VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PRINCIPADO ( Os primeiros emperadores romanos)

1. Principado
O principado é unha parte da Historia do Imperio Romano que vai dende o ascenso de Octavio Augusto ó poder no 27 a.C., ata a chegada de Diocleciano no 284 d.C.
Durante esta etapa sucedéronse varias dinastías. A primeira foi a dinastía Xulio-Claudia. Esta dinastía comezou no ano 27 a.C. e durou ata o 68 d.C., despois do suicidio de Nerón. O primeiro emperador desta dinastía foi Agusto. Foi o emperador que máis tempo estivo como gobernador en Roma, dende o 27 a.C. ata o 24 d.C. Un año después da norte de César, en 43 a. C., conformou xunto a Marco Antonio e Lépido unha ditadura militar coñecida coma Segundo Triunvirato. Octaviano gobernou Roma e a maior parte das súas provincias coma un autócrata. Coa desaparición so Segundo Triunvirato, restaurou os principios de República pero cunha estrutura por determinar polo que esta etapa coñeceuse como Principado. O seu poder foi crecendo grazas ás súas conquistas e o seu reinado converteuse no modelo a seguir polos seguintes emperadores. o mandato de Augusto iniciou unha era de paz denominada Pax Augusta. Tras a súa morte os seus nomes foron adoptados polos emperadores posteriores na súa honra. Os seu sucesor foi Tiberio quen enemistouse con Agusto pero, trala morte de Caio e Lucio, os outros sucesores, tivo que regresar a Roma e foi nomeado sucesor. O seu goberno debilitouse por mor da morte do seu fillo e deixou o goberno nas mans do seu neto adoptado Calígula quen se converteu no terceiro emperador da dinastía Xulio-Claudia despois de desfacerse de Tiberio Gemelo con quen compartía o mandato. Calígula foi asasinado por un grupo de conspiradores e estes nomearon a Claudio, tío de Calígula, como emperador. Co goberno do que foi a cuarto emperador desta dinastía o Imperio romano expandiu as súas fronteiras. O sucesor de Claudio e último emperador da dinastía Xulio-Claudia foi Nerón . O seu reinado asóciase á tiranía e á extravagancia e acabou suicidado despois dun golpe de estado que se produciu.
Este golpe de estado produciu unha Guerra Civil en Roma onde nun mesmo ano sucederíanse ata catro emperadores. Esta etapa marcada pola inestabilidade coñécese como Ano dos catro emperadores. Esta etapa comezou co nomeamento de Galba como emperador. este foi sucedido por Otón, quen a súa vez foi sucedido por Vitelio. Esta serie de sucesións rematou co ascenso ó poder de Vespasiano que formaba parte da dinastía Flavia, formada por el e os seus fillos Tito e Domiciano, que estaría no poder ata o ano 96 d.C.. Foi unha dinastía que iniciou moitas obras públicas, sendo a máis coñecida o Coliseo.
A seguinte dinastía en chegar ó poder foi a dos Antoninos que reinaría ata o 192 d.C.. Nesta dinastía a sucesión non era hereditaria senón que o propio gobernante elexía ó seu sucesor agás Marco Aurelio que nomeou ó seu fillo Cómodo como o seu sucesor, quen sería o peor gobernador de Roma e fixo que desaparecera esta dinastía.
A última das dinastía do Principado foi a Severa que gobernou ata a crise do século III. Os integrantes desta dinastía foron Septimio Severo, Caracalla, Heliogábalo e Alejandro Severo. O máis destacado desta dinastía foi a participación da muller na política xa que, aínda que os emperadores eran homes, a política era dirixida por mulleres.



ADRIÁN DOCAMPO Hernández
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal