VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I b) Relixión mediterránea primitiva e Relixión Indoeuropea
Nunha primeira fase todos os pobos primitivos tiñan unha visión máxica do mundo e adoraban ás forzas da natureza (o raio, a chuvia, os ríos…).
Aparece logo o culto ás pedras sagradas como símbolo da divindade que despois se identifica con animais sagrados como o touro, o cabalo, a aguia… Este último aspecto pervive na mitoloxía grega cando asocia, por exemplo, Atenea á curuxa ou o cabalo a Poseidón. Máis tarde os deuses adquiren aspecto humano.
Toda Europa Neolítica adoraba á Deusa Nai e non había deuses pois non se introducira aínda o concepto da paternidade. Os grandes misterios asociados a ela a morte e a creación da vida. O non asociar fenómenos como facer o amor co nacemento. A Deusa Nai, unha deusa fértil que se representa frecuentemente embarazada e con atributos femininos moi marcados. É a deusa “de amplos peitos” que logo cantan Homero ou Hesíodo.

Vou cantar á Terra, nai universal de sólidos alicerces, a máis augusta, que nutre no seu chan todo canto existe. Canto camiña pola divina terra ou polo mar ou canto voa, aliméntase da túa exuberancia. Por ti vólvense prolíficos e frutíferos, soberana, de ti depende dar a vida ou quitárllela aos homes inmortais
Himnos Homéricos, XXX.

Aínda que había lugares nos que a deusa branca era deusa da morte, a deusa que residía nunha cova tiña a maternidade como o seu principal misterio. A lúa era un símbolo asociado. As tres fases e o declinar do ciclo estacional contribúen a crear tríadas de deusa.

Unha vez admitida a relación coito-parto a posición relixiosa do home mellorou, deixouse de asociar aos ventos ou aos ríos a preñez das mulleres. A raíña da tribo matriarcal escollía un amante anual que sería o rei ata o seu sacrificio ritual da fertilidade ao rematar o ano no inverno, que se cría se reencarnaría nunha serpe.

Logo virá unha etapa na que os mozos eran substituídos por animais no sacrificio. Pero o poder era matrilineal.

A CIVILIZACIÓN CRETENSE ou MINOICA

No III milenio a.C. de orixe descoñecida a civilización cretens sería o máximo expoñente da cultura mediterránea previo a aparición dos indoeuropeos na terra da Hélade.
De indubidable pegada na relixión grega posterior. Unha sociedade matriarcal, relixión panteísta que vía o natural como algo divino, de deusas femininas que poboaban ríos, bosques e montes e unha deusa Nai, fonte de vida, asociada a diversos animais como a serpe ou o touro.

A RELIXIÓN INDOEUROPEA

O elemento indoeuropeo introduce en Grecia unha relixión que reflicte unha sociedade patriarcal, nómada, guerreira e un deus da luz e do día, das tormentas e fenómenos celestes, ademais dunha deusas virxes e guerreiras, seres libres da natureza. Son seres antropomorfos, dominan as forzas da natureza sen confundirse con elas.

Comeza así un proceso de fusión. O sometemento da poboación preindoeuropea, a destrución da civilización cretense e a instalación do reino dos Aqueos en Micenas pode percibirse en determinados mitos e a evolución da relixión grega produto da fusión das dúas compoñentes relixiosas a do mediterráneo e a dos indoeuropeos.


Comentarios (0) - Categoría: AULA MITOLÓXICA - Publicado o 22-09-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal