A orixe do nome da traxedia ponse en relación co culto á fertilidade no que aparecen os sátiros ?tragoi?(machos cabríos). Os oferentes de Dionisio disfrazábanse así porque era esa forma de aparición do deus. "Tragodia"será o canto dos machos cabríos, dos sátiros, segundo Aristóteles este novo xénero dunha evolución do drama satírico, producida grazas a introdución dun actor, personaxe que dialoga co coro atribuído ao autor Tespis instaurado o concurso de traxedias por Pisístrato no 534 a.C.
Os cantos rituais dos coros irán perdendo relixiosidade pasando a ser un canto heroico. Esquilo máis tarde introducirá o segundo actor protagonista, e Sófoclés contará con un terceiro actor para os diálogos co que pouco a pouco a extensión dos cantos líricos do coro redúcese.
Mentras o texto dos protagonistas medra pasándose dunha forma lírica a outra fórmula onde importa máis a análise de caracteres. A traxedia xirará arredor dunha vivencia transcendental e de carácter universal pola que pasa o heroe, obriga a facer unha reflexión sobre sobre o home de aí a intemporalidade da traxedia. Entendeuse deste xeito o teatro coma un medio válido para a educación dos cidadáns.
OS MESTRES DA VERDADE
En Grecia e en Atenas, en especial, tiñan unha gran predilección polos autores teatrais considerados mestres da verdade pola súa función educadora. Destacan tres autores tráxicos.
ESQUILO 525-456 a. C. Dise que escribíu 90 obras das cales conservamos 7 completas: ?As Suplicantes?, ?os Persas?, ?Sete contra Tebas?, ?Prometeo encadeado?. É autor tamén da triloxía que xira sobre o mesmo tema: ?Agamenón?, ?as coéforas? e ?as Euménides?. No concurso das Grandes Dionisias do ano 468 a.C. foi derrotado por Sófocles. Os seus personaxes manteñen sempre unha gran dependencia das divinidades e sufren unha fonda dor.
SÓFOCLES. 495-405 a.C. Consérvanse del tamén 7 traxedias: ?Aiax? ?Antígona?, ?Traquinias?, ?Edipo rei?, ?Electra?, ?Filoctetes?, ?Edipo en Colona? e o drama satírico ?Os sabuesos?. Son obras dun poderoso transfondo humano, que á vez reflicten o esplendor político da Atenas de Pericles.
? Moitos son os misterios, pero nada máis misterioso que o home...ensinouse a sí mesmo a linguaxe e o alado pensamento asemade as civilizadas formas de rexirse...?
Coro de Antígona de Sófocles.
Antígona, nunha versión cinematográfica de 1961:
Versión de B. Brecht cara o século XXI:
E unha de tantas adaptacións modernas:
EURÍPIDES 484-406 a.C. Algunhas das súas obras conservadas son ?Andrámaca?, ?As Heraclidas?, ?as Troianas?, ?Helena?, ?Medea?, ?Electra? e ?As Bacantes?. Achégase máis a aspectos cotiáns como a relacións entre as persoas, a situación da muller,a guerra, o amor, preferindo unha expresión retórica e elaborada.
Troianas vesións en cine e teatro moderno:
A COMEDIA
Procede o seu nome dos cantos xocosos dos campesiños, asociados tamén ás leneas ou ménades que participaban dos cultos orxiásticos a Dionisio. No século V a Comedia chamada Antiga é de temática política e crítica da situación social. No século IV a temática preferida será o amor. A comedia ten un agón ou debate entre actores e unha parábase cargada de incisos destinados ao público. Faise uso dun vocabulario obsecno e atrevido cheo de ironías.
ARISTÓFANES(445-387 a.C) é o mellor representante da Comedia política. Conservamos once obras escritas despois do comezo da guerra entre Esparta e Atenas, por iso ?Acarnienses?, ? A Paz? tocan o tema da guerra anque o seu carácter antibelicista aparece vencellado ao tema da muller en ?Lisístrata? e ? Asambleistas?. ?As Nubes? é unha crítica do filósofo Sócrates, Ao político Cleón e ao goberno da cidade critícaos en ?Cabaleiros?, ?Aves? e ?Avespas?, reservando ?As Rás? para meterse co autor dramático Eurípides. Á farsa fantástica protagonizada por xentes correntes, caracterizados psicoloxicamente como antiheroes audaces e astutos.
MENANDRO (342-293 a.C.) A creación de personaxes-tipo, como o parasito, o escravo intrigante, os namorados serán terán unha gran influencia máis tarde en Plauto e Terencio no teatro latino. ?O misántropo? ou ? a arbitraxe? son dúas comedias de tema amoroso.
Bobecino: "Non me tomedes a mal, oh público honorable, que sendo un esmoleiro, aquí entre cidadáns fale de política na medtade dunha comedia, pois a verdade tamén sabe a comedia...? Acarnienses, de Aristófanes.
O DRAMA SATÍRICO
Despois da triloxía de traxedias en forma dun drama tráxico cómico cos coreutas vestidos de sátiros representaba o drama satírico.
OS CICLOS TEMÁTICOS DA TRAXEDIA GREGA:
Micenas: Membros da familia reinante na cidade: Agamenón, Clitemnestra, Electra, Ifixenia e Orestes.
Tebas:Edipo é o personaxe central, Laio seu pai e a súa nai-esposa Iocasta, e os catro fillos deste matrimonio: Eteocles, Polinices, Antígona e Ismene. Creonte, irmán de Iocasta. A este ciclo pertence Penteo, neto de Cadmo e vitima da furia das Bacantes.
Troia: Hécuba e as Troianas, ou Aiax o heroe grego que morre en Troia.
Outros:Heracles ou Prometeo protagonizan outras traxedias.