VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MULLER E OLIMPIA
Olimpia era na súa orixe un lugar onde se veneraban deidades femininas. A principal deusa era Xea, a deusa Terra. Pero co cambio da sociedade matriarcal á sociedade patriarcal o lugar pasou a estar baixo a protección de Zeus e ó culto a Xea dirixiuse a outras deusas, sobre todo a Hera. Podería dicirse que a orixe dos xogos olímpicos está íntimamente ligada a este tipo de cultos agrarios da fertilidade e que presentan xa o símbolo atlético como valor cultural en honor da deusa Terra-Nai.



As mulleres eran excluídas dos Xogos Olímpicos non só como participantes, senón tamén como espectadoras. Durante a celebración dos xogos, incluso lles estaba prohibido traspasar as fronteiras naturais de Olimpia, os ríos Alfeo e Cladeo, pero podían presenciar os xogos doutros lugares de Grecia, como en Esparta ou Delfos.
Pero había unha excepción: a sacerdotisa de Deméter, a cal podía presenciar os xogos debido ó antigo culto a deidades femininas que se facía en Olimpia.

Os Heraios ou Hereas eran unhas carreiras de velocidade en honor da deusa Hera, anteriores e independientes aos Olímpicos, que tiñan lugar cada catro anos. Estes xogos, segundo a tradición, foron organizados por Hipodamia para render homenaxe a Hera, deusa dos casamentos, polo seu matrimonio con Pélope.

A organización do Heraios corría a cargo de 16 mulleres de nobres familias da Élide, que eran as xuíces dos mesmos. Elas tecían o velo da deusa, deposítabano no seu templo e organizaban unha carreira de velocidade na que participaban mulleres vírxes. Esta carreira equivalía a uns 5/6 do estadio (160 metros).
A gañadora recibía algo da forza de Hera ao comer do animal que sacrificaban na honra da deidade e ó ser coroada cun ramo de oliveira salvaxe.

A muller (koré) que participaba nos Heraios tiña o pelo solto ata os ombros e levaba unha túnica corta por encima do xeonllo que deixaba o seu ombro dereito ó descuberto. Corrían divididas en tres categorías segundo a idade.


A pesar de estar excluídas dos xogos, as mulleres podían participar nas competicións hípicas por medio dos seus aurigas e cabalos, pois nestas carreiras o vencedor non era o xinete, senón o propietario da besta. Por exemplo, Cinisca, filla do rei de Esparta Axesilao II, que gañou en dous ocasións, ou Belistikie, a cal estaba baixo a protección do rei grego de Exipto.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0