VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Dereito e a Filosofía en Roma.

DEREITO ROMANO
«Dereito romano» designa o ordenamento xurídico que rexeu aos cidadáns de Roma desde a súa fundación ata a morte de Justiniano I.

As fontes do dereito dependen da étapa do Imperio. Así diferéncianse:

- Fontes na Monarquía: os costumes dos antepasados ou “MORES MAIORUM” que distinguen as normas morais e relixiosas.

- Fontes na República:
- Os costumes anteriores.
- A Lei das XII Táboas ou “LEX DUODECIM TABULARUM”, texto que contiña as normas coas que se regulaba a vida romana. Foi o primeiro código co que se impuxo a censura.
- Os Plebiscitos ou “PEBLI SCITA”, normas elixidas pola plebe e que nun comezo só eran válidas para esta ainda que máis tarde os patricios tamén as tiveron que acatar.
- Os Senadoconsultos ou “SENATUSCONSULTUM”, básicamente eran os consellos dos senadores.
- A Iuris Prudentia, qu era o coñecemento da técnica xurídica.
- Os edictos dos maxistrados, cada ano os maxistrados publicaban nunha parede branca da súa oficina chamada álbum a lista de accións, exceocións etc. que se propuñan conceder ao pobo.

- Fontes no Imperio: as Constitución imperiais foron o primeiro dereito escrito e foron, básicamente, as normas que os emperadores establecían para o poder lexislativo, administrativo e xudicial.

As leis máis importantes eran:

- A “LEX POETELIA PAPIRIA”.
- A “LEX HORTENSIA”.
- A “LEX AQUILIA”.
- A “LEX OPIA”.
- A “LEX ACILIA DE INTERCALANDO”.
- A “LEX VILLIA ANNALIS”.
- A “LEX GABINIA”.
- A “LEX ACILIA CALPURNIA”.
- A “LEX ANTONIA”.
- A “LEX TITIA”.



FILOSOFÍA ROMANA

Os romanos eran homes prácticos que non se preocupaban demasiado polas teorías sobre a orixe do universo polo que a súa achega filosófica ven das escolas gregas instaladas en Roma. As principais son:

- Epicureísmo: os epicúreos basábanse na procura da felicidade. Non admitían ás divindades nos acontecemento humanos e no Estado. Isto fixo que non arraigase en Roma. Un dos filósofos máis importantes desta escola é Lucrecio.

- Estoicismo: para esta escola o universo está animado por unha chama divina chamada “Logos” ou mente, da que ten parte todo ser humano. Tamén cre que a finalidade da vida, a felicidade, consiste na Virtude.

Existen 2 épocas nesta escola:
- Época temperá,
na que chega a Roma e se instala. Aquí destacan filósofos como Panecio de Rodas ou Poidonio de Apamea.

- Época posterior, na que culmina esta doutrina ainda que máis tarde todos os filósofos serían expulsados de Roma. Destacan Lucio Anneo Séneca, Flavio Arriano e Marco Aurelio.

- Platonismo medio e Neoplatonismo: nestas escolas inténtase uni a filosofía platónica e aristotélica. Trátase dunha postura ecléctica que dá tamén entrada ás exixencias relixiosas de tipo oriental, a elementos pitagóricos etc. O máis importante foi Apuleio.

Darío Roldán Fraga
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal