VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezamos o curso: ARS LONGA, VITA BREVIS
Para comezar este curso iniciamos unha reflexión sobre a vida para o que botamos man da melodía máis antiga que se coñece:



ὅσον ζῇς, φαίνου, μηδὲν ὅλως σὺ λυποῦ.
πρὸς ὀλίγον ἐστὶ τὸ ζῆν, τὸ τέλος ὁ χρόνος ἀπαιτεῖ.

Mentres vivas, brilla, non esteas triste en absoluto;
a vida é breve, o tempo esixe o seu tributo.

Unha curiosa reinterpretación podédela ver e escoitar premendo aquí

CUESTIÓNS PARA COMEZAR ESTE CURSO:
Unha música apropiada para este día será o epitafio de Seikilos despois de visionar os vídeos resposta:

1-Que é un epitafio? Busca a etimoloxía desta palabra.
2- Cal é a historia desta peza arqueolóxica tan singular?
3- Copia o texto completo (non só o da canción) desta inscrición epigráfica.
4- Cal é o contido desta composición:
5- Sabes o que significa “ars longa, vita brevis”? 6- Ten algunha relación esta expresión co epitafio de Seikilos?
7- A quen se lle atribúe este dito?
8- Quen era Hipócrates, que é o xuramento hipocrático?

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 05-09-2012 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal