VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CULTO DOS ROMANOS ( RELIXIÓN EN ROMA)
Roma era una cidade chea de templos e deuses.Toda vida tanto familiar como publica estaba saturada de relixion. Tal sentimento relixioso nacia, igual que noutros pobos da observación da nartureza e do enfrontamento do home coas forzas e fenómenos naturais que o rebasaban e que el non sabia explicar os gregos buscaron na relixion una explicación ou resposta os misterios naturais valendose case sempre de mitos; os romanos pola contra como pobo campesino e de mentalidade realista e practica, buscaron na relixion a forma de proteserse desas forzas que os ameazaban, mediante ricos oracions , etc…
O termo relixion evoca na nosa cultura un conxunto de vivencias persoais e sociais moi concreto. A relixión no mundo romano era algo diferente e compre, polo tanto marcalas características que tiña:
a) Toda relixion romana e esencialmente culto: un cerimonial rixido e cheo de prescricions minuciosas as que hai que someterse estrictamente para que o rito funcione.
b) O seu primeiro e único obxectivoe ter de man as vontades divinas ,conseguir ante todo estar en paz cos deuses , para que nonfagan mal.
c) E fundamentalmente externa e non se preocupa das disposicions internas da persoa. O home mais relixioso e o mais coñecedor dos ritos e o que mellor os realiza. Non hai emoción ninguna interior, non sendo o posible medode non facer ben o rito ou a ceremonia (confundirse nun xesto ou nunha formula), cousa que anularía a eficacia do acto relixioso.
d) Polo tanto, ten un marcado carácter maxico, que vai unido a un forte mariz xuridico, polo que a relación cos deuses funciona coma una especie de contrato: co rito, coa oración e sobre todo coa ofrenda comprase o dereitop a protección do deus. A execucion exacta e precisa do ritual e a piedade ,non face-lo rito ou facelo mal e “ impiedade”; e excederse pasándose da regra establecida e superstición(superstitio).

Culto domestico
Xa dixemos que a gens e a familia tiñan un forte compoñente relixioso, baixo a potestas do paterfamilias, que era o sacerdote natural dos cultos familiares,practicados exclusivamente polos patricios(índice da desigualdade social).
1) Veneración dos devanceiros
A veneración dos devanceiros , que dun modo ou doutro todos sentimos, dabase especialmente nas familias nobrs que presumían de estirpe e liñaxe. Asi, o fundador da gens, un home xeralmente, era o obxecto de culto. A familia lulia tiña a deusa Venus.
2) O culto o lume
E normal en todalas mitoloxias. Roma tamen o tiña: o culto os Lares. O deus Lar, símbolo e protector do lume familiar e da unidade familiar, tiña o seu altar (lararium) case sempre no atrium da casa, no que sobre una pequeña ara (ara) ou pedestal había un nicho co lume perenne (focus), presidido polas imaxes dos deuses .
3) Os deuses das provisions: Penâtes.
Os Penâtes coidan de que non falten alimentos na despensa (penus). As suas imaxes Conservanse no tablinum nun armario (sacrarium) cunha lampadiña acesa o lado.
4) O culto os mortos: Manes, Larvas, Lemûres
Os Manes son os espiritus dos mortos, que, por lles atribuiren os romanos poderes maléficos, hai que telos a ben. Aplacanse, ademais de cuns bos funerais, sobre todo con flores, coas que, polo tanto, rodeaban as sepulturas os romanos. Parecidos, pero menos pacificos, son os Lemûres, que certas noites voan as suas casas e atormentan os que están na vida amargada e que agora se veñen vingar dos que os fixeron sufrir na vida.

5) O “ Xenio” de cada home : Genius
Cada home ( non as mulleres) ten desde o seu nacemento una divindade menor encargada de tutélalo o longo da vida.Representase de ordinario por una cobrega, excepo o do paterfilias que ten figura humana. Daselle culto no aniversario do nacemento.

6) Organización do culto domestico
Non hai un ritual común a todolos cultos domesticos: cadaquen faino o seu xeito. O pai, ministro deste culto, ensina os fillos as oracions, himnos,etc.. Un deles sustituirao cando morra. Se non ten fillos homes, tera que adoptar un para que perpetue este culto. As fillas non poden facelo, nin participaren sequera no culto ata que casen. Un escravo fai de sancristan, profesión que lle da certa preeminencia sobre os demais escravos.

Culto publico
a) Os deuses
O Estado ten o seu lume perenne; os seus Lares son Romulo e Remo; ten os seus Penates(Penates publici), ainda que loxicamente non ten Manes. O centro dos cultos e o capitolio.
- A relixion autóctona.
• Os Numina.No estado primitivo, que se remonta mesmo a mentalidade indoeuropea,calquera tipo de actividade ou de forza que resultase inexplicable tiña o seu propio deus.Deste xeito había una infinidade de vontades divinas para cada unha das circunstancias da existencia. Tales forzas despersonalizadas chamanse Numina ou Virtutes, sen figuración especial ninguna, pero con algún atributo que as caracteriza: o deus do lume, da auga, da sementeira…
Agrupanse arredor de tres ideas: os elementos naturais (ceo,terra, auga,etc.) , a fecundidade e a guerra. Os principais son:
CARMENTA,deusa das fontes;despois,da predicción
CERES,deusa dos froitos da terra
FAVNVS,deus dos rebaños
FLORA, deusa das flores
IANVS,deus da luz ; abre as portas O seu templo , a entrada do Foro , mentres haxa guerra,esta aberto
IVNO,deusa do matrimonio
IVPPITER, deus do ceo e do trono: da validez os xuramentos
LIBER,deus da viña
MARS,(“Marte”),deus da vexetacion; despois, da guerra
MINERVA, deusa da intelixencia
QVIRINVS,confundido con Marte,; despois, con Romulo
TELLVS ou TERRA MATER,deusa da terra e das colleitas
VESTA, deusa do fogar
VVLCANVS, deus do lume

A helenización da relixión romana

Relixiosidade mitolóxica e olímpica. Polo influxo grego os deuses romanos adquiren historia e misión asimilándose o deus grego que tiña a mesma ou parecida idea. Formase asi unha especie de Olimpico mixto greco-romano (Panteon greco-romano) no que a principal aportación mitica e literaria era de procedencia grega.

O culto ó emperadorImitando practicas orientais (Exipto, sobre todo) , a partir de Augusto divinizanse os emperadores:morto Augusto, o Senado elevouno a categoría de deus (divus Augustus). Isto e o que se chama apoteose. Alguns sucesores (Caligula e Domiciano) faranse adorar en vida, con estatuas e templos. Pero os mais recibirán culto so despois da norte. Sobre este culto na Gallaecia podes ver TORRES, C.:La Galicia Romana.F.Barrie,Coruña 1982;

A relixiosidade mistérica orientalUnha nova relixiosidade procedente de Oriente,caracterizada pola busca da salvación persoal., pola insatisfacción do material e polo desexo da xustiza, penetra en Roma o fin da Repuublica e sustitue a formula externa pola vivencia interna, o mito polo rito, a acción publica polo segredo e polo misterio.
.Os misterios de Eleusis, os mais famosos na antiguedade, onde se inician todolos gherandes personaxes da historia política e intelectual de Grecia. O centro era o culto mitico relacionado coa deusa Demeter e o matrimonio da sua filla Persefone con Pluton, o deus dos infernos.
.Dionysos: relacionado con Eleusis esta o culto a Dioniso (Baco ou Liber, para os romanos). Os seus ritos desenfreados (Bacchanalia) e o segredo que obrigaba os seus seguidores motivaron a prohibición do Senadono s.II a.C.
.Cybele:outro destes cyultos mistéricos foi o de Cybele, antiga deusa nai en Asia Menor e Creta. A partir do emperador Claudio colle moita forza, xunto co culto o seu compañeiro Atis,deus que more e renace,como promesa de resurrección para os seus devotos. Cun culto frenetico e sanguiñento, cheo de elementos brutais (castración e norte de Atis, sacerdotes eunucos,devotos castradios, baño no sangue dun touro –taurobolium-) intenta expresar un profundo simbolismo maxico de norte-resurreccion.
.Isis e Osiris: a partir de emperador Caligula colle importancia en Roma o culto a estas divindades exipcias.Isis e o símbolo da fecundidade e dos froitos da terra. E a muller de Osiris (morto por Set, deus das sombras), que resucita e faise protector dos mortos. Cada ano representase o mito da resurrección, unha complexa ceremonia con sacerdotes rapados e vestidos de branco e multitude de sacrificios, purificacions,penitencias.
.Mithras era un antigo deus persa, símbolo da luz celeste, que tivo éxito sobre todo entre os soldados.Deus viril e forte., loita cun touro e sacrificao;dese sangue vira a vida vexetale animal. Isto fixoo que identificase co Sol,fercundador e enxendrador da vida, e que no seu culto houbese plegarias, ofrendas e mesmo sacrificios cruentos o Sol.

O Cristianismo
Neste ambiente saturado de deuses , cultos e misterios,incide nos tempos de Augusto unha nova relixion tamen oriental: o cristianismo
Predica un deus único (monoteísmo), rexeita o culto os idiolos e o emperador, anuncia unha mensaxe de igualdade e de amor entre todolos homes de calquera clase social, ten os seus ritos de iniciación( catecumenado, bautismo,etc.) o seu misterio de vida – norte (paixon e resurrección) os seus banquetes sagrados (comunión), o seu culto e os seus sacerdotes, etc. E unha revolución relixiosa e social pero sobre un ambiente moi preparado. Pasa polas seguintes etapas:
-Cristianismo , enemigo público:moitas das mensaxes e formas chocan e producense as persecuccions que empeza con nerón,no ano 40, en forma localizada, e xeneralizanse no 250 con Docio.
-Cristianismo tolerado:desde o edicto de Milan (313) con cristianismo.
-Cristianismo imposto:desde o 382 cerrqanse os templos pagans, disolvense os colexios dos sacerdoes retiranse as estactuas dos deuses e prohibese o seu culto. O cristianismo convertese na relixion oficial do imperio romano.Desde enton e a través dos seculos a igrexa vai calando a sua organización sobre a división política do imperio : dioceses con bispos presididos polo bispo de Roma.

DIEGO FILGUEIRA
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal