Unha ollada atrás, cara o Mediterráneo.
Ao estar tan próximas as Olimpíadas será esta unha das primeiras Unidades deste curso 2011/12.Propoñémoslles aos alumn@s unha visualización da exposición realizada o ano pasado, botar unha ollada cara o Mediterráneo na Antigüidade:
Grecia é un país montañoso, chea de accidentes naturais e vales profundos. Esta complexa xeografía e as distintas invasións de tribus procedentes do norte e de orixe indoeuropeo, propiciaron a formación de rexións diferenciadas e facilitaron a existencia de diversas cidades estado ailladas, chamadas ?polis?. Olimpia entrará na historia no 3000 a.C.
ETAPAS DA HISTORIA GREGA
Época pre-grega ou minoica(2600-1500 a.C.)
Predominio de Creta, o exército era naval e as cidades non tiñan murallas. En Olimpia parece haber un santuario adicado a Xea, a deusa Terra, á que se lle adican cultos agrarios da fertilidade propios das culturas mediterráneas.
As primeiras invasións, a etapa micénica
Os primeiros gregos, pobos indoeuropeos, dominaron o sur de Grecia entre 1600 e 1200 a.C. O seu principal asentamento foi Micenas, no Peloponeso. Os micénicos eran guerreiros constructores de cidades fortificadas que recorreron o Mediterráneo buscando metais como cobre, estaño e ouro.É a época da guerra de Troia. Existe unha escritura en silabarios e as competicións deportivas na honra de heroes mortos é unha práctica habitual.
Época doria, unha etapa escura (1100-776 a.C.)
A invasión dos dorios, outra tribu grega que usa o ferro, coñecida na mitoloxía como ?o retorno dos Heraclidas? provoca grandes movementos da poboación buscando un asentamento definitivo. Período confuso no que mesmo desaparece a escritura e impónse novos cambios nos cultos relixiosos, aparecendo como deus máis venerado Zeus..
Época arcaica: a maduración da cultura da polis. (776 a.C.-490 a.C.)
Cara o século VIII a.C. vai impoñéndose unha nova dinámica, a da colonización, o comercio por todo o mar Mediterráneo e a consolidación da polis, a cidade estado. Co uso do alfabeto e da moeda, a recuperación da escritura e a posta en marcha de eventos como os Xogos Olímpicos vai nacer a sociedade que fará inmortal a súa cultura.
A GRECIA ARCAICA DAS POLIS E O DEPORTE
A partir do século VIII a.C. os gregos comenzaron a construír cidades, soían facelo arredor dunha gran rocha elevada (acrópolis) para que a súa defensa resultara máis doada. Adornaban as súas cidades con numerosos edificios fermosos entre os que non podían faltar nin o templo nin o ximnasio. Cada unha tiña a súa moeda, as súas leis e costumes, pero os deuses e a lingua eran comúns a todas as cidades da Antiga Hélade. Esa identidade que os levou a combater a inimigos comúns fai tamén que se xunten relixiosamente en Olimpia a cada catro anos, é o que lles fará sentiren a manifestación deportiva dunha mesma maneira, pois os xogos gregos que se celebraban en moitas das polis gregas, despois do éxito dos de Olimpia, evidencian unha complexa concepción relixiosa e política do mundo. Quizais o espíritu agónico, ese gusto ritual pola competitividade tamén sexa culpable do declive do mundo grego ao non saber manter ese equilibrio preciso entre a igualdade e a diferencia.
Época Clásica: o esplendor cultural grego entre escravos e guerras. (490 a.C.-323 a.C.)
O imperio persa unirá contra un inimigo común a todas as cidades gregas nas chamadas Guerras Médicas. Foi o momento de maior esplendor dos xogos de Olimpia (500-478 a.C.) Atenas inventa a democracia e, tras da súa supremacía no mar, a Liga de Delos. As diferencias entre Atenas e Esparta, potencia militar terrestre, darán lugar a Guerra do Peloponeso, unha guerra fratricida que facilitará a entrada dos macedonios na política grega. Ao final desta época Alejandro Magno conquista Grecia.
Época helenística: comezo dun lento declive.
Fragmentación do imperio de Alejandro e Atenas deixa de ser o centro do mundo a favor de Alexandría. Os Xogos Olímpicos van perdendo relevancia pola guerra en Oriente e a decadencia política e social. Os xogos tiveron unha evolución paralela á da civilización helena, pero non esmoreceron por completo ata a época en que o imperio romano fai oficial o Cristianismo.
I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- ¿Que destacarías como máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- ¿En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos?
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego
b) Na época que florecen as polis e o dominio comercial grego por mar
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-¿Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamía? ¿Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- ¿Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- ¿Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por qué se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus que anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis
- Cales eran o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia.
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres
-Qué tipos de carreiras a pé había en Olimpia
- Qué diferencia a topas coas que se levan acabo hoxe en día.
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Qué diferencia atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia.
-Que significa a palabra grega ?discobolo?
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Qué tipo de probas se realizaban no hipódromo
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalo/os ¿por que?
a)Porque os xuíces olípicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabaleiría.
X ? A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a)Si había competicións femininas, pero non eran en honra de Zeus
b)Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estabam adicadas as probas feniminas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban adicadas aos deuses do mal
b) Eran probas rituais adicadas á Deusa Nai, deusa mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban adicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoismo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grego non podía faltar un ximnasio, por qué se chama así:
- Para qué se empregaba o aceite por parte dos atletas.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Qué significa ?panhelénicos?
- Cales eran os outros xogos e a qué deus se dedicaban:
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo
XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a)Perdida do espíritu olímpico ao ir profesionalizándose máis os atletas
b) Pola presión dos emperadores cristianiáns que fan destruir o templo de Zeus
c)Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico. |