VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMOS AGORA CON EURÍPIDES NAS TROIANAS
1. Importancia dos prólogos, os monólogos e o “deux ex machina” en Eurípides

Como escritor, Eurípides non é innovador; si o é, en cambio, como dramaturgo: o tratamento dos coros, as escenas de anagnorises ou recoñecemento, a importancia dos prólogos e as monodias, e, moi especialmente, as escenas de deus ex machina teñen en Eurípides un grao de perfección poucas veces alcanzado.
Entre as súas innovacións ao teatro están: reduce aínda máis a importancia do coro e utiliza, en case todas as súas obras ou dramas, un prólogo, para que un personaxe expoña ao público en prosa narrativa os antecedentes do mesmo e canto ao autor parécelle ben.

*Nas súas traxedias é moi frecuente o prólogo no que se narran acontecementos anteriores.
Prólogo: segundo Aristóteles é o que antecede á entrada do coro. As características xerais son: dáse a localización temporaria e únese o pasado do heroe co presente poden participar ata tres actores pero só falan dous e o outro está mudo ou pode ser un monólogo. Infórmaselle ao espectador o porque do castigo que vai recibir o heroe e nesta parte non intervén o coro.

*Son frecuentes as loitas dialécticas que comezan cunha resis (monólogo) de cada un dos protagonistas, para acabar en esticomitías. Os relatos de mensaxeiro son moi artificiosos con abundantes arcaísmos.

*En varias obras o final resólveo un Deus ex machina, :Deus ex machina, quere dicir «Divos a través da máquina». Refírese a un mecanismo de poleas que nos teatros gregos permitía que un personaxe aparecese no escenario coma se descendese desde as alturas. ?Cando o desenlace dunha obra non resultaba fácil e a situación estaba moi envurullada, utilizábase a máquina para facer descender a Zeus, quen era capaz de arranxalo todo nun momento.Grazas á intervención do pai dos deuses o mundo volvía nun instante a estar ordenado, o que era un alivio para o autor da obra, que, deste xeito, saía facilmente de calquera ruela sen saída narrativa?.

AROA POUSA ENTENZA
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 15-04-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
AS NUBES, DESPOIS DA REPRESENTACIÓN
André Rigo

1- Cal á a finalidade do monólogo inicial da obra?
R: De introducir o texto e dar énfase neste personagem que vai ser o principal personagem do texto.

2- Cal é o problema que ten o ancián co seu fillo e a súa muller ?
R: O ancián está canso de facer cousas para o seu fillo. Todo son gastos, compras de cabalos e as débedas. El ten problemas coa súa muller porque ela o deixou xa que estaba cheo de débedas.

3- Recoñeces no nome de Fidípides algún elemento que faga alusión a súa afección favorita?
R: Si , fid = fiel Ipides = Hípica, no proprio nome pon que el é fiel aos caballos e a hípica.

3- Que salvación espera encontrar Estrepsíades no Pensadeiro ?
R: Quere aprender dar discursos para librarse dos acredores .

4- Porque se nega o seu fillo a entrar alí ?
R: Porque di que nese lugar son todos uns charlatáns e o que din non serve para nada.



Grisel Santiago

O coro representa un grupo de nubes que baixan a terra. Que crees que simbolizan?
Grandes divinidades, deusas que nos proporcionan o pensamento, os debates, a intelixencia, etc....

Cal che parece que e o seu papel ao longo da obra?
O seu papel é obedecer as ordes de Sócrates, só as de el.


Chema Santiago

Que poderías dicir acerca da actitude relixiosa de Sócrates e Estrepsíades? Cres que o Sócrates auténtico se recoñecería nesas crenzas? Averigua en qué consiste a parábase dunha comedia e por qué nela o Coro entoa unha oración aos deuses: "A Zeus, que reina nas alturas..."
-Podería dicir que Sócrates ten unha actitude relixiosa distinta a dos demais porque está metido no Pensadeiro que era un lugar onde meditaban. E acerca da de Estrepsíades penso que é relixioso como todo o mundo, aínda que despois se meterá no mundo dos labregos da Atenas de Sócrates.
-Quizás non.
-A parábase dunha comedia consiste en tres cancións alternando con tres discursos. O primeiro discurso moitas veces termina cunha pasaxe que debe ser pronunciada moi rápidamente.
-O coro entoa a oración de: “A Zeus, que reina nas alturas...” porque non poden reprimir o seu poder.


LIDIA SOTO

Que opinas sobre as ensinanzas que Sócrates trata de transmirtir ao seu alumno sobre os xéneros gramaticais?

Sócrates aparece tan estúpido como o campesiño que ten como alumno porque todo o que ensina está mal,rifa ao seu alumno polo que segundo el está mal dito e ensínalle erroneamente a pronunciar como para Sócrates está ben dito.

Por que é tan importante o control da linguaxe para os Pensadores do Pensadeiro?

Porque eles pensan que co simple feito de falar de forma correcta e poder expresar o que queiras podes manipular ás persoas e facelas cambiar de opinión,mesmo se ese cambio de opinión e de razoar pode acabar de mala forma como se ve na obra que ao final as ensinanzas pódense volver contra un mesmo.

NOEMI VEGAS

Cando Estrepsíades consegue que o seu fillo entre no Pensadeiro, prodúcese unha loita entre o discurso decente e o discurso indecente. Cal é o obxectivo da pelexa?
O obxectivo da pelexa é por quen dos dous lle vai a ensinar a Fidipedes e por cal deles ten a razón.

Cales son os principios básicos educativos que defenden cada un dos discursos?
O discurso decente: Defende a educación antiga, a xustiza e a sensatez, é dicir, a sentarse ben, a comportarse nas horas de comida, etc...

O discurso indecente: Defende todo o contrario facer todo o que che pete, ser maleducado, faltar o respecto, etc...

Cales serían ao teu parecer as consecuencias dun mundo rexido polo discurso indecente?
Pois habería inxustizas, guerras non habería ningún respecto entre os humanos, non habería educación, sería un mundo incontrolado.



Daniel Ceneviva

1- Cales son as razones que Fidípides esgrime para xustificar a violencia cara seu pai?
2- Con que outro tipo de sociedade compara á humana para explicar o seu comportamento?

Respostas :
1- Que do mismo modo que o pai pega o fillo , o fillo tamén pode pegar o pai .
2- O outro tipo de sociedade que compara é a dos paxaros.

IRIA PUMAR
Localiza na Apoloxía de Platón o fragmento no que Sócrates se refire a Aristófanes e aos presupostos en que se basa a acusación do tribunal, e coméntao.
Texto:
"O máis desconcertante é que nin sequera deron a cara, polo que é imposible coñecer tódolos seus nomes, a excepción de certo autor de comedias. Isos, pois, movidos por envexas e xogando sucio, trataron de convenceros para, que unha vez convencidos, fórades persuadindo a outros. Son, indiscutiblemente, difíciles de desenmascarar, pois nin sequera é posible facerlles subir a este estrado para que dean a cara e poidan ser interrogados, polo que me vexo obrigado, como vulgarmente se di, a baterme contra as sombras e a refutar os seus argumentos sen que ninguén me replique."


Neste fragmento Sócrates refírese a Aristófanes, quen o ridiculizou en varias das súas obras.



ANDREA RODRÍGUEZ
Lee no Fedón de Platón o fragmento no que se relata a morte de Sócrates.cComenta a imaxe que transmite Platón do seu mestre e compáraa coa que nos transmite Aristófanes nas Nubes.


En “As nubes” amósase, ao principio, un Sócrates coma un gran pensador que todo o sabe, pero a medida que remata a peza móstrase como unha persoa atea,farsante e charlatana(ou iso pensa un dos protagonistas, Estrepsíades).

No Fedón atópase un grande Sócrates, que incluso lle ensina cousas aos seus discípulos e é un relato sobre unha conversa entre Fedón de Elis e Equécrates onde este primeiro lle relata a Equécrates as conversas, vivencias e morte moi detallada de Sócrates.


Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 14-04-2008 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Que hai detrás da VENUS, VULCANO E MARTE de Velázquez
Sabemos que un dos libros de cabeceira de Velázquez era As metamorfoses de Ovidio. seguramente por versión deste compendio de mitoloxía Velázquez tomou inspiracións para os seus cadros. Imos destacar os tres seguintes:


A VENUS DO ESPELLO
Na mitoloxía romana Venus era unha importante deusa principalmente relacionada co amor, a beleza e a fertilidade. A súa equivalente aproximada na mitoloxía grega era Afrodita, aínda que a Venus romana era moito máis poderosa e reverenciada. Era esposa de Vulcano e consideraba devanceiro do pobo romano mediante o seu lendario fundador, Eneas,da que era nai, xogando un papel crucial en moitas festividades e mitos relixiosos romanos.

A pintura de Velázquez, o único espido que realiza o pintor, realízao en Italia nunha viaxe na que coñece a que vai ser a modelo deste cadro que, humanizando o mito, sitúa de costas e mesmo o seu rostro queda desfigurado no espello. Unha Venus que vai ser recoñecida especialmente polo Cupido, o caprichoso neno alado que sempre a acompaña.

A FRAGUA DE VULCANO
O cadro describe o momento en que o deus Apolo, coroado de loureiro visita o lugar onde Vulcano fabrica armas para a guerra. A coroa de loureiro sobre a cabeza permite identificar ao personaxe como Apolo. O deus Apolo asociado ao deus do Sol que todo o ve e que todo o sabe, comunica a Vulcano o adulterio da súa esposa Venus con Marte, deus da guerra, por esa razón todos os personaxes miran con cara sorprendida ao deus que acaba de presentarse no estudo, ata algún deles abre a boca e os ollos para indicar este xesto de sorpresa.
Velázquez inspirouse para realizar esta obra nun gravado de Antonio Tempesta, modificándoo amplamente e centrou a acción narrativa nos xestos e expresións, mediante un estilo clasicista barroco que non recorda nada tenebrismo. Destaca o interese polo espido, como influencia da estatuaria grecorromana e da corrente clasicista de Guido Reni. De Reni podería provir tamén a composición a modo de friso. A Guercino recorda, doutra banda, os tons claros da figura de Apolo.

MARTE
No mito cantado polo bardo no salón de Alcínoo, rei dos feacios.[19] Helios, o divos sol, espiou unha vez a Ares e Afrodita facendo o amor en segredo na casa do esposo da deusa, Hefesto ( Vulcano en versión latina) , a quen alertou presto. Hefesto enfureció e conspirou para atrapar á parella "in fraganti", para o que dispuxo sobre a cama unha sutil rede metálica invisible co poder de inmobilizar a calquera, incluíndo aos deuses. Así atrapou a Ares e Afrodita na seguinte ocasión, traendo entón aos demais deuses para que fosen testemuñas do adulterio (as deusas non foron por pudor), pensando humillalos. Algúns comentaron a beleza de Afrodita, outros que cambiarían gustosos o lugar de Ares, pero todos burláronse deles. Poseidón accedeu a devolver ao cornudo Hefesto o excrex de Afrodita. Cando a parella foi liberada, Ares fuxiu á súa terra natal, Tracia. (Nunha versión adulterada moi posterior, Ares puña a Alectrión á súa porta para que lle avisase da chegada de Helios, pero o mozo quedou durmido e Helios descubriu aos amantes. Ares, furioso, transformou a Alectrión nun galo, que nunca se esquece de anunciar a chegada do sol pola mañá.)

ROSALÍA RIAL GRAÑA

Un complemento en vídeo:


para saber máis sobre VELÁZQUEZ
para ver cadros de Marte e Fragua de Vulcano
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 24-03-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE O MINOTAURO

1.Quen son os minoicos e os micénicos ou aqueos?-Minoicos:habitantes de Creta
-Micenicos ou Aqueos:habitantes gregos (do Peloponeso) procedentes das primeiras invasións indoeuropeas na zona.

2.Quen inventou e por que a lenda do Minotauro?-Os aqueos inventaron esta lenda produto tal vez da envexa ou como vinganza ante o dominio de Minos sobre territorios que desexaban controlar e que non podían pola superioridade e o prestixio cretense.

3.Creta era unha talasocracia.Que significa?-Talasocracia:do grego "thalassa", mar, e "kratos", goberno, denota o estado cuxos dominios son principalmente marítimos. Creta tiña unha poderosa flota que comerciaba cos pobos do Mediterráneo ( Grecia peninsular, Exipto e Chipre, posiblemente Minos foi dono de illas próximas como as Cícladas.

4. Eran os cretenses grandes guerreiros?-Non, porque eran comerciantes, non tiña os seus magníficos palacios amurallados ,nin se conservan restos de armamento en Creta.

5.Diferenzas entre "lineal A " e "lineal B". Está algún destes descifrados?-Lineal A : o que escreben os Minoicos.
Lineal B : o que escribían os Micénicos ou Aqueos, escrita copiada dos Cretenses, pero adaptándoo a súa lingua.
-Si o lineal B está descifrado e grego silábico antigo.

6.Que significa "labirinto"?
-Labirinto:Pazo ou palacio do “labris” machada dobre, símbolo cretense do poder.

7.Como foi destruída acivilización minoica de Creta?
-Primeiro por un maremoto acabou con case toda a súa flota atracada na súa capital, Cnosos, e os aqueos aproveitando esa debilidade aproveitaron e tomaron pola forza a illa.

8.Os Atenienses estaban castigados a levar 7 mozos e 7 mozas ao Minotauro, Por que?-O rei Minos debia sacrificar un fermoso touro, pero encantado co animal negou o sacrificio.
Enfurecido ante esta actitude, Poseidón, que ata ese momento favorecera a Minos para que este fose escollido rei de Creta, incitou á raíña Pasifae a ter relacións con animal. Tras da xestación deu á luz a unha criatura metade home e metade touro.
Para burla de Minos, a criatura foi denominada Minotauro. Tamén era chamado Asterión.
O rei entón mandou facer un labirinto no que nada nin ninguén puidese saír. Alí foi encerrado o Minotuaro.
Cada 9 anos os atenienses eran forzados a enviar a Creta 7 doncelas e 7 mozos que eran sacrificados como alimento ao Minotauro. A razón ( aínda estou buscándoa…)

Andrés Ríos
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 03-03-2008 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
AS MULLERES DE ENEAS

1-Como desaparece Creúsa, filla de Príamo o rei de Troia e primeira muller de Eneas?
Desaparece por voluntade divina durante a fuga de Troia.Dise que Creúsa foi raptada por Afrodita.Cando Eneas volve a Troia a buscala aparécelle unha sombra da súa esposa que lle predice que vai ir a Italia e o seu matrimonio con Lavinia.
2-Como se namorou Afrodita de Anquises?
Cando este coidaba do seu rabaño,no monte Ida,Afrodita tivo un desexo e seduciuno.
Acercouse presentándose como a filla do Rei de Frixia,Otreo,a quen Hermes raptara e transportara aos prados do Ida. Máis adiante esta reveloulle quen era,e díxolle que lle proporcionaría un fillo,Eneas,mais non debía dicir a ninguén que era fillo dunha deusa. Algúns falan de Lirno,un 2º fillo que tiveron Afrodita e Anquises.
3- Dido, a raíña de Cartago, un amor frustrado:
Cando Eneas chega a Cartago,Dido enamórase e Eneas a corresponde,e cando este parte a buscar unha nova patria,Dido organiza unha pira para quemar todos os recordos de Eneas e finalmente se suicuida
4-Como expresa Dido o seu amor por Eneas?
Suicidándose ao queimarse na pira que erguera.(A continuación un resumo da desgraciada historia deste amor).

UN AMOR FRUSTRADO POLO DESTINO
Venus queixábase ante Xúpiter das desventuras do seu fillo humano; as súas queixas tiveron éxito, pois o rei dos deuses enviou a Dido o seu mensaxeiro Mercurio para que lle acollera como hóspede ilustre e non como inimigo.Tras esa promesa,Venus aparecéuselle e lle fixo entrar na cidade xunto cos seus compañeiros baixo unha espesa néboa que lles ocultaba.
Dido estaba entón inaugurando un templo dedicado á deusa Xuno; ao ver os seus compañeiros (Eneas estaba aínda baixo a néboa), preguntoulles por Eneas, rapidamente disipáronse as nubes e presentouse. Dido invitoulles ao seu palacio, non sen que antes Acates, fiel compañeiro, fose a buscar ao fillo de Eneas, Ascanio, á praia a que foran arroxados polas ondas. A deusa Venus puxo en marcha outro plan para que Eneas puidese chegar a Italia e simultaneamente descansar durante un tempo: Ordenou ao seu fillo Cupido, deus do amor, que lanzase as súas frechas do amor sobre Dido; de esta maneira, quedaría prendada por Eneas e el, sen embargo, non sentiría moito no seu corazón o día da partida.Durante a cea o corazón de Dido se ía inflamando cada vez máis do amor polo heroe troiano.
Á mañá seguinte, Dido dedicouse a pasear polas murallas da cidade;seu corazón non puido descansar ata que lle contou a súa irmá Anna os seus sentimentos; esta animouna a facer caso do seu corazón. No ceo,as deusas seguiron conspirando para que Cartago e Troia non se separasen, con propósitos distintos, Xuno que o matrimonio chegara a bo termo,Venus que seu fillo descansara e así puidera fundar a cidade á que estaba destinado. Deciden a súa voda nunha cova, ás agachadas de todos, no curso dunha cacería.
Cando a cacería estaba case rematada, Xuno desatou unha gran treboada e cubriu cunha nube aos amantes; estes a súa vez decidiron refuxiarse nunha cova. Dido quería saber dos sufrimentos de Troia e dos seus habitantes;as respostas de Eneas lle facían namorarse cada vez máis. A pesar do temor a que o amado puidera partir, Dido entregouse a Eneas.
Ao seu regreso á cidade, todo os habitantes estaban ao tanto do sucedido;a alegría na cidade era grande, incluso á raíña se lle escapou que celebrara a voda con Eneas. Mais a felicidade non durou moito para os amantes.
A nova non tardou en chegar ás rexións veciñas. Iarbos,antigo pretendente de Dido e sempre desprezado por ela, presentou as súas queixas a Xúpiter, de quen era descendente. A súa vez Venus recordoulle que o destino de Eneas sempre fora fundar unha novaTroia en Italia. Estes dous feitos fixeron que de novo enviase a Mercurio á Terra; mais nesta ocasión as ordes irían dirixidas a Eneas: “Esquece a Dido e sae cos teus compañeiros e fillo a Italia”. Esta misiva entristeceuno, mais o sentido do deber, así como as palabras dos seus compañeiros, convencérono.
Repararon as naves, pintaron os cascos e aprovisionáronas de víveres. Estes traballos non pasaron desapercibidos a Dido, quen lle reprochou: “Qué será de min? Vou quedar nesta terra soa e desamparada?”. Eneas intentou convencela de que non a deixaba por falta de amor, senón que o facía porque os deuses así o querían, mais todo foi en vano. Incluso lle ameaza có suicidio nunha fogueira xunto ao palacio real. O piadoso Eneas ordena, por incitación de Mercurio, que os seus compañeiros armen as naves e se afasten das costas de Cartago. Así o fan ao amencer. Dido observa a partida dende as murallas da cidade con inmensa dor.
A historia deste amor acaba co suicidio da raíña. Ante a ausencia de Eneas, preparou unha gran pira con grosos madeiros e colocouse encima dela. De nada serviron as súplicas da súa irmá e dos cidadáns.Tomou unha tea, queimouna e suicidouse.Toda a cidade chorou, os sacerdotes ofreceron os seus sacrificios pola súa alma, mentres, ao lonxe Eneas, entristecido, dende a nave contemplaba o lume físico que a facía desaparecer.
Non foi a última vez que Eneas viu a Dido. Na súa baixada ao Inferno recoñeceuna entre as almas que por alí vagaban. De novo lle explicou as razóns polas que a abandonou, mais ela nin o mirou nin lle falou, tal era a xenreira cara esa persoa á que tanto amara.


PAZOS GÓMEZ,Alberto
para saber algo máis
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 03-03-2008 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
LUPERCALIA
As festas "lupercales" en Roma eran unhas festas que se celebraban o día 15 de febreiro, desterradas polo Papa Vixilio no século VI e substituílas pola Candelaria, que é unha festa da purificacion da Virxe María. O seu nome deriva de lupus (lobo) e hircus (macho cabrío ou animal impuro). Foron instituídas por Evandro o arcadio en honor de Pan liceo (tamén chamado fauno luperco, o que protexía o lobo, e protexía contra Februo ou tamén Plutón).


As festas en honor do fauno Luperco, que se celebraban o 15 de febreiro reciben o nome de lupercalia porque se celebraban no lupercal, unha gruta no monte Palatino onde, segundo a lenda, Luperca, a loba que amamantou aos xemelgos fillos de Marte, tiña a súa guarida.

Sobre o significado das lupercales, algúns autores clásicos poñen o acento no cariz purificador da festividade, mentres que outros fano sobre a aportacion da fertilidade.

Os lupercos eran elixidos anualmente e tiñan a súa sede en Lupercal. A tradición conta que foi instituída por Rómulo e Remo. Segundo Plutarco, ao principio os seus membros eran pastores aínda que, posteriormente, elexíanse entre as familias máis importantes da cidade. Estaban divididos en dúas seccións: Luperci fabiani e Luperci quinctiliani. Ao frente de cada división atopábase un magister.


En canto á orixe destas festas, era unha opinión moi estendida en Roma que proviña de épocas prefundacionais, e se remontaba á chegada dos arcadios. Para outros tratábase dunha festa puramente romana, instituída polos xemelgos ao permitirlles seu avó Numitor que fundasen outra cidade no lugar onde foron abandonados. Tras sacrificar unhas cabras, acoden correndo, cubertos coas peles das vítimas ata aquel lugar.

Seguindo a Plutarco e a Ovidio podemos estruturar así o ritual das lupercales:

1º. Un sacrificio animal dunha cabra, un can ou un macho cabrío na entrada do lupercal. Está presidido polo Flamen Dialis, quen só preside, xa que lle está vedado tocar ditos animais. Asisten tamén as vestais, que preparan a mola salsa á que Ovido chama februa. Ao concluír o sacrificio presentábanse diante do altar dous xoves aos que o sacerdote manchaba na súa fronte co sangue do animal, momento no que os unxidos debian rir.

2º. Namentres os lupercos, dedolan as cabras sacrificadas e cortan as peles en tiras longas, coas que cada un se confecciona un taparrabos e un látigo e inician unha carreira polo Palatino na que dan latigazos a toda persoa que se cruce con eles. As mulleres ofrecense voluntariamente a ser golpeadas nas maos ou nas costas, xa que se cree que os latigazos axudaban a concebir e dar á luz facilmente.

3º. Un banquete coa carne da vítima entre os membros do colexio sacerdotal puña fin á ceremonia pública do sacrificio.


Este acto de purificacion comezou no reinado de Romulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Despois de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: “ Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrio peludo” e esta é a razón pola que os lupercos van uncidos en sangue de animais con peles, golpeando e golpeando cun látigo coma se fose un membro viril.

Para as mulleres este rito aumentaba a súa fertilidade póndolles as carnes de color de púrpura. Esta cor representaba ás prostitutas da época, en especial, ás que exercian a prostitución sagrada cos lupercos na Ara máxima, tamén chamadas lupas ou lobas.

A cristianización da festa
Co paso do tempo, o papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagá das lupercales. Quixo cristianizar esta festividade e a substituíu polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristiano chamado Valentín.

As lupercalia tornaronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e letanías a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba o fauno Luperco. A pesar de todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagán con maior eficacia que todas as prohibicións anteriores.


Das lupercalia puidera asemellarse hoxe a tradición do entroido galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns ou peliqueiros azoutan á xente con débiles fustas de coiro, con cencerros en honor ós pastores dos cales o fauno Luperco era deus, e golpeando con vexegas de porco inchadas.



Estela Portela Pousada
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 21-02-2008 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTERRO DA SARDIÑA de MARÍN

Centos de persoas participaron no "Enterro da Sardiña" que recorreu as rúas Jaime Janer, Bastarreche, Exército e Mariña e Praza de España onde se leu a letanía ou ladaíña.O desfile abríanno os estandartes e os restos da Sardiña seguidos da tradicional Banda do Enterro. Autoridades e veciños, que con anterioridade acudiron ó velorio instalado no palco da música da Alameda, acompañaron despois ó féretro ata o paseo marítimo onde foi votado ó mar entre inmesos choros de dor. Trala morte da Sardiña, Marín pon fin ó entroido.

Cada quen faino como pode, como sabe ou como manda a tradición, pero cada vila ten o seu costume para despedir o entroido. Hainos con forma de animais e de figuras ou sen ningunha relación paarente nin simbólica nin de proximidade. O Meco en Santiago e Lugo, a Parrocha en Coruña, o Felipe en Ribeira, o Ravachol en Pontevedra e, máis común, a sardiña en numerosas localidades. Todos actos simbólicos e rituais para poñer colofón e punto e final a cinco días de escarnio, comparsas e celebración. Agora tempo de cuaresma.

“Sardiñas” por todos os sitios

A máis común e tradicional forma de despedir o entroido son os numerosos "enterros da sardiña" que encheron de lumeiras e de cor a despedida do Entroido. As sátiras e as críticas sociais foron os predominantes e en cada cidade e localidade houbo tamén un repaso aos temas de actualidade municipal. Por exemplo, na Coruña a parrocha foi enterrada no mar (desde a praia de Riazor) mentres que o deus Momo. En Santiago, queimaron o Meco que estivo na fachada do Pazo de Bendaña durante o tempo no que duraron os festextos. E de capital a outra, a Ourense, onde as viúvas do entroido enxoitaron o seu pranto cun cocido que se reparteu na alameda ourensá.

aLEXANDRE rODRÍGUEZ mOREIRA
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
A PALABRA ENTROIDO
Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

As denominacións destas festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas" (de "carne" e "tolere", "levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características comúns destes días.

A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de entrada ou comezo. Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que a súa apropiación por parte do cristianismo nos faga pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao carnaval actual.

Outras interpretacións
Pero a finais do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

Nerea Pazos Janeiro e Bruno Pazos Martínez
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
AS FESTAS DIONISÍACAS

Entre os gregos antigos, as festas de Dionysos (Baco para os romanos) inscríbense no calendario agrícola xa que celebran os poderes da terra, a auga, o sangue e o esperma.
De igual modo simbolizan os excesos de vitalidade nas súas epifanías animais, convertido en touro, león ou macho cabrío.
Desde a época antiga, en Atenas celebrábanse catro festas en honra ao deus.
As dionisíacas dos campos tiñan lugar en decembro cando un cortexo paseaba en procesión un enorme falo acompañado por bailes e cancións.
Os festexos incluían competencias de destreza (especialmente en tomar viño), mascaradas e desfiles de personaxes disfrazados de animais.
A mediados do inverno celebrábanse as Leneas, entre febreiro e marzo celebrábanse as Antesterias e en marzo-abril as "Grandes Dionisíacas" onde se abrían as tinajas con viño da colleita anterior para ofrecer libacións ao deus e logo probábase o viño novo.
A euforia e a embriaguez anticipaba a aparición do deus na cidade e festexaba a renovación da vida.
Como se supuña que o deus viña do mar, a procesión incluía unha carroza en forma de barco "carrus navalis" sobre a que ía un Dionysos rodeado de acios de uvas e dúas sátiros que tocaban a frauta. Non faltaba o touro sacrificial.
A basilinna (esposa do rei da cidade) subía ao carro e alí desposábase co deus. Agora formábase un novo cortexo que se dirixía cara ao boukeleion, lugar sacro parecido a un cortello, onde o deus e a raíña consumaban a hierogamia.
É probable que esta unión simbolizase o matrimonio do deus coa cidade. Os tres días das Antesterias eran nefastos xa que retornaban os espíritos dos mortos e con eles as kéres, espíritos maléficos.
As Bacantes de Eurípides dános testemuño do frenesí que se apoderaba das mulleres durante as festas dionisíacas.
Os ritos celebrábanse de noite, lonxe das cidades, mediante o sacrificio de vítimas por descuartizamiento, comía a carne crúa dos animais que representaban as distintas epifanías do deus, aleitaban cervatos, derramaban leite e sangue na terra.
Que entre estas liberdades figura tamén a liberación con respecto ás prohibicións, regulacións e os convencionalismos de orde ética e social, parece certo, e iso explicaría, en parte, a adhesión masiva das mulleres" (MIRCEA ELIADE, Historia das crenzas e das ideas relixiosas, Edicións Cristiandad, Madrid, 1978, p.381
Ritos con participación de máscaras teriomorfas, falofaria, sacrificios de sangue, omofagia, antropofagia, evidencian, no mundo grego, o residuo ancestral das culturas prehistóricas, definitivamente incorporadas, xa que non deixaron de crear novos valores nas culturas que recibiron este legado.

Aroa Pousa Entenza
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A ILÍADA de HOMERO
Despois de ver na aula as secuencias máis importantes de TROIA, a película do ano 2004, imos afondar sobre as semellanzas e diferenzas co texto de Homero, base fundamental da mesma.
Estas cuestións son para resolver cos textos da Ilíada de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero)Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, qué hai de certo?
9- Nomea cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
para saber se sabes xogando
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 22-01-2008 06:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal