VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA SETEMBRO
Deixamos a seguir unha proba modelo da 3ª avaliación:

I- MITOLOXÍA: Conta o mito de Adonis e Afrodita.
II- Resume a historia de Edipo e como chega a ser o rei de Tebas.
III- Podemos facer outra división da Historia de Roma ademais da tradicional? Indica cal é unha e cal sería a outra.
IV- A monarquía romana: que sabemos? SPQR: como se traduce?
V- Etapas da República romana: Explica brevemente cales son e que se debe saber delas.
Que son as Guerras Púnicas? Que provocaron en Roma?

VI- Cales son as características da crise da República. Que período abarca?
-Que logrou Iulius Caesar ao rematar a Guerra das Galias?
VII- Relaciona feitos e protagonistas: ( pon o número correspondente na segunda columna que leva letras minúsculas).
1)1º Triunvirato
2)César declara a guerra a Pompeio atravesa o Rubicón.
3)Exército Profesional
4)Bruto e os senadores pompeianos asesinan a César.
5)Tiberio Graco asasinado, din que por orde dos Scipións.
6)Lépido, M. Antonio e ......................
7)Augusto, primeiro emperador.
8)Defensor das ideas da república, gran escritor
9)Ditador sanguinario.
10)Espartaco
11)Partido dos mellores
12)Ano ou século no que comeza o Imperio.

a)Comezo da Crise da República Romana (133 a.C)
b)Revolta de escravos en Capua e Sicilia.
c)2º Triunvirato.
d)César, Craso e Pompeio.
e)................... antes de Cristo.
f)Optimates.
g)Cicerón.
h)Alea iacta est.
i)Vencedor de Marco Antonio e Cleopatra.
k)Sila.
l)Mario, tío de César.
m)Idus de Marzo.

VIII- Cales son os motivos da caída do Imperio Romano? En que momento se produce?
IX- Que monumentos posúe unha cidade romana? Enumera 9 de importancia.
X- Escolle: ROMANIZACIÓN DE HISPANIA / Romanización da Gallaecia.
XI- Explica as claves e contidos principais do teu traballo sobre a VITA ROMANA

XII- Identifica as seguintes imaxes (son seis imaxes para identificar con algún dos temas tocados e comentalos brevemente).
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 26-06-2014 05:40
# Ligazón permanente a este artigo
Panem et circencis

Unha versión curiosa do dito latino tan coñecido: PANEM ET CIRCENSIS, anda estes días de mundial e decepcións pola rede.

Pan e circo (non é o circo de pallasos e elefantes, senón o de gladiadores e feras) é o que daban ao pobo romano os seus dirixentes coa intención de manter entretidos os ánimos da plebe. Nós podemos ademais aplicalo ao final de curso onde se deben facer distintos tipos de reflexión sobre o seu desenvolvemento.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 23-06-2014 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos da 3ª avaliación
Os temas que debedes repasar para a proba da 3ª avaliación son:
- O teatro da Grecia Clásica II. Traballo sobre Edipo Rei de Sófocles
- Mitos de Primavera: Perséfone raptada por Hades, Orfeo e Eurídice, Adonis e Afrodita.
- O Latín, lingua de Roma.
- As etapas da Historia de Roma: Monarquía República e Imperio.
- Unha visión distinta da historia de Roma: Da sociedade da Gens á caída dun imperio escravista. (ver a categoría deste blog denominada ROMA).
- Vita Romana: Domi militiaeque " Na casa en paz e na guerra" ( Son os traballos que presentastes cada quen o seu).
- Romanización de Hispania.
- Cultura Castrexa e Romanización de Gallaecia (ver a categoría deste blog denominada CULTURA CASTREXA).
Comentarios (1) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 11-06-2014 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
PENÉLOPE NAS LETRAS GALEGAS DO 2014

O noso personaxe mitolóxico, dicimos noso por seren grecolatino, serviu de inspiración ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Xosé María Díaz Castro entre os 12 idiomas que dominaba, sabía grego clásico e latín, linguas coas que entrara en contaco e que aprendera de mozo no Seminario de Mondoñedo,lugar onde el estudou. Coñezamos, pois ese maxistral poema que titulou Penélope:

Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!


Xosé María Díaz Castro, Nimbos (1961)

Non foi Díaz Castro o primeiro nin o último en facer uso do mito e de Penélope como recurso singular da súa mirada sobre o mundo. Como dicía Cunqueiro : " Non hai nada que teña maior actualidade que os mitos. Son sempre noticias de última hora."

Tamén Cunqueiro escribiu versos inspirados na tea dos soños de Penélope:

" Pende en que pende Penélope pensativa
perdo novelo nove novamente canto...


Outro poema moi coñecido de Xohana Torres di:

PENÉLOPE


Declara o Oráculo:

"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.

Que acades disas Patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.


Así falou Penélope:


Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMEN NAVEGAR"


Xohana Torres (Do libro: TEMPO DE RÍA)


Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 13-05-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Casos e declinacións
Puella poetam amat / Puellae poetas amant.
A moza ama ao poeta / as mozas aman ao poeta
Poeta puellam amat / Poetae puellas amant.
O poeta ama a moza/ Os poetas aman as rapazas


Os casos / funcións / preposicións para traducir
NOMINATIVO - Sux ou Atributo
VOCATIVO - chamada
ACUSATIVO - CD (a)
XENITIVO - CN de
DATIVO - CI a, para
ABLATIVO - CC en, por, con,...


Quen cres que se explica mellor coa 1ª declinación?



Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 30-04-2014 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
Edipo Rei

Imos rematar co teatro vendo unha adaptación do neorrealismo italiano da obra de Sófocles Edipo Rei. Trátase da primeira obra da triloxía presentada en Atenas baixo este nome que Pier Paolo Pasolini rodou en 1967 en Marrocos procurando un ambiente que evocase a Tebas mitolóxica. Imos traballar coa Introdución:



CUESTIÓNS
- Por que lle din ao neno recén atopado, os seus pais de Corinto, "os meus peciños inchados"?
- Por que fora abandonado Edipo e con que fin?
- Como comeza Edipo a súa procura de si mesmo?
- Que era unha pitonisa? Onde residía?
- Cal era o nome do rei que viaxaba nun carro que mata nun cruce de camiños?...



As seguintes son xa para o día 10:

Investiguemos sobre as orixes do mito de Edipo de Tebas:

1- Era dunha linaxe maldita, a dos Lábdacos, por que razón?

2- Como logra ser rei de Tebas? que é unha esfinxe? Como logra vencela?

3- Con que casa finalmente Edipo? Como se chama? Ten descendencia?

4- Unha nova peste enche a Tebas de mortos, cal é o motivo? A quen consulta Edipo?

5- Como reacciona ante as palabras do adiviño? Quen pensa que é o culpable da situación nese momento? Que cre que está a pasar?

6- Como vai ir achegándose á verdade sobre a orixe da peste que sofre Tebas?

7- Como remata esta traxedia de Sófocles? Resúme ese final.

Finalmente reflexionemos sobre dous aspectos:

Por unha banda a forza do destino ou o determinismo que transmite esta traxedia de Sófocles. Por outra o complexo de Edipo, en que consiste?

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 07-04-2014 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
Mitos de Primavera
Como contaban os gregos aos seus fillos o cambio das estacións, iso do paso do frío e infertil inverno a doce e fecunda primavera?

Procuremos a información sobre estes tres mitos:

O Rapto de Perséfone.
Bótalle unha ollada ao vídeo e responde:

1- Adivina a cal destas tres esculturas de Bernini corresponde ao mito do rapto de Perséfone.
2- Que historia de amor imposible recolle a segunda das esculturas? Relata o mito.
3- A terceira das esculturas corresponde á Mitoloxía Clásica? Por que?
Para axudarte na solución das preguntas podes ver as seguintes montaxes:



Apolo e Dafne:un amor imposible.



Orfeo e Eurídice.



1- Quen era Orfeo? A quen se ofrecen as danzas iniciais da tribo que trouxo a chuva na primavera, que deusa se presenta grazas a súa música? logo hai outra danza na honra doutra deusa no tempo das colleitas a que deusa se dedican?
2- Quen era Eurídice? Quen era o personaxe que a persegue polo bosque?
3- Por que morre Eurídice? Que fai entón Orfeo?
4- Que lle sucede no Mundo dos Mortos? Quen o transporta ata a corte de Hades?
5- Puido liberar a Eurídice do mundo das sombras?
6- Resume como remata a súa vida Orfeo.

7-Podes ver outra versión do mito:
- Que diferenzas atopas entre as dúas versións?
8- Que eran na Antiga Grecia os misterios órficos?

9- A que illa contan que chegaron os restos de Orfeo? Por que será famosa esa illa?

Adonis e Afrodita.

1- Quen son e que lles ocorre a Cinias e a Mirra. En que acaba converténdose Mirra?
2- De quen é fillo Adonis? Quen o coida de neno?
3- Como xorde o amor entre Adonis e Afrodita?
4- Que pinta Marte ou Ares nesta historia de amor?
5- Cal é o desenlace deste mito. Relata en detalle da relación de Venus e Adonis, mesmo a súa relación coa Primavera e con certas flores.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 31-03-2014 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alumnos de Clásicas falan do teatro grego na Biblioteca

Unha actividade enriquecedora e diferente, outro xeito de aprender outra mirada sobre o teatro e o feito de ensinar o que se estuda a outros compañeiros/as.

Podes ver a reportaxe no enlace da Biblioteca de Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 28-03-2014 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTAS CO TEATRO: Os mestres da verdade autores da traxedia


Cuestións:
1-Resume a trama da obra de Esquilo titulada Agamenón.








Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 25-03-2014 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
POIEO, significa CREAR
O venres 21, día oficial da entrada da Primavera, é o Día da Poesía.

Poieo é un verbo grego que significa: facer, crear, a palabra da que nace a poesía.

Preparados para entrar no mundo da lírica?





Podemos escoitar esta obra baseada en textos medievais en latín e estrutura musical moderna de Carl Orff a parte final dende o minuto 57...









Cuestións:
1- Como vive a mitoloxía a través dos tempos?
2- Analiemos os seguintes textos, tentando unha tradución:

15. Amor volat undique

Amor volat undique;
captus est libidine.
Iuvenes, iuvencule
coniunguntur merito.

Siqua sine socio,
caret omni gaudio,
tenet noctis infima
sub intimo
cordis in custodia:
fit res amarissima.

22- Tempus est iocundum
o virgines,
modo congaudete
vos iuvenes.
Oh, oh, oh
totus floreo,
iam amore, virginali
totus ardeo,
novus, novus amor
est, quo pereo.

24-Ave formosissima,
gemma pretiosa,
ave decus virginum,
virgo gloriosa,
ave mundi luminar,
ave mundi rosa,
Blanziflor et Helena,
Venus generosa!
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 19-03-2014 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal