VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuestionario sobre a xeografía da GRECIA ANTIGA
O Espazo, a Historia e a Lingua da Grecia Antiga.

Imos polo primeiro dos apartados relacionado coa XEOGRAFÍA:

1- Cal é a orixe do nome de Grecia? Pero cal era o nome que lle daban ao seu país os propios gregos? Que sabes da orixe deste outro nome?

2- En cantas partes dividimos tradicionalmente a Grecia Antiga? Podes consultar o libro de clase.

3- Indica unha cidade importante para cada unha das partes nas que antes dividiches a Hélade?

4-Cres que é certo que Grecia é o segundo país máis montañoso de Europa? Razoa a resposta.

5- Cres que é certo que hai máis de 3000 illas de moi diverso tamaño que pertencen hoxe ao territorio de Grecia? Razoa a resposta.

6-Utilizando un mapa mudo coloca nel as seguintes cidades e montes da Grecia Antiga:
Atenas, Esparta,Troia, Mileto, Micenas, Cnosos, Olimpia, Delfos, Tebas.

Monte Olimpo, Monte Ida, Monte Parnaso, Monte Taigeto.

7- Volvendo a usar o mapa anterior coloca agora os nomes das seguintes rexións,illas e mares (usa neste caso as maiúsculas):
ÁTICA, LACONIA, CRETA, MACEDONIA.
EUBEA, ILLAS CÍCLADAS, RODAS, ÍTACA,LESBOS.
MAR EXEO, MAR XÓNICO.


8- LÉXICO: Agora tendo en conta que mar en grego é "thalassa", que "oros" é montaña, que "nesos" significa illa e que o río en grego dicíase "potamos", intenta explicar o significado das seguintes palabras compostas de orixe grega e que están relacionadas coa xeografía grega unha vez que sabes o que significa un dos seus étimos:

-Polinesia:

-oroxénese:

-hipopótamo:

-Mesopotamia:

-Melanesia:

-talasocracia:

-Micronesia:

-talasoterapia:

-orografía:

-Dodecaneso

-orónimo:

9-Copia o mapa máis grande que aparece na entrada antes dita no departamento de Clásicas e realiza esta actividade:
No mapa de Europa e o Mediterráneo coloca o máis certeiramente posible os seguintes conceptos relacionados coa xeografía da Antiga Grecia:

-Magna Grecia, Grecia Septentrional, Peloponeso, Espóradas, Chipre, Grecia de Asia Menor, Xonia, Cirene e Sicilia.

Aquí tedes unha descrición da antiga Hélade en video:




Categoría: GRECIA - Publicado o 12-11-2008 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Música grega de hoxe
http://www.colexiosannarciso.com/departa/clasicas/No%20templo%20de%20Zeus.jpg


Con esta canción Elftheria Arvanitaki inaugurou os Xogos Olímpicos de Atenas no ano 2004.




Σαν γυναίκα γεννά
στο χώμα η νύχτα το πρωί
κι όλα βγαίνουνε ξανά
και γίνονται ζωή.

Ποια παλιά κιβωτός
μέσα απ' του χρόνου τις στοές
βγάζει ακόμα στο φως
ζευγάρια αναπνοές.

Δυνατά, δυνατά
γίναν όλα δυνατά τ' αδύνατα
Δυνατά , δυνατά
σ' ένα θέαμα κοινό
Δυνατά, δυνατά
κι όπως πάνε του χορού τα βήματα
με τα χέρια ανοιχτά
όλα τα περιφρονώ

Μα σαν γυναίκα γεννά
στο χώμα η νύχτα το πρωί
κι όλα βγαίνουνε ξανά
και γίνονται ζωή

Ποια παλιά κιβωτός
μέσα απ' του χρόνου στοές
βγάζει ακόμα στο φως
ζευγάρια αναπνοές.

Δυνατά, δυνατά
γίναν όλα δυνατά τ' αδύνατα
Κι αναμμένο πετά
σπίρτο η γη στον ουρανό
Δυνατά, δυνατά
κι όπως πάνε του χορού τα βήματα
με τα χέρια ανοιχτά
όλα τα περιφρονώ

Κι όλο κάτι λέω
κάποια αγάπη κλαίω
κι όλο μέσα μου θρηνώ χαλάσματα
Με τα χρόνια μου
στα σεντόνια μου
σαν φαντάσματα.

Δεν υπάρχουν πολλά
που να ελπίζουμε μαζί
κοίτα, κοίτα ψηλά
κι άλλος αιώνας ζει.


Como unha muller nace

Sobre a terra, a noite, a mañá

e todo sae cara fóra de novo

e convertese en vida.


¿Que vella arca

dentro das galerías do tempo

Saca ainda á luz

Respiracións parellas?


Forte posibilidade, forte posibilidade,

Converteuse nunha forte posibilidade
todo o débil.

Forte posibilidade, forte posibilidade,
nun espectáculo común.

Forte posibilidade, forte posibilidade,
e segundo avanzan os pasos da danza

Coas mans abertas

Todo o desprezo.


Pero como unha muller nace

Sobre a tierra, a noite, a mañá

e todo sae cara fóra de novo

e convertese en vida.


¿Que vella arca

Dentro das galerías do tempo

Saca aínda á luz

Respiracións de dous en dous?


Forte posibilidade, forte posibilidade,

Converteuse nunha forte posibilidade todo o débil.
e un mixto encendido

lánzalle a terra ao ceo.

Forte posibilidade, forte posibilidade,
e segundo avanzan os pasos da danza

Coas mans abertas

Todo o desprezo.


E continuamente digo algo,

choro por algún amor,

e continuamente dentro de mín lamento as miñas ruínas.

de todos os meus anos

amoratallada nas sábas

Como fantasmas.


Non hai moitas cousas

Que podamos esperar xuntos.

Mira, mira alá no alto

un novo século cheo de vida.







para saber máis sobre Eleftheria
Categoría: GRECIA - Publicado o 13-06-2008 06:29
# Ligazón permanente a este artigo
VESTIRSE COMO UN GREGO
Para vestir como un grego temos que consultar varias páxinas. Nos enlaces que che ofrecemos máis abaixo poderás elixir un traxe axeitado e do teu gusto.
unha páxina moi completa
para ver máis modelos
para completar información xeral
Categoría: GRECIA - Publicado o 25-05-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre as Olimpíadas: Carreiras de carros
Unha famosa secuencia da película Ben Hur reproduce para o cine unha carreira de carros á romana, algo moi semellante ocorrería no hipódromo de Olimpia:



Esta é unha versión máis antiga do 1925:

para saber máis sobre as carreiras na Antigüidade
para repasar o cine e a mitoloxía nunha páxina completiña
Categoría: GRECIA - Publicado o 21-05-2008 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visión dos Xogos Olímpicos na Antigüidade
Un magnífico documento sobre as Olimpíadas na Antigüidade:


www.Tu.tv



Sobre a magnífica estatua de Zeus, a terceira marabilla da Antigüidade:



Os tesouros da Grecia Antiga: Documental que relata unha curiosa viaxe de Pausanias no século II d. C. dende Roma a Corinto, Epidauro e finalmente a Olimpia.


www.Tu.tv



E agora o encendido da antorcha do 2008 en Olimpia:



para saber máis
unha guía de Olimpia
outra páxina , outra visión
Categoría: GRECIA - Publicado o 20-05-2008 07:13
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VISITA RÁPIDA Á VIDA DA ANTIGA GRECIA
Unha presentación da historia de Grecia, da Grecia Clásica:


value="http://www.youtube.com/v/bV0iaMUg1zk&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/bV0iaMUg1zk&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/ZCDu4FqcfKM&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/ZCDu4FqcfKM&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/dbKb4Yf_J54&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/zmaxd84dDwE&hl=en">


value="http://www.youtube.com/v/mzp7PX6qh9s&hl=en">













Tres minutos na vida cotiá: Educación e traballo na antiga Grecia:



Un minuto escaso para unha das grandes creacións gregas a escultura:



Aprendamos un pouco de grego antigo:


Vaiamos agora á capital grega, Atenas:



E pasemos agora a dar algunhas explicacións sobre Atenas e o Partenón:



Outra explicación do templo de Atenea:



Os templos gregos son así:



A cerámica grega dúas interpretacións en pouco máis de 5 minutos:






Filósofos gregos:





Algo máis de cinco minutos para unha interpretación de música grega antiga con instrumentos da época:




Por último música en grego moderno:




Categoría: GRECIA - Publicado o 19-05-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
XEOGRAFÍA DA ANTIGA HÉLADE
Aquí tedes unha descrición da antiga Hélade:

Categoría: GRECIA - Publicado o 19-05-2008 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Música grega
Unha cantiga para sacarlle rendemento ao contido:


Categoría: GRECIA - Publicado o 17-03-2008 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: GRECIA - Publicado o 03-03-2008 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal