolución de Briseida, pero o gran guerreiro negouse.
Patroclo, familiar e/ou amigo de Aquiles, tomou parte da loita dirixindo as súas tropas e coa súa armadura. Finalmente, foi asesinado por Héctor, o mellor guerreiro do bando troiano. Aquiles, apenado polo seu amigo e pola perda da súa armadura, entrevístase coa súa nai Tetis quen lle deu unha nova armadura. Aquiles volveu con Argamenón e regresou ao campo de batalla. Tras haber matado a moitos troianos e sobrevivir o ataque do río Escamandro, Aquiles puido finalmente encontrar ao seu principal adversario, Héctor.
Finalmente, ambolos heroes encontraronse e tras dar tres voltas a muralla de Troia, enfrontáronse cara a cara. Aquiles enviou a súa lanza a garganta de Héctor e unha vez morto someteuno a numerosas vexacións para vingar a morte do seu querido Patroclo.
A continuación, Aquiles organizou un funeral. Os restos de Patroclo puxéronse nunha urna e enterráronse nun montículo. Cada día, á alba, Aquiles arrastraba o corpo de Héctor ao redor do montículo. Príamo, pai de Héctor,dirixiuse ao campamento de Aquiles para pedirlle que enviara o corpo de Héctor a Troia para poderlle facer un funeral pola súa morte. Aquiles conmoveuse e aceptou a súa súplica.

Cambios respecto á película.

Criseida non sae na película Troia.
A peste provocada por Apolo non aparece na película, pero si a dificultade pola que pasan as tropas gregas polos ataques dos troianos ata que morre Patroclo, e Aquiles decide entrar de novo en combate corpo a corpo contra Héctor.

( Dos datos recollidos na aula tras da lectura dos textos homéricos e procurar máis información.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 21-01-2014 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal