VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PEDRA DA ROSETTA
A pedra da Rosetta é unha pedra que permitiu descifrar os xeroglifos exipcios.




Comentarios (0) - Categoría: O MARABILLOSO INVENTO DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2015 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sócrates e a escrita
Platón, discípulo do famoso filósofo Sócrates, narra así a opinión contraria a escritura do sabio grego:


SÓCRATES: Teño que che contar algo que oín dos antigos, a pesar de que a súa verdade só eles a saben. Por certo que, se nós mesmos puiderámola descubrir, seguiriámonos ocupando aínda das opinións humanas?

FEDRO: Preguntas algo ridículo. Pero conta o que dis haber oído.

SÓCRATES – Pois ben,oín que había por Náucratis, en Exipto, un dos antigos deuses do lugar ao que creo que está consagrado o paxaro que chaman Ibis. O nome de aquela deidade era o de Theuth. Foi este quen, primeiro descubriu o número e o cálculo e, tamén, a xeometría e a astronomía e,ademais, o xogo de damas e o de dados, e, sobre todo, as letras. Daquela era rei de todo Exipto Thamus, que vivía na grande cidade da parte alta do país, que os gregos chaman a Tebas exipcia, así como a Thamus chaman Ammón. A el achegouse Theuth, e mostrándolle as súas artes, dicíalle que debían ser entregadas ao resto dos exipcios. Pero Thamus preguntoulle cal era a utilidade que cada unha tiña, e, conforme llas ía minuciosamente expoñendo, aprobábao ou desaprobaba, segundo lle parecese ben ou mal o que dicía...

Pero cando chegaron ao das letras, dixo Theuth: “Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios aos exipcios e de máis memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e da sabedoría”. Pero el respondeu: “¡Oh artificioso Theuth! A uns élles dado crear arte, a outros xulgar que dano ou proveito aporta aos que pretenden facer uso dela. E agora ti, precisamente, pai que es das letras, por apego a elas, atribúelles poderes contrarios aos que teñen. Porque é obvio o que producirán nas almas de quen as aprendan, ao descoidar a memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán ao recordo desde fóra, a través de signos alleos, non desde dentro, desde eles mesmos e por si mesmos. Non é, pois, un fármaco da memoria o que atopaches, senon un simple recordatorio. Aparencia de sabedoría é o que ensinas aos teus alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas, parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos casos, totalmente ignorantes, e difíciles, ademais, de tratar porque acabaron por se converter en sabios aparentes en lugar de sabios de verdade”.


CUESTIÓNS.
Despois de ver o vídeo:Resume coas túas palabras a opinión que tiña Sócrates sobre a escritura e os seus efectos sobre os homes.




Comentarios (0) - Categoría: O MARABILLOSO INVENTO DAS LETRAS - Publicado o 14-10-2015 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
O INVENTO DAS LETRAS
A Comunicación na Prehistoria. A escrita no comezo da historia. Dos berros e xestos á palabra. Da palabra á pintura rupestre. Evolución da escrita.

Logo alfabeto grego ese gran invento que é a base do alfabeto latino que nós usamos, foi produto dunha evolución da escrita que nace na prehistoria.




INVESTIGA:

I SIGNOS SEN SON:

PICTOGRAMAS:

IDEOGRAMAS:

II- SIGNOS CON SON:

XEROGRIFOS (Exipto)


SILABARIOS (Micenas)

ALFABETO (Do fenicio ao grego e latino)





III- SOPORTE DA ESCRITA

As Pedras da Prehistoria.

Escrita cuneiforme en arxila cos Sumerios.

O papiro de Exipto.

O pergamiño.

O papel da China á Imprenta.


Podes ver estos vídeos sobre a marabillosa historia das letras:





Outra versión:



Cuestións:

Eran os chamados indoeuropeos un pobo ágrafo? Argumenta a resposta.

Que é un pictograma? En que se diferenza do ideograma?

Que dificultade atopamos cos ideogramas chineses?

Que significa a palabra "xeroglifos"? Por que era secreta a escrita dos escribas? Que peculiaridade ten un xeroglifo distinta dos ideogramas? Que signific a palabra xeroglifo e que relación ten co uso da escrita por parte dos poderosos que se facía na antigüidade, por exemplo en Exipto?

Como se conservaron as inscricións en silabarios micénicos?

Que é un silabario?

Cal é o primeiro alfabeto creado polo ser humano? Que peculiaridades ten con respecto ao alfabeto grego?

Aprende o alfabeto grego. Escribe o teu nome coas letras gregas.


Que unha taboíña de cera? E un stilum?

Que signinifica en orixe a palabra libro (liber)?
Comentarios (0) - Categoría: O MARABILLOSO INVENTO DAS LETRAS - Publicado o 07-10-2014 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal