VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VODA DE TETIS CON PELEO
Intenta indicar quen é quen na voda da nereida Tetis e do mortal Peleo.
Que deuses coñeces? Como os recoñeciches?

Que sucedeu con Eris (denominada en latín Discordia) ?
Din que este é o primeiro capítulo dunha das máis famosas guerras da Antigüidade. Por que?



Oe, pero quen viña sendo Helena, de quen era filla?

A historia lévanos de novo cara os deuses do Olimpo. Compróbao.

Que foi o quen fixo posible o seu casamento finalmente en Esparta?

Outro dos personaxes importantes nesta historia contan que naceu así:



Imos entrar nos detalles do Xuízo de Paris xa que nos interesa saber os motivos polos que comeza esa relación tan transcendente entre o príncipe troiano Paris e Helena de Esparta, que como xa sabedes estaba xa casada con Menelao.

Sobre PARIS:
1-Que debemos saber sobre o seu nacemento Paris?
De quen era fillo? Que problemas tivo para acabar como pastor de ovellas se en realidade era un príncipe?
2-Por que motivo foi escollido el para ser o xuíz das tres deusas que querían ser as agraciadas coa mazá da Discordia? Cales son as promesas das deusas e cal foi a agraciada coa mazá? Localiza tres cadros de distintas épocas que representen o xuízo de Paris.

Sobre HELENA:
3-Por outro lado, de quen vén sendo filla Helena?
Quen son os seus irmáns e como se chama a súa irmá?

4-A beleza de Helena sempre causoulle problemas, xa antes de casar, pero sobre todo á hora de casar. Como foi seleccionado o seu marido entre os moitos pretendentes que tiña? Que promesa ataba a todos os que desexaban casar con ela? Tivo algo que ver con tal xuramento o astuto Ulises?

5- Os problemas despois de casada non remataron, cal foi o maior dos problemas que tivo e debido ao que se fixo máis famosa?.

6-Localiza tres cadros que representen a historia dos pais de Helena.

Sobre Helena e Paris, os antecedentes da guerra de Troia, existe unha versión cinematográfica do ano 2003 pouco fiel ao mito da que podemos destacar varias escenas o nacemento de Paris, o rapto da nena Helena por Teseo ou o xuramento dos pretendentes no minuto 48 aproximadamente:



Pero para falar de Troia debemos distinguir o mito da realidade histórica. Imos facelo con este documental por exemplo:





Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 12-01-2015 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
ENEAS E A ENEIDA: De Cartago a Italia (II)
)

Resume o argumento da Eneida.

Grazas a que deusa sae de Troia Eneas? Quen era Anquises?

Con quen marcha? Que lle pasa a Creusa?

A que costas chegan logo de 7 anos? Como se chama a raíña que alí goberna?

Que relata Eneas á raíña?

Que lles pasa a Eneas e raíña logo?

Cara onde se encamiña logo Eneas?

Tras a visita aos Infernos que vai pasarlle a Eneas?

Con quen se vai desposar Eneas? Por que vai pelexar con Turno?

A DESCENDENCIA DE ENEAS e a FUNDACIÖN DE ROMA

O seu fillo era Iulo, Ascanio, desta linaxe van nacer os fundadores de Roma. Investiguemos como ocorreu.
Podes facelo a través dunha árbore xenealóxica da descendencia de Eneas no seu reino de Alba longa.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 13-03-2014 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
ENEAS E A ENEIDA: Fuxida de Troia (I)
Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela. Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas chegaría finalmente ao Lazio.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas, A ENEIDA trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2014 06:33
# Ligazón permanente a este artigo
DA GRECIA ARCAICA Á CLÁSICA: Atenas e Esparta
Imos ir avanzando na nosa viaxe pola Cultura da Antiga Hélade cara a Grecia Clásica. en primeiro lugar temos que saber que supuxo a entrada dos Dorios (o último pobo indoeuropeo que entra no territorio grego) para aquela sociedade micénica ou aquea, que pelexara en Troia.

A época Escura coa perda da escrita dos silabarios permitirá para empezar a entrada do alfabeto, o que á vez vai permitir desenvolver a literatura o xénero épico que xa estudamos e novos xéneros como o Teatro que agora estudaremos.
Temos que ter en conta que as migracións das distintas tribos configurarán de xeito definitivo o mapa da Grecia Arcaica das cidades estado ( as polis) darán paso a unha actividade comercial e colonizadora polo mediterráneo que situará a Grecia dun xeito ben distinto no conxunto do Mediterráneo, unha grecia que está dividida en numerosos estados pero que mantén unha forte cohesión interna como demostran o fenómeno das Olimpíadas e a súa relixión ou o propio idioma común para todos eles.
A diversidade política xera a evolución das formas de goberno dende unha sociedade baseada na linaxe onde a aristocracia deriva en Tiranías ata unha sociedade aparentemente máis igualitaria como podeser a da Democracia Ateniense que mantén no seu seo un atroz escravismo e unha tremenda segregación das mulleres e dos estranxeiros do mundo da política.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2014 06:27
# Ligazón permanente a este artigo
DE REGRESOS DE TROIA
Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.


CUESTIÓNS

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar?

3- Enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas poe el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.

4- Eneas atópase con Dido en Cartago. Onde está situada? Que acontece neste encontro e como remata?

5- A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Prociura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.

Un enlace coa Película da "Odisea"

Finalmente un poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 04-02-2014 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
OS CASTIGOS DE ZEUS (I)
OS CASTIGOS DE ZEUS

Enviáronos baixo a extensa terra e atáronos entre inexorables cadeas despois de vencelos cos seus brazos, aínda que eran audaces, tan fondos baixo a terra como lonxe está o ceo da terra; esa distancia hai dende a Terra ata o tebroso Tártaro. Pois unha zafra de bronce que baixara dende o ceo durante nove noites cos seus días, ao décimo chegaría á terra; e igualmente unha zafra de bronce que baixara dende a terra durante nove noites cos seus días, ao décimo chegaría ao Tártaro. En torno a el esténdese un muro de bronce e unha escuridade de tres capas envolve a súa entrada; encima ademais nacen as raíces da terra e do mar estéril. Alí os deuses Titáns baixo unha escura tebra están ocultos por vontade de Zeus, o que amorea as nubes, nunha húmida rexión no extremo da monstruosa terra; non teñen saída posible: Posidón púxolles enriba broncíneas portas e unha muralla rodéalles por ambos lados.
Alí habitan tamén Xiges, Coto e o valente Briareo, fieis gardas de Zeus portador da éxida. Alí da terra sombría, do tebroso Tártaro, do ponto estéril e do ceo estrelado están aliñados os mananciais e termos terribles e pútridos de todos, e ata os deuses os maldicen. Enorme abismo: non se alcanzaría o seu fondo nin en todo un ano completo, se antes fora posible franquear as súas portas; senón que por aquí e por alá te arrastraría furacán ante furacán terrible. Horrendo incluso para os deuses inmortais, este prodixio.
Tamén se atopan alí as terribles mansións da escura Noite cubertas por mouros neboeiros. Diante delas, o fillo de Xápeto (Atlas) sostén o ancho ceo, apoiándoo na súa cabeza e infatigables brazos, solidamente, alí onde a Noite e A Luz do día se achegan máis e saúdanse entre elas pasando alternativamente o gran vestíbulo de bronce. Cando unha vai entrar, xa a outra está indo cara a porta, e nunca o palacio acolle entre os seus muros a ambas, senón que sempre unha delas fóra do palacio dá voltas pola terra e a outra espera na morada ata que chegue o momento da súa viaxe. Unha ofrece aos seres da terra a súa luz penetrante; a outra lévalles no seu colo o Soño irmán da Morte, a funesta Noite, envolta en densa néboa. Alí teñen a súa casa os fillos da escura Noite, Hipnos e Tánato, terribles deuses; nunca o radiante Helios lles alumea cos seus raios ao subir ao ceo nin ao baixar do ceo. Un deles percorre tranquilamente a terra e os anchos lombos do mar e é doce para os homes; o outro, en cambio, ten de ferro o corazón e un alma implacable de bronce alberga o seu peito. Retén ao home que colle antes, e é odioso incluso para os inmortais deuses.
Alí diante se atopan as resoantes mansións do deus subterráneo, do poderoso Hades e a temible Perséfone; garda a súa entrada un terrible can, cruel e que se vale de trucos malvados: aos que entran saúdalles alegremente co rabo e ambas orellas ao mesmo tempo, pero xa non lles deixa saír de novo, senón que, ao axexo, come ao que colle no intre de franquear as portas.
Alí reside unha deusa maldita para os Inmortais, a terrible Estixe, filla maior de Océano que reflúe en si mesmo. Lonxe dos deuses habita un espléndido palacio con teito de enormes rochas; por todas partes apoiado sobre prateadas columnas que chegan ata o ceo. Raramente, a filla de Taumante, Iris rápida de pés, frecuenta este lugar voando polos anchos lombos do mar. Cando unha disputa ou querela se suscita entre os Inmortais, por se algún dos que habitan as mansións olímpicas falta á verdade, Zeus encarga a Iris que traia de lonxe o gran xuramento dos deuses nun recipiente de ouro, a auga xeada de moito renome que flúe dun alto e escarpado penedo. En abundancia baixo a extensa terra mana do río sagrado pola negra noite, brazo de Océano. Unha décima parte ao punto queda apartada; nove, facéndoos xirar en prateados remuíños pola terra e os anchos lombos do mar, precipítaas na salgada superficie. E esta soamente brota de aquel penedo, azote terrible para os deuses. O que dos Inmortais que habitan os nevados cumios do Olimpo xura en vano verténdoa, queda tendido sen respiración ata que se cumpre un ano; e non pode achegarse á ambrosía, o néctar nin alimento algún, senón que xace, sen alento e sen voz, en revestidos leitos e cóbrelle un horrible sopor. Logo, cando remate esta terrible enfermidade ao cabo dun ano, outra proba aínda máis dura sucede a aquela; por nove anos está apartado dos deuses sempiternos e nunca pode asistir ao Consello nin aos banquetes durante eses nove anos; ao décimo, outra vez participa nas asembleas dos Inmortais que habitan as mansións olímpicas. Tal xuramento fixeron os deuses á auga imperecedoira e antiquísima da Estixe que atravesa unha rexión moi áspera!
Alí da terra sombría, do tebroso Tártaro, do ponto estéril e do ceo estrelado están aliñados os mananciais e termos horribles e pútridos de todos, e ata os deuses os maldicen. Alí hai relucentes portas e un sólido broncíneo vestíbulo natural, asegurado con profundos alicerces. Diante, apartados de todos os deuses, viven os Titáns ao outro lado do tebroso abismo. Despois, os ilustres servidores do moi resoante Zeus habitan palacios sobre as raíces do Océano, Coto e Xiges; a Briareo, pola súa nobreza, fíxoo o seu xenro o gravisoante Ennosixeo; permitiulle casar coa súa filla Cimopolea.

CUESTIÓNS
1-A que distancia está o Tártaro da Terra, ou a terra do ceo?
2- Cales son os castigos para os Titáns e cal para Atlas?
3- A quen leva no colo a funesta Noite? Describe como son ou aparentan ser. Que palabras coñeces que teñan estes lexemas gregos?
4- Estixe, unha Titánide e os seus poderosos fillos, serán partidaria dos olímpicos na Titanomaquia. A cambio Zeus vai gardar a súa memoria a través dun ritual curioso que vai ser norma no Olimpo. En que consistía? Que ocorre cando un deus do Olimpo xura en vano ou minte?
5- Epítetos característicos dos textos deste xénero épico que facilitaban a memorización e o recitado de centos e centos de versos aos aedos , ou poetas da antiga Grecia. Completa os seguintes:
-a espazosa__________,

______, a de fermosos cabelos,

o estéril _______,

o estrelado _____,

_______, o que amorea as nubes,

a funesta________,

o _____________ Zeus,

o ____________ Ennosixeo,

Xea, a_______ _______.

6- Algunhas referencias levan a batalla final de Titáns e Olímpicos cara os montes próximos a Olimpia onde logo se elevará un gran templo a ......?

A TIFONOMAQUIA

Pero cando Zeus expulsara aos Titáns do Ceo,
a enorme Terra tivo ao seu fillo menor Tifeo do amor de
Tártaro, coa ayuda da dourada Afrodita





7- Despois de ver o vídeo saberás que houbo unha batalla máis contra os Titáns que aspiraban a recuperar o seu poder grazas á axuda de Tifón. Investiga que é a TIFONOMAQUÍA e como rematou. Que ten que ver esta historia co volcán do monte Etna (Italia)
8- Estaba Xea implicada nesta historia contra Zeus? Argumenta a resposta buscando as conexións de Xea con esta nova batalla de Zeus contra Tifón.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 07-10-2013 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
OUTROS EMPERADORES ( Do século III até a fin do imperio).
A crise do século III

Os problemas comezaron en 235, cando o emperador Alexandre Severo, foi asasinado polos seus soldados coa idade de 27 anos despois das lexións romanas foron derrotadas na campaña contra Persia sasánida. En xeral, tras xerais loitaron polo control do imperio despois da morte de Alexandre Severo, as fronteiras foron neglixenciadas e suxeita a frecuentes incursións polos godos, vándalos e alamanos, no norte, eo sasánida, no leste. Finalmente, no ano 258, os ataques foron internas, cando o imperio foi dividido en tres estados separados competindo entre si. As provincias romanas da Galia, Gran Bretaña e España, en busca de inspiración para as súas gornicións militares, se separou para formar a curta gaulesa Imperio, e dous anos máis tarde no ano 260, as provincias do leste de Siria, Palestina e Exipto tornouse independente, tendo nome do Imperio de Palmira, co apoio Sassânida), deixando o centro do Imperio Romano se baseou na, nos Balcáns, Asia Menor e as provincias leais do Norte de África . Unha invasión por un gran exército de godos foron derrotados na batalla de Naissus en 268. Esta vitoria foi importante como punto de inflexión na crise, cando unha serie de emperadores enerxía e duro-soldados tomaron o poder. As vitorias do emperadorClaudio Gothic II, durante os próximos dous anos marchou os alamanos e recuperou Hispania do Imperio das Galias. Cando Cláudio morreu en 270 da praga, o prestixioso xeneral Aureliano, que tiña comandado a cabalería en Naissus, sucedeulle como emperador e continuou a restauración do Imperio
Impacto económico Internamente, o imperio sufriu unha hiperinflación causada por anos de desvalorización da moeda. Este comezara antes, so os emperadores Severo, que aumentou o tamaño do exército do 25% e dobrou o salario base dos soldados. Gaulesa Imperio (en latín Galliarum Imperium, Imperium tamén Gallicum) oImperio Gallo-romano, o moderno nome dado ao reino independente formado nos territorios da Galia e en España durante o terceiro século no Imperio Romano. Esa organización política pasou a controlar toda a Galia, parte da Xermania, Hispania e Gran Bretaña. O emperador Galiano occidental, tente loitar contra isto, pero os eventos en Oriente Medio interrompeu a súa causa e nunca conseguiu recuperarse Galia.
- 259, o emperador Valeriano foi capturado en Siria e do rei persa Sapor I labatalla de Edesa
– 261, as lexións gaulesa conquistou Hispania. Galiano tivo que aceptar a autoridade do Posthumus porque os alamanos foron penetrando en Italia. O Imperio das Galias tivo o seu propio Senado, dous cónsules electos anualmente coa tradición republicana de idade. Ademais, a Garda Pretoriana tivo os seus 267 propios, un acordo foi feito entre Posthumus e Galieno na delimitación das áreas de control de ambos. O Imperio Romano é, de feito, dividida en tres partes: a Occidente, en mans do Imperio das Galias, os restos do Imperio Romano, situado en Italia, África e nos Balcáns e Medio, en mans de Palmira.
– 268, Leliana, gobernador da Baixa Alemaña, se rebelaron. Póstumo, reprimiu a rebelión rodear e ocupar o Mainz, pero prohibe o roubo, o que lle custou ser morto xunto co seu fillo polos seus propios soldados, o mesmo que proclamou emperador Marcus Aurelius Mario, que fora co-emperador no Póstumas últimos anos e que á súa vez foi asasinado poucos días despois e foi sucedido por Victorino, que foi proclamada en Trier
– 269, Hispania remitido ao poder central de Roma,
– 270, morreron nas mans de Attitianus Victorino, un dos seus oficiais.
– 271, I Dark gobernou co seu fillo Dark II. 273, a economía Galo imperio estaba en crise. O emperador romano Aureliano comezaron a reconquistar as provincias occidentais tras as súas vitorias no Oriente. É fluente en Dominica (235 dC - 565 dC) foi o último déspota das dúas fases do goberno no antigo Imperio Romano entre a súa creación en 27 a. C. así como a data formal do colapso do Imperio de Occidente en 476. No ano 235 dC, o último emperador da dinastía morreu severa, que mantiña orde, paz relativa e estrutura do Imperio Romano. Logo da súa morte, iniciou un período caracterizado pola anarquía militar
En 212 dC, o emperador Antonino Caracalla concedeu a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano, a creación dunha perda de antigos valores e tradicións. coa chegada da crise do terceiro século de 235-284, que concluíu, na mesma época en que se fixo emperador Diocleciano. ,
Emperadores ilirios
eran coñecidos por unha serie de emperadores que gobernou o Imperio Romano entre 268 e 285. Este nome provén da orixe xeográfica da maioría dos que compoñen o ilírios.
A Tetrarquia
Tetrarquia é unha forma de goberno a través do cal o poder é repartido por catro persoas que son chamadas tetrarchs. O Tetrarquia foi tamén o sistema de goberno colexiado instituído polo emperador romano Diocleciano en 284 dC C
Dinastia Valentiniana
Dinastía Valentiniana, bautizado co nome do seu fundador, Valentiniano I, e consiste en catro emperadores, gobernou o Occidente elImperio romano de 364-392, cando morreu o seu último representante, e no Imperio Romano de Oriente 364-378
Dinastía teodosiana
esta dinastía era unha familia romana, que subiu ao poder no solpor do Imperio Romano. Ao longo do tempo, tornouse un romano e bizantino House ambos.
O seu fundador foi Flávio Teodosio (coñecido como Conde Teodosio), un gran xeneral que salvo a Gran Bretaña a partir da gran conspiración.

<b>Principais Motivos da desaparicion do imperio
Constantes convulsións sociais e rebelións de escravos, contra as que moitas veces, as autoridades imperiais non podían facer nada, porque eles tiñan reservado os seus exércitos para loitar contra os bárbaros.
As invasións hunas marcaron un punto de inflexión, porque os romanos nunca viran este nivel de destrución e devastación, como Atila sometidos a Galia e norte de Italia e por iso gañou o apelido, o flaxelo da Deus.
– Constante desvalorización da moeda romana. O comercio, que foi sobre todo no Mediterráneo atópase paralizado por mor de ataques de piratas (os vándalos fixeron piratería súa principal arma contra o imperio). Pragas e fame clasifícanse afectando a poboación, que cada vez parece máis desprazado ata o campo, o que significou o despovoamento das cidades. A barbarização do exército romano, que perdeu a súa disciplina militar sen precedentes e equipamento militar, ademais da escaseza de líderes competentes militares. Os dous saqueos de Roma por Alarico e os reis Genserico, representou un golpe para a moral romana, xa que máis de sete séculos que ningún exército estranxeiro penetrou e fixo de Roma o imperio perdeu a súa aura de invencibilidade.



Nuria Bouzas Pousada
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 16-06-2011 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
REMATANDO O CURSO ( modelo proba setembro)

Esta podería ser unha proba modelo para qquen teña que preparar a materia para setembro:

I-MITOLOXÍA: Realiza unha árbore xenealóxica dende o CAOS até as tres primeiras xeracións dos deuses gregos.
-Enumera os mitos que fan referencia á creación dos homes.
-Resume brevemente dous amores de Zeus.
-Escribe os nomes latinos de 10 dos deuses que coñezas.
- A imaxe que aparece nesta entrada a que mito cres que pertence? Ten que ver algo co noso centro?

II-Realiza un esquema coas principais etapas da historia da Grecia antiga.

III- LINGUAS DO MUNDO: Desde a India ata Fisterra atopamos unhas mesmas palabras para denominar ao lobo, o raposo, o oso, o cervo e o porco,as mesmas palabras para chamar ao boi, a ovella, a cabra, o leite, o queixo, a lá, o mel, o carro, o xugo, a fariña e o sal, tamén as mesmas para o ouro, a prata o cobre, o cabalo e o can, o arco e a machada, o salmón e o barco, pero non o mar, o león, o camelo ou o tigre. Por que razón? Razoa e argumenta a resposta ditas coincidencias:

IV-RELACIONA POR GRUPOS OS SEGUINTES NOMES: bretón, latín, grego, galego, éuscaro, chinés, amerindias, bantús, pictograma, catalán, inglés, francés, ideograma, indoeuropeas, alemán, xeroglífico, iranio, celta, camito-semitas, silabario, sino-austrinas, castelán, italiano, alfabeto.
*o invento da escritura:
*familias de linguas do mundo:
*linguas indoeuropeas:
*linguas non indoeuropeas:

V- ÉPICA: A ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia?
Os principais personaxes da guerra TROIA? O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?
Sobre a morte de Aquiles, a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?

VI-A ODISEA: No canto IX aparece Polifemo. Como o describirías e que fixo aos homes de Ulises ? Que fin pronostica a Ulises e aos seus?
A maga Circe, que relación ten con Odiseo? Que lles fai aos seus compañeiros? Por que e como axuda a Ulises?Como son as Sereas? Cando se atopan coas Sereas que fai Ulises e os seus compañeiros ?

VII- CULTURA CASTREXA: Cal é a extensión no tempo e as etapas polas que pasa a Cultura dos Castros.

VIII-TEATRO: As orixes do teatro grego e a súa relación con Dionisos.

IX-Os autores da traxedia. Evolución da Traxedia e contrastes entre eles.

X- ROMA: Cales son as características da crise da República? Que período abarca?

XI-ROMA: Que quere dicir que o exército era a columna vertebral do imperio romano?
- Cales son os motivos da caída do Imperio Romano? En que momento se produce?

XII-LATÍN: Declina estas palabras: poeta, poetae (m)/ lupus, lupi (m) / liber, libri (m) / templum, templi (n).
Declina da 3ª declinación rex, regis (m) / piscis, piscis (m)/ tempus, temporis (n)
Comentarios (8) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 21-06-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Guía do Peregrino, un texto para traducir
INTER DUOS FLUVIOS QUORUM UNUS VOCATUR SAR ET ALTER SARELA URBS COMPOSTELLA SITA EST: SAR EST AD ORIENTEM INTER MONTEM GAUDII ET URBEM: SARELA AD OCASUM. URBIS VERO INTROITUS ET PORTE SUNT SEPTEM. PRIMUS INTROUTUS DICITUR PORTA FRANCIGENA; SECUNDUS PORTA PENNE; TERCIUS PORTA DE SUBFRATRIBUS; QUARTUS PORTA DE SANCTO PEREGRINO: QUINTUS PORTA DE FALGUERIIS QUE DUCIT AD PETRONUM; SEXTOS PORTA DE SUSANNIS; SPTIMUS PORTA DE MARCENLLINOS PER QUAM PRETIOSUS BACCUS VENIT AD URBEM
(Capítulo IX do libro V do Códex Calixtino)

Despois de traducir (podedes usar o dicionario na rede) o texto investiga que partes ten este libro e intenta explicar por que ten tanta transcendencia.
Comentarios (10) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 18-06-2010 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha peregrina da GALLAECIA a Xerusalén
Exeria ou Eteria quen viña sendo?
Comentarios (2) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 18-06-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal