VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AGÓN e NIKÉ NAS OLIMPÍADAS DA GRECIA ANTIGA
O ESPÍRITU COMPETITIVO,LUCTOR ET EMERGO
O espíritu do agón, o gusto pola superación levaba a competir pola gloria que conlevaba, primeiro un esforzo e mellora das capacidades propias, e pode chegar á victoria que será o orgullo a demostración palpabel do valor para a familia e a polis. Nas últimas olimpíadas pouco importaba xa o lugar de nacemento dos que competían. Atendíase máis ao virtuosismo dun atleta profesional. A gloria da victoria, xa non era tal, quedara orfa en valores e por iso os xogos entrarían en crise. O grego non competía por diñeiro senon polo espíritu de superación, achegarse á perfección corporal que nos mellores momentos das Olimpíadas tamén se sinte como espiritual, por iso o deporte é tamén un ritual relixioso e sagrado de achegarse aos deuses, seres vertebradores da natureza perfecta. Tamén por iso na festa é onde mellor se manifesta este espíritu de superación.

A VITORIA (NIKÉ).
A vitoria non é máis que unha constatación cun alto valor simbólico dese espíritu de superación e das dimensións relixiosas e políticas que os Xogos Olímpicos encerran. Unha coroa de oliveira e a gloria de ser recordado por todos os gregos, gloria compartida pola linaxe e a polis do vencedor. Moitos vencedores son recibidos polos seus concidadáns destruíndo parte das murallas defensivas, todo un símbolo, e grandes honras, erguendo estatuas e adicándolle himnos ( unhas e outros non representan o particular senón o modelo da perfección desexable para un pobo que coñecía o sufrimento e buscaba a felicidade.
O afán de superación das diversas cidades estado e rivalidade exacerbada, lonxe de crear sentimentos de paz e solidariedade entre os gregos, conduciu a unha profesionalización progresiva dos deportistas que foi o único que permaneceu do antigo espíritu olímpico unha vez que perderon a súa independencia. Os premios en metálico exencións de tributos, honores e alimentación a expensas públicas que as cidades concedína aos seus vencedores coaxudaron á xa citada profesionalización e perda dos valores da competición deportiva arcaica e aristocrática, como denuncian xa no século IV a. C. filosofos como Platón ou Xenofonte “ un perigo cultivar o corpo con menosprecio do espíritu”. Había xa unha “raza de atletas” como dicía Eurípides que se adicaban de por vida ao deporte, de competición en competición, e cando envellecían pasaban a ser masaxistas ou adestradores de novos atletas.




A NIKÉ DE PEONIO
Diante do templo de Zeus de Olimpia o escultor Peonio ergueu cara o ano 425 a. C. por encargo dos Mesenios e Naupactios unha personificación da Victoria coa palma que se entregaba aos vencedores na man.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal