VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fixemos desaparecer o "l" intervocálico
Queremos saber como evolucionou a lingua dende o Latin para o Galego. Tocoume observar o que lle pasa á consoante "ele" cando vai entre vogais.


En galego facemos que desaparezca o “L” que enlatín existía no interior das palabras entre vogais.
Exemplos :
• Voar, volar: en latín era volare
• Ceo , cielo : en latín era caelum
• fío , hilo : en latín era filum
• pía : en latin era pilam
• moa : en latín era molam
• só: en latín era solum

Observa agora estas mesma palabras en castelán: volar, cielo, hilo, pila, muela,sólo.

O Galego normalmente é máis conservador coas palabras latinas que o castelán, pero neste caso non foi asi.

Sandra
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:39
# Ligazón permanente a este artigo
conservamos o f inicial , pero entre vogais evoluciona
O meu apelido é Devesa buscando buscando atopei a súa etimoloxía que é latina.
Devesa en galego asóciase a lugares fértiles na beira dos ríos ou nos montes.En moitos casos estes lugares son terreos resgardados defendidos dos ventos ou acoutados polo propio home.En castelán dise dehesa en latín era defensa como podes comprobar o f en sílaba interior tende a desaparecer transformándose nun son bilabial en lingua galega pero en castelán evolucionou de xeito semellante ao f inicial en latín.


1 s f BOT/XEOG Carballeira que pode estar coutada e na que pasta o gando.

2 s f BOT/XEOG Ecosistema de creación humana, a partir do bosque mediterráneo espontáneo, formado por pradarías con árbores do xénero Quercus e no que existe unha produción simultánea de gando, caza, leña, carbón e cortiza. A maioría localízanse en solos delgados e pobres, sobre lousas e granitos, xa que os máis produtivos se destinan á agricultura

Raquel Devesa Acuña
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:39
# Ligazón permanente a este artigo
O Ditongo AU latino como evolucionou? (Flor)
O ditongo “au” evoluciona ao galego como “ou” e en castelán como “o”.

Exemplos:
Paucum-Pouco-Poco
Aurum-Ouro-Oro
Causam-Cousa-Cosa

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
Conservamos o
Como podes observar o “o” breve tónico consérvase en galego pero en castelán evolucionan a un ditongo “ue ”.

Exemplo:

Latín Galego Castelán
Mortem Morte Muerte
Ponte Ponte Puente
Porto Porto Puerto
Fonte Fonte Fuente
Forte Forte Fuerte

Paula García Area


Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
O ESTRATO DO LATÍN , base da lingua ( Miriam)
ESTRATO.

Neste traballo veremos a evolución do latín, lingua da que deriva o castelán e o galego, e así poder ter o noso idioma actual. Polo tanto, traballaremos a evolución do latín ata dar lugar o noso idioma actual.

A palabra estrato provén do latín stratus (cuberta de cama).
En etimoloxía, o termo “Estratos Lingüísticos” refírese ó conxunto de linguas que se integraron para formar unha lingua nova. Outra palabra relacionada é substrato, na cal o sufixo sub (baixo) indica que un idioma está debaixo a outro, é dicir, que o cobre, oculta e o extingue.
En meteoroloxía, a palabra estrato refírese a unha cuberta de nubes sobre a terra. De aí a palabra estratosfera para a capa da atmosfera que cobre a troposfera.
A parte de capa, cuberto ou tecido, stratus indica lugar. De stratus vén o sufixo estre como: campestre (campus stratus), ecuestre (equus stratus), pedestre (pedis stratus), terrestre (terra stratus) e silvestre (silvestris stratus).
A palabra stratus vén do verbo sternere (pór no chan) de onde logo nacerá a palabra consternar (con- sternere, “botar á terra”, ou “aterrar” nos dous sentidos: abater e dar medo). Cando algo cae á terra a cobre, de aí capa, cuberta, tecido, etc.


ESTRATO LATINO.

É a lingua base que logo conformará a lingua galega. A latinización iniciouse coa chegada de exércitos de Décimo Xunio Bruto ( denominado precisamente por iso O Galaico) no 137 a. C. O primeiro pobo co que loitan os romanos son os Gallaici, e así chamaron a esta terra Gallaecia. Tamén Xulio César no 61 a. C. fixo unha expedición militar por vía marítima ata Brigantium, e o Emperador Octavio Augusto (29-19 a.C.) fixo operacións militares contra as tribos galaicas, ástures e cántabras que supuxeron a súa submisión a Roma.

Coa romanización comezou a asimilación do latín na Gallaecia (forma vulgar).
A distancia a Roma e o feito de que os romanos que viñeron a Galicia proviñan da Bética, obraron a favor de que o latín da Gallaecia fose tradicional e conservador (conserva o ditongo au que dará a forma ou).
Ademais, o latín da Gallaecia distínguese xa do falado noutras zonas peninsulares, cun léxico típico do noroeste e cunha pronuncia peculiar. Este latín galaico comezará a diferenciarse dialectalmente dos outros latíns peninsulares que serán a base do castelán, leonés e do catalán despois do século VI.


A LINGUA LATINA.

O indoeuropeo é a orixe do latín. Un dos numerosos troncos que saíron desta orixe foi o itálico, de onde saíu o latín, o osco (Sur de Italia) e o umbro (Norte de Italia).

*Latín Osco Umbro.
O Imperio Romano foi o que lle deu vida e expansión ao latín. Hai outras moitas linguas que influiron no que chamamos latín arcaico. Unha destas linguas foi o etrusco.

*Expansión:
Por onde pasaba o Imperio Romano se impoñía o latín.
En Hispania se impuxeron dúas zonas na expansión romana:
- Tarraconensis: o latín non era tan culto. Era o que traían os exércitos. Nesta zona concentrouse o populus, que eran os comerciantes, xente vulgar, etc. Este latín era máis receptivo ás influencias doutros pobos e linguas.
- Bética: o latín era máis culto, máis urbano. Nesta zona concentráronse os literatos, a xente culta, etc.


*Evolución das palabras.
o Léxico: se substitúen as palabras semellantes ao francés, ao inglés, etc.
o Arcaísmos: pocillum>pocillo
rostrum>rostro
capitium>capitia>cabeza
aptare>amarrar
cova>cova
cuius>cuxo
nec unum>ningún
o Conservación do pluscuamperfecto de indicativo.
o Innovacións: audire>oir
mulier>muller
comedere>comer
cras>maña
equa>egua
magis>máis
o/e>ue/ie>porta>porta/terra>terra
o Innovacións con respecto ao latín clásico: fabulari>falar
afflare>achar
formosus>fermoso
quarere>querer
o Innovacións na época latina: ere>ar
ere>er
ere>ir
a de OD (Amo a María)
o Neoloxismos léxicos na época imperial: formaceus>hormazo
capatare>catar
amarellus>amarelo

*Os cultismos son palabras que, o non ser utilizadas pola maioría, apenas sufriron transformacións, co que se preserva a forma latina ou grega primitiva. Algúns exemplos son:
collocare: colocar.
digitus: díxito/dígito.
femina: feminino/femenino.
frígidus: fríxido/frígido e frío.
clavis: clave (cultismo) e chave(palabra patrimonial: o cl evoluciona como ch en galego e como ll en castelán)/llave.

En conclusión, se non fose polo indoeuropeo o latín non houbera exisitido e polo tanto a nosa lingua tampouco.

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
Que comían daquela? Noel
Vouche dicir unha cousa. Buscando palabras antigas pensei en vocablos do substrato celta que tivesen que ver co mar e con Marín, e digo eu, unhas das que máis tiñan que utilizar son as das comidas, e dixen: - por que non?- Vou buscalas e aquí as tes:

Centola: do céltico cintollos ‘o principal e grande’

ANIMAL Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta unha cuncha de cor vermella, rosa ou branca e un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax, que se captura con nasas e arrastre.
Sinónimo: Araña

Rodaballo: do celta *rotoballos ‘de corpo redondo’

ANIMAL/ICT: Peixe da familia dos escoftálmidos, que presenta contorno case circular, os ollos no lado esquerdo, con formacións óseas dérmicas na parte superior, case sen pedúnculo caudal e de cor gris verdosa, terrosa ou amarelada, con manchas.

As palabras non evolucionaron moito.

Que che parece o meu traballo? Case me deixo unha costela buscando a etimoloxia da palabra centola.


Fandiño Santiago, Noel
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os nomes celtas das rochas (Enrique)
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:29
# Ligazón permanente a este artigo
Da máis antiga toponimia aos apaelidos de hoxe (Leticia)
BOUZAS

É un apelido galego. O nome común bouza significa en galego, “terreo inculto, monte baixo”, na documentación medieval latina aparece como bauza:”terras, pumares, soutos, bouzas, pesqueiras”.
Outra interpretación asocia bouza con balsa, palabra que gorentaba moito a Menéndez Pidal. Elixio Rivas esfórzase en ligar ambas voces pro fáltalle a idea de <> na primeira e non ficamos convencidos, alén do incómodo pobrete que é touza. Xerardo Sacau, ao se ocupar do nome da vila de Bouzas, resumiu con moito detalle as diferentes hipótesis que sobre esta palabra se teñen aventurado. Resignémonos: a orixe de Bouzas e o do nome común bouza é descoñecida aínda que poidamos situala no substrato preindoeuropeo (SPR1).
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:26
# Ligazón permanente a este artigo
Ricas e antigas palabras da lingua ( Jessica)
SUBSTRATO PREINDOEUROPEO:

Está estendido pola Europa meridional,desde o Atlántico até o Cáucaso. Era unha étnia (emparentada cos protovascos) chegada do Leste.
Coto é outra das nosas antigas palabras (alá polo terceiro milenio a.C.) e tamén so-baco e morango (coas súas variantes: amorodo, morodo, morote, morogo).

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
O SUBSTRATO DA NOSA LINGUA
O substrato do galego:
O substrato é o continxente de realizacións fonéticas, palabras e usos gramaticais que unha lingua anterior desaparecida deixou incrustado no interior dunha lingua falada.
No galego actual hai apelidos que teñen substrato céltico.Algúns apelidos que veñen do substrato son: Páramo,Veiga,Andrade,Viana,Ulloa,Toxo,Osoiro,Busto,Abalo,Serrante.E outros centos mais que se reproducen no rexistro Civil.

CARBALLO:Car, deriva dunha raiz preindoeuropea ,Car-b “pranta dura”,Kar-sería “rocha,pedra” (Hai alineacións de karnag) con esta raiz estarian relacionados ,Carracedo,Carnota,Carrasco…

TOXO: (cabo de vila).Predios de monte áspero na caida do Monte Castelo. Toxal:Esta na zona das Insoas e é un terreo labradío,prado e toxal.Toxeira: Predio preto do anterior , camiño da Toxeira Toxeiriña: Perto dos anteriores,Toxeiriña xunto a Insua.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal