VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS OLÍMPICOS
As leis de Zeus leváronme a cantar a competición extraordinaria que, perto do antigo sepulcro de Pélope, instituíu Heracles, erguendo seis altares... Alí mediu un bosque divino , que consagrou ao seu pai supremo. Poñendo un valo ao seu redor, delimitou o Altis nun claro, e destinou a zona do arredor ao ocio do banquete vespertino, honrando así á corrente do Alfeo entre os doce deuses soberáns. (Píndaro I, 10 25-51).



Cando a sona dos santuarios sobrepasaba os límites locais, críase entón que os templos e os xogos que eran parte dos ritos relixiosos foran fundados por deuses ou heroes. Numerosas e moi variadas son as tradicións sobre a fundación dos Xogos en Olimpia, froito da historia dos seus habitantes e das distintas crenzas que alí se asentaron. Nunha primeira etapa, a mediterránea, na que Xea, a Terra-Nai é obxecto de culto á fertilidade, un fillo seu, Sosípolis, sería o elemento masculino, que logo na época micénica se asocia ao culto a Pélope, heroe que daría nome á península onde se atopa Olimpia e fundaría alí xogos para expiar a morte do seu sogro. A partir do século XII a.C. as innovacións culturais gregas deron paso ao culto a Zeus e o seu fillo Heracles será o fundador dos Xogos na honra do seu pai, donador da forza vital.

ANTES DAS OLIMPÍADAS

OLIMPIA E A MITOLOXÍA MEDITERRÁNEA
?No chamado Xeion, hai un altar da deusa Xea, feito tamén con cinsas...? conta Pausanias ao describir a súa visita a Olimpia no ano 174 d. C., ano no que se seguían celebrando carreiras rituais femininas en honor da deusa Terra-Nai.

CARREIRAS PRE-OLÍMPICAS
Endimión, rei de Elis, celebrou unha carreira entre os seus fillos para deixar ao vencedor o reino.

PÉLOPE E HIPODAMIA
Enómao, rei de Pisa, recibira un vaticinio polo cal sería asasinado polo seu xenro. Por esta razón, só ofrecería a man da súa filla Hipodamía a aquel que lle gañase nunha carreira de carros (tiña uns cabalos divinos regalo do seu pai o deus Ares). Pélope, fillo de Tántalo, gañou grazas a que Hipodamia namorárase del e procurou que o eixe do carro do seu pai rachase, facendo que este morrera ao caer do carro. Fundouse un lugar chamado Pelopeion onde se realizarían os primeiros xogos na honra de Pélope.

AS OLIMPÍADAS NA HONRA DE ZEUS.

HERACLES, FUNDADOR DOS XOGOS.
Heracles fillo de Zeus e a mortal Alcmena (tamén coñecido polo nome de Hércules) foi mandado por Euristeo a limpar o esterco que enchía as cuadras do rei da Élide, Auxias. Hércules pediu a Auxias unha parte dos seus rabaños e a cambio prometeu limpar o esterco nun día. Hércules tras rematar reclamou o acordado, pero Auxias negouse; entón Hércules comezou unha campaña na súa contra e matou a Auxias. Foi cando erixíu en Olimpia altares en honra do seu pai Zeus e foron fundados os Xogos Olímpicos.




Óxilo, rei de Elis, tras dar paso aos descendentes de Heracles no Peloponeso, restaurou os Xogos instaurados polo fillo de Zeus en Olimpia.

OUTROS MITOS LOCAIS: Cronos tiña un templo en Olimpia, os ?basiles? facían cada ano un sacrificio no lugar onde se enforntara co seu fillo Zeus. Tamén alí outros deuses competirían posteriormente entre eles: Apolo vencería a Ares en puxilato e nunha carreira a Hermes.


OUTRA VERSIÓN E OUTRO HERACLES
Dos tempos de Cronos cinco irmáns os Ideos ou Curetes, que ocultaran na súa nenez a Zeus no monte Ida en Creta, chegaron a Olimpia e para divertir a Zeus, o maior deles, Heracles, pideu ós seus irmáns que competisen nunha carreira de velocidade. Coroou ao gañador de aquel xogo cun ramo de?kotinos?(oliveira salvaxe). Os Xogos Olímpicos naceron nos tempos posteriores ao tempo de Cronos e Heracles Ideos chamou a eses xogos Olimpios e decidiu que se celebraran cada 5 anos, tantos como irmáns eran.


A TREGUA SAGRADA: Ífito, rei de Elis, consultou o Oráculo de Delfos para que lle dese unha solución aos problemas que axexaban á rexión ao que lle contestou: ?deberedes renovar o festival olímpico? . Ífito foi quen renovou os xogos establecendo por vez primeira cos reis de Pisa e Esparta unha tregua de paz para celebrar os certames cara o ano 884 a.C. comezando o período histórico das Olimpíadas.Ífito era fillo de Éurito, rei de Ecalia, Ífito foi un dos grandes argonautas que firmou, con Licurgo e Cleóstenes, a primeira Tregua Sagrada. Era anunciada polos Espondoforos ante de cada Olimpíada.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 11-04-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0