VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS OUTROS XOGOS NA ANTIGA GRECIA .
O carácter panhelénico dos xogos.
Os xogos de Olimpia foron os máis importantes, pero non foron os primeiros realizados en territorio heleno, tampouco eran os únicos. Cada cidade tiña os seus propios xogos que se celebraban en todas as rexións colonizadas polos gregos ao longo do Mediterráneo. O espíritu competitivo era unha das características da cidadanía da polis da Grecia arcaica, signo distintivo da aristocracia e un tanto elitista. Ademáis dos Olímpicos só había outros tres grandes xogos de carácter Panhelénico, é dicir, que convocaran a todos os gregos: os Píticos, os Istmicos e os Nemeos.
As especialidades deportivas compúñanse de tres grandes tipos de competicións : ecuestres, atléticas e musicais. Pero nestes xogos houbo tamén competicións teatrais, o teatro era outro dos elementos culturais máis representativos da civilización grega que curiosamente non parece estar presente en Olimpia.

OS PITIOS EN DELFOS
Naceron no 582 a.C. aínda que se dicía foran fundados polo deus Apolo en lembranza da matanza da serpe Pitón. Eran celebrados a cada catro anos no ano anterior ao olímpico. Os vencedores obtiñan unha coroa de loureiro, árbore do deus da lira. Por iso nun primeiro momento só se celebraron concursos de música e canto, peor axiña engadironse probas atléticas e hípicas.

OS ÍSTMICOS EN CORINTO
Realizáronse a cada catro anos dende o 582 a.C. os xogos ístmicos en Corinto adicados a Poseidón. A súa fundación atribuíaselle a Teseo. Os vencedores das probas nas que se incluían, ademáis das usuais, as naúticas era unha coroa de pino.

OS NEMEOS
Celebráronse por vez primeira no ano 576 a.C. en Nemea (na rexiónn do Peloponeso da Argólide), que en conmemoración da victoria deHeracles sobre un temible león e en honra do seu pai Zeus. Celebrábanse tamén nos veráns no segundo e cuarto ano de cada período olímpico. Os vencedores dos concursos atléticos, hípicos ou artísticos recibían unha coroa de mirto ou apio silvestre.

AS PANATENAICAS DE ATENAS
En honra de Atenas, deusa que dá nome a cidade foron fundadas porlo tirano Pisístrato no 568 a.C. e potenciadas co goberno democrático de Pericles un século despois. Fastuosas procesións e premios en metálico nas carreiras no estadio, ademáis das carreiras de cuadrigas e de fachos fan especialmente significativas ditas celebracións.
Outros Xogos de carácter máis local, pero de gran repercusión tiñan lugar en Epidauro, Megara, Platea, Exina e Atenas.

UNHA ANÉCDOTA DOS HIPÓDROMOS
Taráxipo, deus que espanta aos cabalos cuxo altar estaba no hipódromo xunto a nisa oriental que había en Olimpia daba máis temor que os de Istmia ou Nemea, que pode ser un epíteto de Poseidón Hipio. En Delfos no ano 462 aC. correron 41 carros dos que só un chegou a meta, o do rei de Cilene.

Curiosa entrada para saber máis
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal