Moitas son as expresións latinas que atopamos ao redor da celebración do "conclave" (unha palabra que practicamente está escrita en latín "cum clave" e que quere dicir literalmente "con chave" "baixo chave"). Ligada ao conclave está a expresión "extra omnes": "fóra todos" esa expresión que se pronuncia no momento en que se van pechar as portas da capela Sixtina onde os cardenais deciden en votación ao novo Papa.
No momento en que aparece a fumata branca todo o mundo coñece a expresión "Habemus Papam" e logo virá a bendición "urbi et orbe", é dicir, "para a cidade (de Roma) e para o mundo enteiro" . |