VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

URBANISMO CASTREXO
Procura a resposta acertada despois da túa experiencia sobre o terreo dun castro como o de Viladonga:

O Urbanismo castrexo responde a:

a) unha concepción xeométrica da organización interna do castro.

b) unha distribución caprichosa das casas.

c) unha distribución funcional por barrios.


Saberías que dato sobre a poboación dun castro se agocha tras da aparición das casas redondas e/ ou das casas cadradas?

Se non o sabe podes consultalo na propia páxina do Museo do Castro de Viladonga.
Podes ver máis na páxina do Museo do Castro de VilaDonga
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
OS CASTROS: A DEFINICIÓN

Este vai ser un dos problemas que teñamos que superar, atopara unha inmellorable definición da palabra "castro".

Cal sería para ti a definición máis completa?


Hai varios tipos de castros atendendo a súa tipoloxía normalmente se fala de:

Castros costeiros: onde o mar é utilizado en parte como muralla defensiva.

Castros do interior que teñen que, en moitos casos, teñen defensas cun sistema complexo de muros, foxos e terrapléns.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
HABITANTES DO CASTROS
Para a cultura popular
Os habitantes dos castros para os nosos labregos foron sempre "os mouros e as mouras" encantos que viven debaixo dos castros e non se deixan ver facilmente.

Para os primeiros investigadores Murguía ou Benito Vicetto falaban dos celtas como poboadores dos castros, nese afán diferencialista que lle querían conferir a Galicia estes historiadores galeguistas.
Logo virán interpretacións máis serias, que falan dunha cultura de diversas compoñentes, pero o "celtismo" será unha constante no debate sobre o mundo castrexo ao que non se lle pode negar como mínimo unha importante influencia da civilización celta.

Observa agora estes antigos textos sobre o tema:

1) Ophiussa porro tanta panditur latus,
quantam iacere Pelopis audis insulam
Graiorum in agro. Haec dicta primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
(Ora Maritima, Avieno 152-157)

Cuxa tradución ao galego será:

"Ofiusa proxectase tanto cara adiante coas súas costas como oes dicir que a illa de Pélope se estende no territorio grego. Foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."

2) Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
Poetanion autem est insula ad Saefumum, latet
patalusque portus. Inde Cempsis adiacent
populi Cynetum. Tum Cyneticum iugum,
qua sideralis lucis inclinatio est,
alte tumescens ditis Europae extimum,
in beluosi uergit Oceani in salum.
(Ora Maritima, Avieno 195-204)

E a tradución deste segundo anaco de texto de Avieno, autor do século Iv d. C.:

"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves. Pero a isla Petania está dirixida cara Sefumo, e nel un porto extenso agóchase. A continuación, os pobos cinetas son colindantes dos cempsos. Logo, o cabo Cinético, por onde se produce a caída da luz sideral, erguéndose altivo como último bastión da rica Europa, cando ésta se precipita nas ondas do Océano poboado de monstros."


QUAESTIO.
Podería ser Ofiusa o nome máis antigo deste territorio que hoxe é Galicia?
Algúns autores cren que en realidade estas serpes eran os celtas saefes ou serpes, que tiñan aos ofidios por animal totémico. Será esta a narración que confirma as raíces celtas da cultura castrexa?

Que teñen que ver os mouros cos castros?
Procura algunha lenda sobre mouros ou mouras dos castros na marabillosa páxina de Galicia Encantada
consulta aquí Galicia Encantada
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
TERRITORIO CASTREXO
Territorio castrexo
A extensión no espazo da cultura castrexo abarca máis alá do que é a actual Galicia. Inclúe o Norte de Portugal e unha parte do que son hoxe Asturias, León e Zamora. Un territorio que, como veremos logo vai ser o que os romanos denominen Gallaecia, pois van ser eles os que nos introduzan na historia ao seren os primeiros en escribr sobre nós e nomear esta terracomo Galicia.

Cronoloxía do fenómeno castrexo
A cultura castrexa foi unha cultura protohistórica do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C.
A cultura castrexa nace a finais da Idade de Bronce e pode dicirse que dende o VI a.C. se estende no tempo ata a chegada dos romanos manténdose viva en parte ata o século VI d. C. aínda que esta última etapa se adoita coñecer co nome de época "galaico-romana".





QUAESTIO:
Cantos castros cres que se calculan que hai documentados tan só no territorio da actual Galicia?
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal