VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CAL É A LINGUA NAI DO GREGO E DO LATÍN?

Dende a India a Fisterra encontramos basicamente unha mesmas palabras para denominar o lobo, a raposa, o oso, o cervo e o porco (polo tanto o mundo da caza); unhas mesmas palabras para denominar o boi, a ovella, a cabra, o leite, se a caso os ovos (é dicir, a gandeiría); unhas mesmas palabras para denominar o queixo, a lá, o mel, o sal, o carro, o xugo e a fariña( é dicir, a agricultura); igual acontece co ouro, a prata, o cobre( metarlurxia), co cabalo e co can(animais domésticos), co arco e coa machada (armas), co salmón e co barco, pero non co mar (navegación fluvial). pero, en cambio, non hai parecido ningún entrea as respectivas maneiras de nomear o mar, o león, o tigre e o camelo:

Como explicar tantas coincidencias?

Todos estes pobos que habitan tan amplo territorio teñen linguas que proceden dun único pobo prehistórico:o indoeuropeo.

No mundo hai, se simplificamos e atendemos a súa orixe por continentes, cinco grandes grupos de linguas:

A familia INDOEUROPEA, as linguas euroasiáticas entre as que se atopa o latín e a nosa.

A familia BANTÚ ou de linguas africanas, nas africanas, debemos separar as do centro e sur das do norte que pertence a outra familia.

A familia CAMITO-SEMITA entre as que se atopa o hebreo e o árabe, situadas no norte de África e a parte de Asia próxima ao Mediterráneo.

A familia SINO-AUSTRINA con linguas como o chinés e o xaponés en Asia e todas as de Oceanía.

A familia AMERINDIA das linguas do continente americano quechua, azteca, guaraní...

Un comunicado da Federación Internacional de Tradutores no Día Internacional da Tradución (30 de setembro)vén moi a conto:
"O noso planeta é rico na diversidade lingüística. As aproximadamente seis a sete mil linguas faladas en todo o mundo son o depósito da nosa memoria colectiva e o patrimonio intanxible. Pero a diversidade lingüística e cultural que ofrecen está baixo a ameaza: o 96% destas linguas son faladas por só o 4% da poboación mundial e centos de elas axiña se perderán para sempre.

A UNESCO e as Nacións Unidas pediron aos seus Estados Membros apoiar e protexer a variedade de linguas que se falan polos pobos do mundo. A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural, adoptada en 2001, establece que "a diversidade é tan necesaria para a humanidade como a biodiversidade para a natureza". O seu exdirector, Federico Mayor Zaragoza, dixo:
"Se perdemos a diversidade cultural, perdemos a maior riqueza que temos".


CUESTIÓN: Procura pois unha boa definición de indoeuropeo, despois de informarte convenientemente.Onde se orixinou, como e cando se estende, como caeron na conta os lingüistas de das semellanzas entre as linguas; consérvase algún texto? Por que?. Cantas familias de linguas pertencen a este gran grupo de linguas chamado indoeuropeo? Cantas linguas non indoeuropeas existen actualmente en Europa?

1.1 Cuestión: Tras procurar unha boa definición do indoeuropeo, representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo (podes informarte nesta dirección: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_indoeuropeas) de todos os xeitos a lista de grupos que debe aparecer é : Albanés, Anatolio, Ilirio ( paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias. Non esquezas de situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

1.2 Cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina(Asia oriental e Oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

1.3 Cuestión: Sitúa as linguas romances, románicas ou latinas nun mapa. Investiga tamén sobre cales son as linguas non indoeuropeas de Europa. Cal é a lingua non indoeuropea da nosa península?.Podes informarte en:
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%89uscaro
Comentarios (0) - Categoría: O INDOEUROPEO - Publicado o 13-10-2014 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal