VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Romanización da Gallaecia
O proceso de Romanización da Gallaecia iníciase con tres fases de conquista do territorio do Noroeste peninsular:

A campaña de Décimo Xuño Bruto, do ano 137 a.C. que realizou unha campaña de castigo das tribos galaicas que axudaron aos Lusitanos na súa resistencia contra a invasión romana. Tras da vitoria perto do Douro sobre uns 60.000 galaicos, dos que morreron uns 50.000, o xeneral romano recibirá honores baixo a denominación do "gallaicus" e será o que cruce contra a superstición o río Limia que as tropas se negaban a facer por temendo que fose o río Leteo ou do Esquecemento, é dicir, a entrada ao mundo dos mortos. No mapa aparece coa liña de cor violeta.

A campaña de César no ano 61-60 a.C. "per loca maritima" unha expedición pola costa tamén dende o sur cara a costa dos ártabros chegando ao que hoxe é a Coruña. No mapa corresponde coa liña amarela.

A que serñia definitiva sería a campaña bélica de conquista dirixida por Octavio Augusto no ano 29-19 a.C. que remata co famoso episodio do Monte Medulio. Está no mapa coas liñas vermellas.
Temos que ter en conta que esta campaña foi máis complexa pois atacou a galaicos, a cántabros e ástures.


Comentarios (0) - Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 09-06-2014 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
OS DEUSES CASTREXOS E OS GALAICO-ROMANOS
A arqueloxía pre-romana garda un mutismo absoluto sobre o tema, polo que canto del saberemos será a partir da chegada de Roma, cando na epigrafía van aparecer nomes e epítetos de divinidades. Estamos ante unha relixión politeísta cun panteón amplísimo ao que adoraban o mesmo os habitantes dos castros que os das cidades. Algunhas divinidades son comuns a todo o territorio, mentres que outras teñen un culto local, tópico, e todas elas perdurarán coexistindo coa relixión romana e mesmo coa introducción do cristianismo.

A importancia dos elementos da Natureza ( coma o sol, a lúa, as augas, determinadas árbores..), a miúdo tense posto en relación coas crenzas dos habitantes dos castros, pero ben entendido que tales elementos non deben interpretarse como divinidades propiamente ditas senón que estas “habitan” ou se “encarnan” naquelas manifestacións e forzas naturais.

Unha serie de fontes históricas, como por exemplo as inscricións, proporcionannos algúns datos para esbozar un moi breve panorama das crenzas e da relixión da cultura Galaico-romana.

As fontes literarias e epigráficas romanas contaminaron moito a interpretación da relixiosidade castrexa, así o deus das montañas, o que aparecen como o máis importante do panteón castrexo, asimilaba ao clásico Xúpiter e era polo tanto un deus puramente romano. Outros deuses están perfectamente testemuñados. Mars Cosus, deus da guerra, o deus Bandua, estaba asociado á protección da comunidade. Tamén rexistrase a existencia de moitos deuses menores, especie de deuses benéficos ou maléficos, protectores dos pobos, dos animais, relacionados cas augas,os bosques,coas encrucilladas dos camiños. Estes "Lares viales", mantiveron grande importancia tamén na época romana e perviviron nas lendas e tradicións populares relativas aos cruceiros e os petos de ánimas.
O culto ao deus que se relaciona coas montañas vai ser moi abundante. Para el temos un nome: Laroco; pero sobre todo descubrimos un sincretismo dos nomes co Xúpiter romano. Do mesmo xeito que os romanos asociaron o seu Xúpiter(Iuppiter,Iovis) co Zeus grego, atopamos un Iovi Ladico, Candamio, Candiedoni. Mesmo semella esta unha das rexións peninsulares onde aparecen maior número de aras dedicadas a Iovi Optimo Máximo.
Marte ten o seu correlato en Coso, que aparece en puntos repartidos por toda a Gallaecia; pero tamén aparece o sincretismo co deus romano.
Divindades fluviais ou que dan nome a fontes e cursos de auga, aparecen en numerosas lápidas, asociadas ás ninfas romanas, con apelativo indíxena, como en Chaves, Cacabelos, Caldas de Reis... Dusrio aparece cerca de Porto, Navia en Asturias e Castro Caldelas; Navea en Trives. Referido ás forestas estaría Lucus, tamén Chanas e Chas.
Por último, atopamos nomes difíciles de clasificar coma: Bandua (aparece en numerosos lugares), Brico, Veroe, Aerno, etc.
Existe un substrato relixioso de cultos indíxenas e locais que logo se asimilará, nun sincretismo case perfecto, coas decisivas aportacións de divinidades clásicas dos romanos. Todo isto convive con outros dous feitos da Galicia romana: o culto ao Emperador (de compoñente relixioso e tamén político ) e, na época tardía, o espallamento do cristianismo. Sen embargo, non se teñen referencias claras a este respecto.


PORTELA POUSADA, Estela

para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 30-04-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
OS TESOUROS DOS CASTROS
Existe nos obxectos metálicos atopado nos castros unha abundancia de obxectod de bronce, com poden ser as coñecidas e numerosísimas machadas de bronce, pero é que estamos na Idade de Ferro e os obxectos deste metal parecen pasar desapercibidos ante a poderosa e atractiva cor do ouro.

A ourivería castrexa ocupa un lugar destacado e unha complexidadesorprendente para os estudosos, pero tamén para a cultura popular ue fan dos castros un lugar máxico onde se agochan tesouros e son os mouros os seus coidadores. Xentes de descomunal forza, amigas das trampas e dos tratos cos humanos, mouras fermosas encantadas que amosan os seus obxectos de ouro aos que andan alindando o gando nas proximidades dos castros. Hai de todos os xeitos unha serie de relatos na tradición oral sobre as trabes de ouro, prata ou alcatrán que sosteñen os castros que ben merecen a nosa atención.Lembra que na illa de Ons tamén hai unha lenda que fala da cova dos mouros, dos seus tesouros e da súa protección a través dun barril de pólvora, neste caso non é de alcatrán, que se te achegas ao de ouro pode estoupar. Procura un relato sobre as trabes de ouro na páxina Galicia Encantada.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
OS TORQUES
Son un dos obxectos metálicos máis chamativos dos nosos castros. Eran correntes noutros puntos e culturas de centro Europa, eaparecen nos nosos castros con frecuencia ata o século III a. C. logo parece decaer o seu uso.

Pero, cal era o seu uso? Quen o usaba?

Outros obxectos tamén de ouro son as arracadas, os brazaletes, os colares...estes parecen ter maior influencia mediterránea, especialmente tartésica e adoitan datarse con maior frecuencia a partir do século terceiro antes de Cristo.

Que son as arracadas? quen as utilizaba na cultura castrexa?
Podes ver a continuación un pequno video con varias das pezas que aparecen nos castros galegos:

para saber máis sobre a economía dos castros
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:29
# Ligazón permanente a este artigo
TRISQUEL
A figura que tanto se repite nos castros do sur de Pontevedra ou de Ourense ( podemos ver unha fermosa colección destes obxectos pétreos símbolos da Cultura Castrexa no Museo Provincial de Ourense)podería ter diversas interpretacións:

1º Son símbolo de poder ou linaxe da casa castrexa que posúe.

2º Son un amuleto que intenta asegurar a fecundidade e a vida próspera.

3º Son simplemente un símbolo relixioso de carácter solar.

Estas esvásticas que aparecen en múltiples lugares do mundo poden aparecer nos nosos castros con tres brazos, catro, cinco ou formas diversas, mesmo insinuar un movemento cos seus brazos cara a dereita ou cara a esquerda.

Para Castelao no seu traballo sobre as cruces de pedra na Galiza, existe unha continuidade entre estes sinais e as cruces tan estendidas pola nosa terra ou terras como Bretaña.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
AS PEDRAS DOS CASTROS
Os obxectos máis numerosos conservados da cultura castrexa son os pétreos: guerreiros, muíños barquiformes ou de man, figuras decorativas de diversa tipoloxía, etc...

Cal dos muíños que aparecen nos castros son máis antigos? Os muíños poden ser barquiformes ou os chamados de man (destes últimos tes que saber que segundo algúns arqueólogos poden ser introducidos na época da chegada do arada no IV a.C., pero para outros foron consecuencia da Romanización).

Outra curiosidade pétrea son as denominadas "pedras formosas". Saberías enque tipo deedificios e para que se usaban estes edificios nos castros como o de Briteiros no Norte de Portugal?



Sobre a plástica castrexa hai un traballo realizado no castro de Lámbrica
para saber máis sobre as Pedras Formosas
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
URBANISMO CASTREXO
Procura a resposta acertada despois da túa experiencia sobre o terreo dun castro como o de Viladonga:

O Urbanismo castrexo responde a:

a) unha concepción xeométrica da organización interna do castro.

b) unha distribución caprichosa das casas.

c) unha distribución funcional por barrios.


Saberías que dato sobre a poboación dun castro se agocha tras da aparición das casas redondas e/ ou das casas cadradas?

Se non o sabe podes consultalo na propia páxina do Museo do Castro de Viladonga.
Podes ver máis na páxina do Museo do Castro de VilaDonga
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
OS CASTROS: A DEFINICIÓN

Este vai ser un dos problemas que teñamos que superar, atopara unha inmellorable definición da palabra "castro".

Cal sería para ti a definición máis completa?


Hai varios tipos de castros atendendo a súa tipoloxía normalmente se fala de:

Castros costeiros: onde o mar é utilizado en parte como muralla defensiva.

Castros do interior que teñen que, en moitos casos, teñen defensas cun sistema complexo de muros, foxos e terrapléns.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
HABITANTES DO CASTROS
Para a cultura popular
Os habitantes dos castros para os nosos labregos foron sempre "os mouros e as mouras" encantos que viven debaixo dos castros e non se deixan ver facilmente.

Para os primeiros investigadores Murguía ou Benito Vicetto falaban dos celtas como poboadores dos castros, nese afán diferencialista que lle querían conferir a Galicia estes historiadores galeguistas.
Logo virán interpretacións máis serias, que falan dunha cultura de diversas compoñentes, pero o "celtismo" será unha constante no debate sobre o mundo castrexo ao que non se lle pode negar como mínimo unha importante influencia da civilización celta.

Observa agora estes antigos textos sobre o tema:

1) Ophiussa porro tanta panditur latus,
quantam iacere Pelopis audis insulam
Graiorum in agro. Haec dicta primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
(Ora Maritima, Avieno 152-157)

Cuxa tradución ao galego será:

"Ofiusa proxectase tanto cara adiante coas súas costas como oes dicir que a illa de Pélope se estende no territorio grego. Foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."

2) Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
Poetanion autem est insula ad Saefumum, latet
patalusque portus. Inde Cempsis adiacent
populi Cynetum. Tum Cyneticum iugum,
qua sideralis lucis inclinatio est,
alte tumescens ditis Europae extimum,
in beluosi uergit Oceani in salum.
(Ora Maritima, Avieno 195-204)

E a tradución deste segundo anaco de texto de Avieno, autor do século Iv d. C.:

"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves. Pero a isla Petania está dirixida cara Sefumo, e nel un porto extenso agóchase. A continuación, os pobos cinetas son colindantes dos cempsos. Logo, o cabo Cinético, por onde se produce a caída da luz sideral, erguéndose altivo como último bastión da rica Europa, cando ésta se precipita nas ondas do Océano poboado de monstros."


QUAESTIO.
Podería ser Ofiusa o nome máis antigo deste territorio que hoxe é Galicia?
Algúns autores cren que en realidade estas serpes eran os celtas saefes ou serpes, que tiñan aos ofidios por animal totémico. Será esta a narración que confirma as raíces celtas da cultura castrexa?

Que teñen que ver os mouros cos castros?
Procura algunha lenda sobre mouros ou mouras dos castros na marabillosa páxina de Galicia Encantada
consulta aquí Galicia Encantada
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
TERRITORIO CASTREXO
Territorio castrexo
A extensión no espazo da cultura castrexo abarca máis alá do que é a actual Galicia. Inclúe o Norte de Portugal e unha parte do que son hoxe Asturias, León e Zamora. Un territorio que, como veremos logo vai ser o que os romanos denominen Gallaecia, pois van ser eles os que nos introduzan na historia ao seren os primeiros en escribr sobre nós e nomear esta terracomo Galicia.

Cronoloxía do fenómeno castrexo
A cultura castrexa foi unha cultura protohistórica do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C.
A cultura castrexa nace a finais da Idade de Bronce e pode dicirse que dende o VI a.C. se estende no tempo ata a chegada dos romanos manténdose viva en parte ata o século VI d. C. aínda que esta última etapa se adoita coñecer co nome de época "galaico-romana".





QUAESTIO:
Cantos castros cres que se calculan que hai documentados tan só no territorio da actual Galicia?
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal