VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS ORIXES DO TEATRO
DIONISIO E O TEATRO.
Dionisio é o deus grego “amigo das danzas” porque as danzas e mesmo o chamado ditirambo (canto ritual en honor a Dionisio) interpretado por un coro eran algo esencial no seu culto. Foi Pisístrato quen institucionalizou as Grandes Dionisíacas no ano 545 a.C. e, con ese motivo mandou construir na ladeira sur da Acrópole unha “orchestra” ( é dicir, un espazo circular destinado para a danza cun altar no centro). Non tardou en erguerse un graderío semicircular ao seu redor “para poder ver” (theaomai: contemplar) que lle chamaron “theatron.”

O culto de Dionisio invadeu Grecia cara o século VII asociándose a ritos antiquísimos da fertilidade. Por iso posiblemente os sátiros (identificados cos machos cabríos) estean no cortexo do deus da máscara, do desenfreo e do viño).
Moitas eran as festas agrarias nas que se festexaba a este deus. En primeiro lugar as Oscoforias eran as festas da vendima (outubro-novembro) pois a el se lle relacionaba coa introdución da vide en Grecia. Un culto rural a Dionisio que se celebraba en decembro –xaneiro consistía nunhas procesións portadoras de ofrendas propiciatorias da fecundidade acompañándose de cantigas burlescas. Un mes máis tarde eran as Leneas nas que as rúas da cidade de Atenas eran tomadas polas mulleres (as lenas, ménades ou bacantes) bailando e cantando en honor de Dionisio. O mes febreiro- marzo recibía o nome das Antesterias, que eran como o noso Entroido e o Mércores de cinza. En todas estas festas había lugar para certos ritos para-teatrais que darán orixe ao teatro. Pero a festa das Grandes Dionisíacas celebrada en Atenas na primavera, instituida polo tirano Pisístrato, sería a que dará lugar á representación da primeira traxedia entendida como tal no ano 535. Neste momento se engade fronte ao graderío unha caseta para os cambios de vestiarios chamada “skene” diante da cal aparecerá o “proskeion”, plataforma sobre a que actuaban os actores, mentras o coro ocupaba a orchestra.
Pouco a pouco esa festa vai secularizándose coa introducción de coros en honor de heroes locais sen chegar a facer desaparecer por completo elementos do rirual relixioso.
As representacións comezaban tras unha breve celebración relixiosa e o sacerdote de Dionisio, ocupaba un asento de honor. Iso si, a temática heroica adoptada despraza os cultos aristocráticos que ensalzaban aos seus antepasados, fomentando así unha temática máis popular.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 28-02-2012 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal