VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ORGANIZACIÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS DA ANTIGÜIDADE.
QUEN ORGANIZABA AS OLIMPÍADAS?
Un Consello Olímpico Helénico era o órgano supremo de carácter aristocrático relacionado orixinalmente coa realeza. No 884 a.C. tres reis (Ifito, Licurgo e Cleóstenes) concluíron un tratado: a Tregua Sagrada, que foi respeitada ao longo dos máis de mil anos de celebracións e en circunstancias moi dramáticas. Este pacto gravado polos habitantes de Élide sobre unha placa de bronce, chamada “disco de Ifito”, estaba exposto no templo de Hera. Para asegurar o cumprimento do mes sagrado (hieromenía) que a cada catro anos prohibía a guerra entre todos os gregos, os organizadores dos Xogos enviaban heraldos especiais, os espondóforos, ás diversas polis gregas.

A TREGUA SAGRADA
1.Interrupción de toda actividade bélica entre as cidades gregas.
2.Prohibición de entrar en Olimpia a toda persoa portadora de armas.
3.Aprazamento de toda sentencia a morte.

OS XUICES DOS GREGOS
O Consello tamén escollía aos helanódicos, é dicir “os xuíces dos gregos”, un órgano executivo que eran os xuíces que supervisaban o desenvolvemento dos xogos dende dez meses antes da Olimpíada ata a coroación dos campións, cando eran apuntados no catálogo oficial do ximnasio. Chegaron a ser nove ou dez. Tres encargábanse do pentatlón, tres da hípica e os demais do resto dos deportes. Era un título inicialmente vitalicio, pero logo escollíanse por sorteo entre cidadáns de reputación intachabel.Vivían dez meses con nomofílakes que lles ensinaban as leis olímpicas. Para logo ser eles quen dividían os atletas en grupos segundo a idade e a súa autoridade chegaba mesmo ata impoñer cuantiosas multas por corrupción.

O Consello Olímpico de Olimpia era un estamento relixioso encargado de controlar o cumprimento dos rituais sagrados e as súas reformas. A súa sede era o Bouleuterio. As prácticas relixiosas eran o eixe central nos primeiros tempos, pouco a pouco foron invertídose os termos e cobrando cada vez maior importancia as competicións. Foise impoñendo unha preponderancia destas pola dimensión política que tiñan as victorias en Olimpia no conxunto das polis gregas alí reunidas.

DENDE TODA GRECIA
As teorías eran as delegacións oficiais de autoridades cargadas de magníficos presentes aos deuses de Olimpia que cada cidade enviaba a Olimpia dende Asia Menor, Sicilia e as colonias do sur de Italia ata as do Exipto ou o norte de África de Chipre ou de Creta. Estas embaixadas habitualmente dedicaba monumentos aos seus campións.
Ademais dos atletas e os seus entrenadores, ademais dos espectadores que acudían de toda Grecia, había tamén outros funcionarios en Olimpia encargados da orde pública e de levar a cabo sacrificios e outras actividades específicas como cociñeiros, heraldos, músicos e ata un médico e un arquitecto.

Normas de selección dos atletas
Para poder participar nos xogos había que ser grego, varón e cidadán libre de moralidade íntegra, quedaban excluídos os estranxeiros, os escravos e en boa medida as mulleres. Os participantes tiñan que pasar un mes na Elis onde entrenados polos xuíces ( helanodikes).
Os xuíces xuzgaban : o carácter, a moral, o vigor, a resistencia física e a preserverancia. Dous días antes do inicio dos xogos dirixíanse da Elis (lugar de entrenamento) á Olimpia para realizar os xogos.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 16-04-2012 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal