VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS ESPAZOS DAS OLIMPÍADAS DE OLIMPIA

Como era Olimpia e os espazos e usos dos seus edificios ?

Podemos dividir en dous grandes grupos os edificios que, segundo a súa orixe, tras excavacións arqueolóxicas sabemos que houbo en Olimpia. Correspóndense aos diversos momentos de apoxeo dos Xogos, fundamentalmente do período arcaico ao clásico e xa no clásico da Olimpia máis xenuína e logo outras aportacións macedonias, helenísticas ou romanas que respostan a evolución das Olimpíadas onde se observa unha clara profesionalización dos atletas e unha utilización política de Olimpia, como por exemplo fixeron os romanos que servíalle ao imperio como símbolo do seu poder internacional. Se atendemos ao seu uso destacan as de utilización relixiosa ou para a organización e elementos ornamentais situadas no recinto do Altis, as deportivas que están fóra do bosque sagrado.

FÓRA DO ALTIS, O RECINTO SAGRADO

1-Ximnasio (II a.C.)
Edificio retangular, a carón do río Cladeo, de catro galerías de columnas de estilo dórico. Servía de lugar de entrenamento dos atletas que participaban en competicións coma o lanzamento, o disco e as carreiras( unha galería media un estadio).

2-Palestra ( III a.C.)
Era o lugar de adestramento do dos atletas da loita(palé) e tamén de salto. Era cadrada conformada por un patio rodeado por galerías de columnas dóricas adecuadas para o entrenamento dos atletas. Tiña anexas salas para untarse de aceite e area e para as clases teóricas ou reunión de oradores. Había tamén un estanque de 1,40 de profundidade para o baño frío.



5-Theikoleon ( V a.C.)
Trátase dun edificio rectangular con habitacións arredor dun patio central que servía de sede para os Theikoloi, sacerdotes de Olimpia e os seus axudantes


8-Leonideon ( 159 d.C.)
Era un hostal para hospedar ás delegacións oficiais nos xogos. Tiña dúas plantas, composto por un patio central rodeado por unha columnata doria con 44 columnas nos seus lados interiores e de habitacións que daban ao patio. Na súa parte exterior o edifico enteiro estaba rodeado por unha columnata xónica.

19-A Boulé ou Bouleutirion ( VI a.C.)
Edificio de 4 partes de distintas tendencias arquitectónicas. Servían de sede a Boulé do Consello Olímpico Helénico.


OUTROS LUGARES FÓRA DO ALTIS

3 e 4-Baños helénicos e piscina
6-Obradoiro de Fidias, escultor da estatua de Zeus.
7-Hostal de época romana.
17 e 30- Baños meridionais e orientais.
18 -Galerías de columnas ( mercado)
25- Columnata canda o hipódromo.
26- Mecanismo de saída de carros.
27- Altar de Taraxipo do hipódromo
28-Golfiño.
29-Estatua de Hipodamía no hipódromo.
31-Meta do hipódromo.
32- Hipódromo destruído polas inundacións do río Alfeo.
33- Tribuna dos árbitros no estadio.
34- Altar de Deméter no estadio.
35- A evolución do estadio I, II e III.




NO INTERIOR DO BOSQUE DO ALTIS

9-Pritaneion( V a.C.)
Aquí celebrábanse os banquetes aos vencedores. Na parede do interior había semicolumnas corintias e no fondo do sikos había unha tribuna, altar de Hestia, semicircular, co lume que nunca se apagaba. Había moitas habitacións e un patio peristilo. Era o centro cultural do santuario que sufriu numerosas modificacións e extensións.

11-Templo de Hera (VII a.C.)
Un templo dórico de 6 X16 columnas onde había estatuas Hera sentada no trono e Zeus ao seu carón. Aquí estaba o disco de Ifito co texto da Tregua Sagrada e multude de estatuas entra as que se atopou a de Praxíteles Hermes con Dioniso. Tras unha escalinata interior estaba o templo máis antigo de Olimpia, o de Gaia, a deusa nai.

13-Gran altar de Zeus( VI a.C.) Estaba rodeado dunha tapia de pedra, conformado pola cinza acumulada de sucesivos sacrificios de animais (hecatombe) e da fogueira do Pritaneion. As chuvias fixeron que iso se esparcise. Dicíase que entre o altar e o templo de Zeus había un piar do antigo pazo de Enómao.

14-Pelopeion( VI a.C.)
Un monumento co estatua do heroe Pélope e un altar onde sacrificaban un carneiro negro en honor dun fundador dos Xogos en Olimpia.


15-Templo de Zeus ( 470 a.C.)
O templo, corazón neurálxico das Olimpíadas.

22-Tesouros ( VI a.C.)
Encóntrase nun terraplén do monte Cronio. Trátase de pequenas edificacións en forma de templo con dúas columnas na fachada que gardaban valiosas ofrendas das cidades.


OUTROS ESPAZOS DENTRO DO ALTIS

10-Filipeion cosntruído por Filipo, con estatuas de ouro súas, da súa esposa Olimpíada e de Alexandro.
12- Ninfeon, edificio de época romana, acueducto do santuario con fontes e estatuas votivas.
16-Entrada pola rúa da ?Pompa? (do desfile) ao recinto sagrada do Altis.
20-Metroon (Rexistro de competidores)
O lugar onde estaba o rexistro era un templo dórico consagrado ao culto da nai dos deuses, Rea ou Cibeles, posiblemente un dos máis antigos do recinto. Na época romana foi transformado no templo de Augusto e dos emperadores romanos.
21-Zanes (16 estatuas consagradas das multas impostas polos Heladínicos postas para dar exemplo na entrada ao Estadio.
23- Estoa ou galería de Eco, de época macedonia, decorada con frescos, onde secelebraban o concurso de heraldos e trompetistas.
24- Santuario da deusa Hestia.


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 16-04-2012 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0