VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ESPIDO NAS OLIMPÍADAS
A harmonía do corpo atlético pon de manifesto a orde do Kosmos (a Natureza que os deuses ordenaron) fronte ao Chaos ( a Natureza sen orde). Para os gregos, o ser é físico e non existen outras realidades. A través do nu resáltase o divino que hai nos seres humanos. Esta é unha das claves para entender a complexidade cultural que latexa na celebración das Olimpíadas na Grecia Antiga.


ATLETAS ESPIDOS NAS OFRENDAS AOS DEUSES
Os atletas competiron espidos por unha reflexión filosófica que apareceu por vez primeira no mundo grego que relacionaba a nudez coa moral. Os gregos vían o corpo humano con respeito e veneración, considerábano encarnación de dous conceptos: o do atleta e o do heroe. Esta dimensión heroica reflíctese na arte grega dun xeito prodixioso.


OS ESPARTANOS PUXÉRONO DE MODA
Ao principio, os atletas levaban unha especie de taparrabos nalgunhas competicións. Os espartanos foron os primeiros en impoñer a nudez dos atletas. Segundo Pausanias, o primeiro corredor que competiu nu en Olimpia foi Orsipo de Mégara. No trancurso da carreira caéuselle o taparrabos, pero el continuou e chegou primeiro á meta. Segundo o mesmo autor, o atleta fíxoo adrede para correr máis libremente. En Esparta mesmo as mulleres practicaban o atletismo e facíano tamén espidas.
No comezo o nu completo só estaba vinculado a algúns deportes coma as carreiras pedrestes, pero posteriormente estendeuse a outras competicións.


UNHA MULLER NAS CARREIRAS!
A muller que violara a prohibición de presenciar os xogos estaba condenada a ser arroxada dende o alto do monte Tipaión. Ferenice (ou Calipátira), filla de Diágoras, veu dende Rodas a Olimpia co seu fillo Pisirodo que ía participar nas competicións de adolescentes. Vestiu a túnica dos adestradores e entrou no estadio. Cando viu o triunfo do seu fillo achegouse cara a el. Pero ao saltar á pista a súa túnica caeu e púxose de manifesto o seu sexo. Sen embargo foi perdoada por pertencer a unha familia con éxito nas Olimpíadas. A partir dese momento tanto os atletas coma os adestradores debían entrar espidos durante os xogos.






EXPRESIÓN INTEGRAL DO SER GREGO
O home concebido como ente activo no campo das ideas e das ciencias aplicadas debía brillar en toda situación competitiva, tanto na súa situación social e profesional, como no seu corpo, entendido como o vehículo máis idóneo da súa mente e ao cal chegou atribuírlle un verdadeiro culto. O seu afán de superación simbolizado nas competicións, como un compendio de valores relixiosos e político-culturais, tiña tamén a súa expresión na nudez do atleta, amosando a perfección do seu corpo no estadio.




Bótalle unha ollada a este vídeo e se queres afondar vai a este outro enlace: elartevivido

Escultura Griega - motion graphics from Marcelo Chastinet on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal