VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS PROBAS XIMNÁSTICAS NA ANTIGA GRECIA: A LOITA
...cruxía o seu lombo, duramente presas polos fortes brazos. Suaban os corpos. Cruentos cardeais ...pintaban costados e lombos. Os dous desexaban furiosos lograr a vitoria e alcanzar con ela o fermoso trípode. Pero nin Odiseo derribaba a Aiax, nin este ao seu inimigo poderoso e forte. A loita seguía..."( Homero, Ilíada )



A descrición homérica sitúa a loita como competición en tempos preolímpicos. O combate entre Odiseo e Aiax, que rematou nulo, algo parecido a nosa loita libre. Na mitoloxía atopamos un elevado número de heroes que tomaron parte en combates de loita, pero a primeira descrición detallada achámola na Ilíada de Homero onde tamén narra un combate a puñetazos, algo similar ó noso boxeo.
A afección dos gregos á práctica de ámbalas disciplinas rematou por impoñelas nos Xogos Olímpicos.

A LOITA
A loita (palé en grego, de onde vén palestra) é o deporte máis antigo e popular no mundo enteiro por constituir a primeira forma de combate sen armas.
As escenas de loita dos heroes gregos contra os seus salvaxes adversarios, constituiu a forma máis clara de representar o enfrontamento da civilización e do espírito contra a barbarie.

Segundo certa versión, a loita foi inventada pola filla de Hermes, Palestra, para a alegría de toda a terra.
Segundo outros, foi Perseo cando se enfrentou a Cerción quen a inventou, e incluso á deusa Atenea, segundo outros, aparece como inventora deste deporte e das regras que o regulan.
Ademais da popularidade da loita entre a xente sinxela, tamén era deporte favorito entre os grandes personaxes. Platón, asegura que a loita exercita todo o corpo, outorgándolle elasticidade e beleza, e Plutarco sostén que a vitoria dos tebanos sobre os espartanos debeuse á habilidade de aqueles para este deporte. Algúns chegan ao extremo de definilo como unha combinación de arte e ciencia.

Na Grecia antiga existían dous tipos de loita:
a) horcía palé. Loita na area. O seu obxectivo era simplemente derribar ao adversario. Era a forma de loita máis popular e, por iso, incluíase no programa dos xogos, como parte do pentatlón.
b) kato palé. Loita na lama. O seu obxectivo era a rendición do contrario. Este deporte parecíase ao pancracio, no sentido de que os contrincantes continuaban o combate mesmo cando xa caíran ao chan, pero diferenciábase en que no kato palé estaban prohibidos os golpes e só se aplicaban chaves.

Quen contra quen?
As parellas decidíanse por sorteo. Os Helanodikes botaban nun xarrón de prata uns anacos de madeira de tamaño dunha xudía, en cada un dos cales estaba gravada unha letra. Había tantas letras como atletas participantes. Antes de que cada atleta collera unha das pezas de madeira, aproximábase á mesa onde estaba o xarrón e dirixía unha breve oración a Zeus. Enfrontábanse entre sí os que encontraran a mesma letra.

Seleccionábanse cinco parellas de atletas como mínimo e oito como máximo. Cando o número de atletas era impar, un deles tiña que pasar ao segundo turno, sen loitar. Era o chamado éfedros. A efedría concedíalle a vantaxe de combatir máis descansado. Por isto, nalgunhas inscricións, os atletas fan unha referencia especial ao feito de gañar cótino competindo en todas as probas.

Nestes deportes duros non se facía ningunha parada no transcurso das probas; pero en raras ocasións algún combatinte solicitou unha pausa para descansar e restañar as feridas.

Como competían
As chaves e técnicas que empregaban eran múltiples e recibían diversos nomes. As máis frecuentes eran as chaves no pescozo, na cintura, e tamén outra cos brazos e pulsos.
Os atletas competían co corpo cuberto de aceite e area. O aceite impedía que penetrasen nos poros o po e a area. A area que se botaban sobre o corpo untado de aceite axudaba a que non esvarasen as mans dos loitadores.

Ao final, quitábanse esta capa de aceite e po cunha raedera, o estrínxilo, instrumento alongado e curvo por un dos extremos que formaba parte indispensable do equipo atlético.

Para que alguén se proclamase vencedor na horcía pale, tiña que derribar ao adversario tres veces, ou obrigarlle á "apagoreuein" (rendición). Considerábase caída cando calquera parte do corpo tocaba o chan. Se os loitadores caían ao mesmo tempo, non se tiña en conta. O atleta esgotado tiña o dereito de aceptar a súa derrota e levantaba o dedo índice.

Se o resultado do combate era dubidoso, ofrecíase a coroa a Zeus.

Tamén a loita tiña as súas normas, que debían respeitar os contrincantes. Estaban prohibidos os golpes e as chaves en órganos xenitais, os trabazos e a pelexa fóra dos límites do cuadrilátero. Cando traspasaban ditos límites, os xuíces interrompían o combate. Tamén estaba prohibido suxeitar as pernas, pero se podían entrelazar coas do adversario para derribalo.
Aínda que non cabe dúbida de que a loita era unha competición moi dura, só se sabe dunha única vítima mortal, no 484 a. C., cando ao saltar, un loitador rompeu o pescozo.
O recinto onde se levaba a cabo a horcía palé denominábase skama, un cuadrilátero, que estaba excavado e recuberto de area. O segundo tipo de loita tiña lugar nun terreo humedecido ata o extremo de converterse en barro.


"...apenas catro anos despois de adicarte á loita, xa ninguén no pobo te recoñece, ata os cans te miran coma un estraño. Se viras o teu semblante no espello, tamén ti xurarías “de veras,ese non pode ser Estratofón”...




O PUXILATO

A pigme (puxilato) é un dos deportes que, apareceron na prehistoria. Polos achados arqueolóxicos sabemos que este deporte gozaba de gran popularidade entre os habitantes de Creta e das Cíclades, e que os loitadores levaban non só guantes, senón tamén cascos protectores para evitar os golpes na cabeza. Na Grecia antiga é Homero quen o menciona por primeira vez, onde conta que Epio gañou a Evríalo.
Como inventores deste deporte dítanse a varios deuses, como Heracles, Teseo, Apolo. Pero a pesares da súa longa historia, empezou a formar parte das probas dos Xogos Olímpicos no 688 a. C. O primeiro vencedor foi Onomastós de Esmirna, quen fixou, ademais , as normas deste deporte.
Dise que os púxiles cubríanse as mans con finas tiras de pel de boi, coa fin de protexer as articulacións dos dedos e dos pulsos, e tamén para suavizar os golpes. A lonxitude destes "malakoí imantes" (tiras brandas), oscilaba entre tres e tres metros e medio.
Estas tiras brandas utilizáronse ata finais do século V a. C., época en que foron sustituídas por outras que se chamaban "sfaires" (esferas). A finais do século lV a. C., este tipo de tiras foi sustituído por luvas de puxilato, os oxeis, reforzados nas articulacións dos dedos con coiro duro. As xemas dos dedos quedaban ó descuberto, e chegaban ata a metade do antebrazo, onde remataban nunha grosa capa de la. Estes "imantes" empregáronse en Grecia ata o século ll d. C.
En época romana inventouse o caestus, luva reforzada con ferro e chumbo, e, en ocasións, cravos, nas articulacións dos dedos.
Se observámola evolución, comprendémolos cambios na técnica do deporte, e tamén a evolución do deporte en xeral. Na descrición máis antiga dun combate de puxilato, Epios vence ó seu adversario cun forte golpe na cara, derribándoo ó chán, pero apresúrase a levantalo, o que vén a expresar o espírito deportivo que reinaba entón.
Naquela época, o puxilato esixía axilidade, destreza e intelixencia: en resumidas contas, arte. Coa aparición dos oxeis imantes, os golpes adquiriron maior dureza e os combates perderon en técnica pero fixéronse máis defensivos e violentos. O que revestía maior importancia era a constitución física, non a intelixencia. É característico o casco, capaz de evitar golpes dos adversarios durante días enteiros. Nesta época na que o puxilato se masifica, os espectadores, olvidados xa dos ideais dos heroes mitolóxicos, o único que desexan é violencia.
A medida que as luvas evolucionan, aumentou o múmero de accidentes, en ocasións mortais. O máis frecuente: caras desfiguradas, sobretodo o nariz, os dentes e as orellas, polo que estes deportistas eran con frecuencia obxecto de burla dos poetas satíricos.
Os púxiles entrenábanse máis ou menos coma hoxe en día. Cubríanse sempre as orellas coas epotides. Moitas veces entrenaban loitando amarrados só por un extremo das mans, exercicio coñecido acroquiriasmós. Cando non tiñan adversario para o adestramento, os púxiles realizaban un exercicio como se o tivesen enfronte. Noutras ocasións, empregaban ó córix, que colgado do teito chegáballes á altura dos ombreiros. Co córix adestraban diferentes tipos de golpes,
Tamén adestraban con levantamento de pesas. En Olimpia encontrouse unha lousa de 143’50 kg que leva unha inscripción en orgullo do atleta Bibon por tela levantado por riba da cabeza cunha soa mán.
O adestramento era semellante ó dos actuais, os combates propiamente ditos eran moi distintos. Na antigüidade, non se levaban a cabo nun espazo delimitado por cordas, o que reduciría a capacidade de movemento dos atletas e contribuiría a que un dos adversarios propinara golpes definitivos ó outro. Tampouco había un tempo determinado, remataba cando un dos contrincantes caía sen sentido ou cando se rendía. Ó final da xornada se ninguén se proclamara vencedor podía aplicarse o clímax, sistema segundo o cal os púxiles recibían golpes sucesivamente e sen poder defenderse. Alcanzaba a vitoria o que era capaz de resistir máis golpes. Decidíase por sorteo quén asestaría o primeiro golpe. O clímax era un sistema moi duro, só se aplicaba en casos excepcionáis, non había pausas, aínda que se di que o árbitro, podía interrompir o combate para recuperar forzas e curar as feridas.
Resulta impresionante que os púxiles se dividiran en categorías segundo a idade, pero non segundo o peso. As parellas de adversarios elixíanse por sorteo.
Co transcurso do tempo, o deporte foi perdendo en técnica e en velocidade.
Pola representación do puxilato na arte, observanos que os atletas empregaban as dúas mans. Mantiñan unha postura máis erguida que na actualidade, e asestaban golpes directos.
Os púxiles tamén tiñan gran mobilidade nas pernas, e sempre intentaban levar ó adversario ante a luz do sol, para que este non puidese observar ben os seus movementos.
Non debían de existir moitas regras no puxilato. Estaban prohibidos os trabazos, os golpes nos órganos xenitais, e as chaves.


O PANCRACIO

O pancracio era unha combinación de loita e puxilato. Non o atopamos en Homero, e aparece nos Xogos Olímpicos no 648 a. C.
Disfrutaba de gran popularidae, os vencedores foron mencionados por grandes poetas.
Anque o pancracio se combinaban a loita e o puxilato, gabía elementos dos que carecían ámbolos deportes. Os atletas non levaban imantes, e por iso podían asestar golpes co puño e coa palma da man. Ó contrario que na loita libre, admitíanse os golpes coas pernas en tódalas partes do corpo. En líneas xerais, permitíanse tódalas chaves da loita e tódoslos golpes de puxilato, e só estaban prohibidos os trabazos, mete-los dedos nos ollos, boca e nariz do contricante ou rabuñalo. Tales prohibicións non se aplicaban no adestramento dos atletas de Espata, que consideraban o pancracio como preparación para a guerra.
Existían dous tipos de pancracio: o orzostaden e o kato pancracio. No primeiro, os contrincantes intentaban derribarse mutuamente, e no segundo, un deles lanzábase sobre o ouro, con intención de inmovilizalo e obligarlle a que se rindera. Nos xogos competían na modalidade de kato pancracio, mentras que o orzostaden, exercicio máis liviano, reservábase para os adestramentos.
No combate, os atletas tiñan que aunar forza e intelixencia. Existían certas técnicas que se aplicaban con frecuencia.
Cando un dos loitadores cáis ó chan, o adversario aplicáballe unha chave moi perigosa. Normalmente isto significaba o final do combate.



Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 17-04-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal