VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE Unha ollada atrás, cara o Mediterráneo.
Ao estar tan próximas as Olimpíadas será esta unha das primeiras Unidades deste curso 2008/09.Propoñémoslles aos alumn@s unha visualización da exposición realizada o ano pasado, botar unha ollada cara o Mediterráneo na Antigüidade:

I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- ¿Que destacarías como máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- ¿En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos?
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego
b) Na época que florecen as polis e o dominio comercial grego por mar
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-¿Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamía? ¿Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- ¿Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- ¿Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por qué se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus que anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis
- Cales eran o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia.
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres
-Qué tipos de carreiras a pé había en Olimpia
- Qué diferencia a topas coas que se levan acabo hoxe en día.
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Qué diferencia atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia.
-Que significa a palabra grega “discobolo”
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Qué tipo de probas se realizaban no hipódromo
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalo/os ¿por que?
a)Porque os xuíces olípicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabaleiría.
X – A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a)Si había competicións femininas, pero non eran en honra de Zeus
b)Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estabam adicadas as probas feniminas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban adicadas aos deuses do mal
b) Eran probas rituais adicadas á Deusa Nai, deusa mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban adicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoismo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grego non podía faltar un ximnasio, por qué se chama así:
- Para qué se empregaba o aceite por parte dos atletas.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Qué significa “panhelénicos”
- Cales eran os outros xogos e a qué deus se dedicaban:
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo

XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a)Perdida do espíritu olímpico ao ir profesionalizándose máis os atletas
b) Pola presión dos emperadores cristianiáns que fan destruir o templo de Zeus
c)Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico.
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 30-09-2008 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE AS NUBES DE ARISTÓFANES
Cal é a finalidade do monólogo inicial da obra?
Coñecer a Estrepsíades e ver o desgraciado que é.
Cal é o problema que ten o ancián co seu fillo e coa súa muller?
A súa muller é unha muller rica de cidade e o seu fillo gástase todo en carreiras de cabalos deixando ao seu pai endebedado.
Recoñeces o nome de Fidípides nalgún elemento que faga alusión a sua afición favorita?
Fides Hipides (amigo dos cabalos).
Que salvación espera encontrar Estrepsíades no Pensadeiro?
Quere que o seu fillo aprenda o discurso indecente para non ter que pagar as súas débedas.
Por que se nega seu fillo a entrar nel?
Porque di que son uns sinvergonzas e miserables.

Respostas de CARLA DOPAZO


Cales son as razóns que Fidípides esgrime para xustificar a violencia cara seu pai?
Con que outro tipo de sociedade compara á humana para explicar o seu comportamento?

É o fillo de Estrepsiades. Encántanlle os cabalos e ese é o motivo principal da desdicha e das débedas do pai. Ao principio do libro parece máis ben ignorante e ao final convértese nun home audaz e ata certo punto malévolo.
Ao principio da obra aparece un Estrepsiades asustado e angustiado pola cantidade de débedas que ten. Decide enganar a todos os acredores nos xuízos pero o tiro sáelle pola culata, poderíase dicir. O seu fillo termina rebelándose contra el no canto de utilizar o aprendido contra os acredores. Ao final da obra aparece un Estrepsiades desenganado e enfurecido.
O vello Estrepsiades, angustiado polas débedas da equina afección do seu fillo, lle
pide a este, de nome Estrepsiades que vaia á escola de Sócrates para aprender un argumento mellor (un sofisma, ao fin e ao cabo), porque sostendo o padre este argumento ante o tribunal, libraríase de pagar as débedas .
O raparigo négase e é o pai, Estrepsiades o que decide ir aprender a
a rocambolesca escola socrática, na que Sócrates preséntallenos como un
sabio pouco cordo suspendido no teito grazas a unha cesta, desde a que ob-
serva os fenómenos celestes, e invoca aos únicos deuses nos que o cre :
Aire, Eter e Nubes. Ante a invocación chegan as nubes en formade coro e tras
unhas explicacións de Sócrates acerca dos fenómenos naturais, o coro de nubes fala co público de temas variados.
Logo disto , o vello, xa instruído, fai rir ao público demostrando o que
aprendeu. Ao ser expulsado do caviladeiro (É este o nome que o poeta
lle dá á escola de Sócrates) pola súa inutilidade para o estudo, Estrepsiades obri-
ga ao seu fillo Fidípides a que se instrúa nun dos dós argumentos:o xusto , ou
o inxusto. O fillo decántase polo argumento inxusto, e unha vez apreso regre-
sa a casa co seu pai, que o día do xuízo actúa de xeito insolente cos acredores, pero o seu fillo trunfa co peor dos argumentos, e é por iso que o
pai decide ofrecer un banquete ao seu fillo por salvarlle o pescozo. Con todo, en
unha discusión acerca do que se ha de facer no banquete, o fillo pega ao seu pai que se pon a gritar, pero Fidípides convence ao pai de que és lícito que un
fillo péguelle ao seu proxenitor, grazas ao argumento inxusto. O pai contrariado
cos ensinos do filósofo prende lume ao caviladeiro con Sócrates e os seus
discípulos dentro.

Carla González




-Que poderías dicir acerca da actitude relixiosa de Sócrates e Estrepsíades? Cres que o auténtico Sócrates recoñeceríase con esas crenzas? En que consiste a parábase dunha comedia e por que nela o coro entoa unha oración aos deuses: “ A Zeus, que reina nas alturas…”?
Sócrates era sofista, o seu principio filosófico básico descansaba na defensa e na existencia de valores universais. A Sócrates o que lle interesaba era fundamentalmente a formación de ben, cos que a súa actividade filosófica quedaría reducida á dun moralista práctico: o interese polas cuestións lóxicas ou metafísicas sería algo completamente alleo a Sócrates. Pouco riguroso considerabase no relato que fai Aristófanes de Sócrates na comedia “as nubes”, onde aparece como un sofista burlón e que non merece maior consolidación.
Estrepsíades era o heroe da comedia e o portavoz do rumor popular. Era o pai de Fidípides que quería acabar coas débedas que o seu fillo lle ocasionara cos cabalos. El foi á escola de Sócrates onde lle dixeron que Zeus non existía e que as nubes eran unhas deusas moi importantes.
Sócrates na súa vida real era un filósofo grego. Non tiña os mesmos pensamentos que na obra das Nubes xa que se trataba dunha persoa que se centraba na sociedade, abandonando o predominio do interese polo estudo da natureza. Probablemente Sócrates estudara os sistemas de Empédocles.
A parábase é o momento na obra no que todos os actores saen o escenario e se quedan soamente os membros do coro para dirixirse directamente ao público. Os membros do coro abandonan parcialmente o seu papel dramático para falar co público sobre un tema completamente irrelevante ao tema da obra.

José Enrique Henríquez Reynoso


Cando Estrepsíades consiegue que o seu fillo entre no Pensadeiro, prodúcese unha loita entre o discurso decente e o indecente. Cal é o obxectivo da pelexa?
Que aprenda ambos discursos ou alomenios o indecente.
Cales son os principios básicos educativos que defende cada un dos discursos?
O discurso decente defende os principios antigos:obedecer, ir a clase,etc
O discurso indecente defende os principios modernos:levarse polos demais non ir a clase,etc...

Cales serían as consecuencias nun mundo rexido polo discurso indecente?
Sería boa durante un escaso tempo pero terminaría en Caos

Fran Argibay Juncal.


Sobre a intervención de Aristófanes no Banquete de Platón:
Banquete de Platón

O cuarto en expor a súa tese sobre o amor é Aristófanes, é apropiado prevalecer que produce unha fantástica pretensión antropolóxica. Establéceo mediante un mito, a idea do amor entre dous contrarios, onde di que esta unión de corpos opostos é inferior á unión de corpos semellantes, é dicir, muller con muller e home con home. Onde está por encima este último de todos os amores que se poidan establecer, xa que é o máis nobre. Como dixen anteriormente é interesante resaltar a utilización de mitos nesta época. Onde sitúa nun mesmo nivel o amor dunha persoa afecta á súa mesmo sexo e doutra contraria ao seu sexo, o cal, desde a perspectiva de progreso moral é un descoido. e tamén resalta que para alcanzar ao amor verdadeiro hai que obrar a favor dos deuses o cal lévanos a unha escenario, para a miña reflexión plenamente arcaico, co fin de localizar o amor verdadeiro.Podemos resumir o amor nos seguintes trazos:
*É eterno; nin nace, nin morre; non aumenta nin diminúe.
* O amor é universal, e todo esta relacionado con el.
* Omnipresente, tanto no terreal como no divino.
* A beleza é unha esencia por si mesma (non hai amor belo e amor feo)

Alba Moreira






Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 14-04-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
TESEO E O MINOTAURO

Cóntase que en Creta reinaba Asterión quen casara con Europa despois de ser raptada (baixo a forma dun touro branco) e seducida por Zeus. Asterión adoptou aos seus tres fillos do deus e de Europa: Minos, Sarpedón e Radamantis. Á morte de Asterión, minos dixo aos seus irmáns que os deuses desexaban o seu mandato sobe a illa e que o demostrarían concedéndolle o que solicitase. Foi cando Poseidón, atendendo ás suplicas de Minos enviou como sinal un magnífico touro saído do mar, que debería ser sacrificado por Minos en canto fose proclamado rei. Mais o rei non sacrificou ao animal por conservar a súa raza entreos seus rabaños. A vinganza do deus non se fixo esperar.
1-De quen vén sendo fillo o Minotauro?Da raíña de Creta, Pasifae, esposa do rei Minos e dun touro sagrado enviado por Poseidón, que debería ser sacrificado polo rei como agradecemento ao deus do mar. O castigo por non cumprir o prometido foi que a raiña concebise unha paixón polo animal que rematou co nacemento dun monstro con cabeza de touro e corpo de home ao cal chamaron Asterión. Axiña foi encerrado nun labirinto obra do ateniense Dédalo.
2-De quen vén sendo filla Ariadna?De Minos e Pasifae, que tiveron varios fillos máis, entre eles Androxeo, quen logo morrerá en Atenas.
3-Onde naceu Teseo e cando parte cara Atenas?
Naceu en Trecén e parte cara Atenas, cando move a rocha onde o seu pai deixara unha espada para el. O motivo da partida é coñecer ao seu pai Exeo, rei de Atenas que acudira a Trecén coa intención de ter un fillo. Mais en Atenas agora gobernaba desposado coa meiga Medea.
4-Que principais fazañas realiza Teseo antes de chegar a Atenas?Matar os asasinos e os monstros dos camiños para que foran máis seguros. Son as aventuras do heroe que aparecen na ilustración. Lembra a lectura da aula: Sinis o asasiño dos piñeiros, Procustes o qu asasiñba nun leito viaxeiros. Perifetes ao que se enfronta cunha maza. Tamén está a Porca salvaxe de Cromión e Escirón quen arroxaba dende un cantil as súas vítimas cando ían lavarlle os pes, e logo no mar eran devorados por unha tartaruga xigante.
5-Como foi recoñecido polo seu pai?Pola espada e as sandalias que levaba, que era o que puxera o rei Exeo debaixo da rocha. No momnto en que o recoñece pola espada impide que beba un veleno mesturado co viño que Medea lle ofrecera para desfacerse del.
6-Que ocorre con Medea?
Cando se entera de que Teseo é aceptado polo seu pai, Medea dí un conxuro e desaparece antes de que Teseo poida facer nada. Durante moito tempo resoan no palacio as imprecacións da maga. Pero Exeo e o seu fillo nos lles conceden moita importancia.
7-Por que tiñan que ir os atenienses a Creta?Nun combate contra un touro en Atenas, Androgeo, fillo do rei de Creta morreu e seu pai, Minos, acusou á cidade de Atenas de ser responsábel da morte do seu fillo e esixíu que lle enviasen durante nove anos un tributo de sete homes e sete mulleres para lle servir de alimento ao Minotauro.
8-Como logra Teseo matar ao Minotauro?Ariadna sostén na entrada do labirinto un nobelo de fío de ouro.Teseo colle un extremo do fío, entra no labirinto, e mata ao Minotauro dándolle un terrible. Finalmente, Teseo sae do labirinto guiado polo fío de ouro que Ariadna sostén a saída. Ariadna parte con Teseo pois esa fora a promesa do heroe.
9-Casa Teseo con Ariadna?Non, Teseo abandona a Ariadna nunha praia da illa de Naxos, mentres durmía. Ariadna logo será liberada polo deus Dionisos.
10-Como se chama o pai de Teseo? Por que morre no mar que leva o seu nome? Exeo.Teseo esqueceuse cambiar as velas negras polas brancas da vitoria sobre o monstro como prometera. As velas negras eran sinal de infortunio. Cando Exeo viu as velas negras pensou que o seu fillo fora derrotado e lanzouse dende os cantís e morreu afogado no mar que agora leva o seu nome.

CARLA LAVANDEIRA.
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 27-02-2008 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTERRO DA SARDIÑA EN MARÍN
Co enterro da sardiña pechouse o ciclo de Don Carnal e comeza a abstinencia. Atrás quedan os días de exceso e risos e por diante ábrese o tempo de xaxún que, no santoral católico, precede á Semana Santa. O primeiro enterro data de 1981 e participaron unicamente os Enterradores, unha comparsa de Marín (Xarangallo Mangallo) e mentras desfilaban, integráronse de forma imprevista, un grupo de Abelendo que máis tarde chamaríanse Renovación. Actualmente o enterro da sardiña en Marín consiste en ler unha pasaxe e despois facer un desfile aberto por uns estandartes, unha corte fúnebre de penitentes e os restos da sardiña seguidos da tradicional Banda do Enterro. Autoridades e veciños, qe anteriormente acudiron ao velatorio instalado no palco da alameda, acompañan despois ao féretro ata o paseo marítimo onde o arroxan ao mar entre inmensos berros de dor. Trala morte da sardiña, Marín pon fin ao entroido.

Salomé Cerviño Rosales
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO GALEGO
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir corenta días antes do domingo de Ramos).

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.

A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Entre os chamados "ritos de grupo" (a súa orixe e significado é descoñecida) pódense citar:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia) , os distintos Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres. Animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas; os Correos, que van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón, os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX. Nalgunhas das parroquias realízanse tamén encontros ou "saltos" entre os xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés.

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

A COMIDA NO ENTROIDO

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha,a androlla, a bica, as orellas ou tamén outros doces. Os chourizos, o lacón con grelos ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno.

OS PERIODOS DA ESMORGA

Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta da é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.

Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.

Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.

Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.

Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña

Destácanse o Entroido de Verín, Laza, Xinzo da Limia, Manzaneda, Maceda, Viana, Sarreaus, Vilariño de Conxo, Ulla, etc.

Dentro do Entroido urbano, pódese nomear ó da cidade de Pontevedra que se remonta ó ano 1877, cando, pola iniciativa da familia Muruais foi organizada unha grande representación da batalla entre o Rei Urco, que viña tomar a cidade e Teucro, mítico fundador e defensor da mesma. A batalla, realizada con armas de pan, rematou coa sinatura da paz e un desfile pola cidade. Desde entón, o Entroido foi celebrado ata os anos da prohibición. Pero a festa volveu ás rúas no ano 1984.

Na cidade da Coruña, o Entroido conta cunha tradición que vén xa desde o século XIX, con celebracións na rúa e a representacións do "Apropósito", esperpéntica obra de teatro que anualmente repasaba a actualidade en clave satírica mesturando personaxes reais e míticos.

Na cidade de Ourense, a pesar de ser un Entroido urbano, mantense moitas características propias da celebración tradicional galega. Así, na Cidade das Burgas, na súa Praza Maior son celebrados os "Xoves de Comadres" e os "Xoves.


Enrique Gonzalo Martín e Conchi Pérez Blanco




Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS LUPERCAIS
A festa das Lupercais (en latín lupercalia) era unha festa que se celebraba ante diem XV Kalendas Martias, que equivale ao 15 de febreiro. As Festas Lupercais eran, na antiga Roma e foron desterradas polo Papa Vixilio no século VI ao substituílas pola candelaria.
O seu nome deriva supostamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e hircus (macho cabrío, un animal impuro). Foron instituidas por Evandro o arcadio en honor de Pan Liceo (tamén chamado Fauno Luperco, o que protexía ao lobo, e protexía contra Februo, ou tamén Plutón).Un corpo especial de sacerdotes, os Lupercos ou Luperci (Sodales Luperci ou amigos do lobo) eran elixidos anualmente entre os cidadáns máis ilustres da cidade que debían ser na súa orixe adolescentes que sobrevivían da caza e o merodeo no bosque durante o tempo da seu iniciación na idade adulta, o que por aquel entón era un tempo sagrado e transitorio en que se comportaban como lobos humanos. Reuníanse o 15 de febreiro na recentemente atopada gruta do Lupercal (máis tarde chamada Ruminal en honor a Rómulo e Remo) no monte Palatino. Segundo a tradición foi neste lugar onde Fauno Luperco, tomando a forma dunha loba, aleitara os xemelgos Rómulo e Remo, e en cuxo honor se facía a festa. A tradición conta que alí había unha figueira cuxas raíces detiveran a cesta en cuxo interior se atoparan os xemelgos Rómulo e Remo. Baixo a sombra desta venerable figueira, a Ruminalis, celebraban o sacrificio dun can e dun macho cabrío, animais que eran considerados impuros. Despois tocábase a fronte dos luperci co coitelo tinguido co sangue da cabra e a continuación borrábase a mancha cun mechón impregnado en leite do mesmo animal. Este era o momento en que os lupercos prorrumpían nunha gargallada de ritual. Logo cortaban a pel dos animais sacrificados en tiras, chamadas februa, que xunto coa deidade sabina Februo, e o sobrenome de Xuno, Februalis (a que purifica), son os posibles candidatos a darlle nome ao mes de Febreiro. Con este aspecto e case espidos, só tapados cunhas tiras de coiro, saían ao redor do monte Palatino onde golpeaban a todos os que atopaban ao seu paso. O ser azoutado polas tiras de coiro dos luperci equivalía a un acto de purificación, e era chamado februatio.Este acto de purificación comezou no reinado de Rómulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Logo de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: "Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrío peludo". E é esta a razón pola que os luperci van espidos uncidos en sangue de animais impuros (coma se viñesen de caza) con peles de lobo, golpeando co látigo como se fose un membro viril.Para as mulleres, este rito aumentaba a súa fertilidade poñéndolle as carnes de cor púrpura. Esta cor representaba as prostitutas da época, en particular as que exercían a prostitución sagrada cos lupercos no Ara Máxima, tamén chamadas lupas ou lobas. Desta cor vestiu Helena de Troia para ofender o seu marido Menelao, que como todos os reis da época, trataban como unha escrava ás súas mulleres.(Hoxe en día é cor do feminismo).Esta celebración adoptouna o emperador Xustiniano I no imperio de Oriente o ano 542, como remedio para unha peste que xa abordelara Exipto e Constantinopla e ameazaba o resto do imperio.

A cristianización da festa
Co paso do tempo o Papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagana das Lupercais. Quixo cristianizar esta festividade e substituílo polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristián chamado Valentín, no ano 270 d.C. As lupercais trocáronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e letanías, a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba Fauno Luperco, agora elevada a esperanzas dunha vida e saúde moito máis alta. Malia todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagano moito máis efectivamente que todas as prohibicións anteriores. Esta celebración uniuse máis tarde á liturxia da Presentación, pola referencia que Simeón fai, no seu canto, a Cristo como "luz das nacións", asociada aos cirios, antorchas e candeas acendidas nas mans dos fieis. O 2 de febreiro cumpríanse corenta días desde que, na época de San Ambrosio, se fixa o 25 de decembro como data do nacemento de Xesús, tamén para desterrar o festexo pagano do culto ao Sol.

As Lupercais e o Entroido galego.
Das lupercais procede hoxe a tradición do carnaval galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns, pantallas ou peliqueiros azoutan á xente con débiles fustas de coiro, con chocas en honor aos pastores dos que Fauno Luperco era deus, e golpeando con tripas de porco inchadas coa man.
Segundo outros autores a orixe do entroido está nas Lupercais romanas que se celebraban 14 días antes das kalendas de marzo. Conta a lenda que atopándose Rómulo no monte do capitolio, cerca da cova Lunaria onde fora amamantado por unha loba, decatouse de que se lle perdera o gando que estaba pacendo. Desesperado, pediulle axuda ó deus fauno Luperco, protector das reses e da fertilidade. Despois de ofrecerlle un sacrificio, o deus ordenoulle correr espido na súa procura polo monte abaixo. Así Rómulo deu con el, e coa soa axuda dun pequeno látego de coiro, voltou a reunir o gando suficiente para continuar fundando o primeiro imperio de occidente. Esta é a orixe das festas Lupercais, que co paso dos séculos convertéronse nunha grandísima celebración orxiástica na que participaba todo o pobo o 15 de febreiro. O folión principiaba cando os mozos baixaban correndo do Capitolio batendo na xente cunha badana. As similitudes entre os mozos romanos e os peliqueiros lázanos é clara, sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia. Os peliqueiros conservan a pelica que antes era de gato e agora é sintética para cubrirse. A súas máscaras, dende tempos inmemoriais que se remontan á dominación romana, están vencelladas ós animais totémicos que coinciden cos sacrificados nas festas das Lupercais: os cánidos (lobo, raposa ou can) e os cápridos (cabra,año ou carneiro).

Alba Moreira Martínez
para saber algo máis sobre FEBREIRO
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A PALABRA ENTROIDO E CARNAVAL
1-Entroido ou carnaval

A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O antroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés de mardi gras, "martes graxo" ou da graxa (touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo carnaval (así no Brasil).

4-Orixe da palabra carnaval

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

Chantal Apuzzo Dopazo e Lucía Baez Bustillo







Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A ILÍADA de HOMERO
Tras visualizar TROIA, a película do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:

NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero). Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos deste episodio pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?
9- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
para saber se sabes xogando
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 22-01-2008 05:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal