VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Volvendo aos mitos: Outros heroes
Imos repasar conceptos de mitoloxía grega vistos na 1ªavaliación, agora cun punto de vista diverso e introducindo a continuación unha serie de heroes dos que non chegamos a falar: Xasón, ou deberiamos dicir, Medea...
Perseo:



ou Heracles...

Tamén veremos outras versións de mitos xa estudados para comprobar que os mitos poden estar en constante proceso de recreación como é o caso desta interpretación do mito de Prometeo
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 06-06-2013 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
Unha chea de aproximacións á Roma antiga.
Imos acometer unha aproximación colectiva de diversos aspectos relacionados coa "domi" na casa:

- Como era unha cidade romana? (arquitectura).
- Villae, insulae et domi.
- O nacemento e a morte, dous momentso cruciais en toda vida.
- A educación na Antigüidade.
- A comida en Roma.
- O vestiario.
- Ser escravo en Roma.
- Ser muller en Roma.
- O Calendario.
- Os ludi
- Os cultos relixiosos
- A arte plástica: pintura (mosaico) e escultura.
- A Hispania romanizada.
- Gallaecia e Roma.

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 27-05-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
As comedias na Atenas Clásica
A COMEDIA

Procede o seu nome dos cantos xocosos dos campesiños, asociados tamén ás leneas ou ménades que participaban dos cultos orxiásticos (de danza) a Dionisio. No século V a Comedia chamada Antiga é de temática política e crítica da situación social. No século IV a temática preferida será o amor. A comedia ten un agón ou debate entre actores e unha parábase cargada de incisos destinados ao público. Faise uso dun vocabulario obsecno e atrevido cheo de ironías.

ARISTÓFANES(445-387 a.C) é o mellor representante da Comedia antiga ou política. Así é como se expresa un dos personaxes dunha comedia defendendo o papel da mesma na Atenas do século V a. C.:


Bobecino: "Non me tomedes a mal, oh público honorable, que sendo un esmoleiro, aquí entre cidadáns fale de política na metade dunha comedia, pois a verdade tamén sabe a comedia...” Acarnienses, de Aristófanes.


Conservamos once obras escritas despois do comezo da guerra entre Esparta e Atenas, por iso “Acarnienses”, “ A Paz” tocan o tema da guerra aínda que o seu carácter antibelicista aparece vencellado ao tema da muller en “Lisístrata” e “ Asambleistas”. “As Nubes” é unha crítica do filósofo Sócrates. Ao político Cleón e ao goberno da cidade critícaos en “Cabaleiros”, “Aves” e “Avespas”, reservando “As Rás” para meterse co autor dramático Eurípides. Á farsa fantástica protagonizada por xentes correntes, caracterizados psicoloxicamente como antiheroes audaces e astutos.



Unha das súas últimas comedias foi da titulada Pluto que xira ao redor do poder cego do diñeiro:




MENANDRO (342-293 a.C.) A creación de personaxes-tipo, como o parásito, o escravo intrigante, os namorados serán terán unha gran influencia máis tarde en Plauto e Terencio no teatro latino. “O misántropo” ou “ a arbitraxe” son dúas comedias de tema amoroso.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 02-04-2013 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Atenas e o Teatro
O Teatro era un feito social de primeira importancia na Atenas do século V a. C. O pobo acudía en masa enchendo as 15000 prazas do teatro de Dionisio. Por iso non debemos esquecer o contexto histórico no que naceu.
O teatro representaba un fenómeno complexo como institución cívica e relixiosa relacionada intimamente coa vida da polis. Compartía coa democracia ateniense do século V a. C. o seu mellor momento, un sen a outra non se entenderían. Segundo o filósofo Aristóteles o espectáculo tráxico causaba nos seus espectadores unha purificación (katharsis) da que se deducen os seus efectos sobre a moral pública dos cidadáns. Os gregos crían na función educativa do teatro , por iso o propio goberno da cidade era o encargado de organizar as representacións. O arconte como xefe do goberno e cos cartos públicos anualmente escolle aos autores e actores protagonistas de máis sona e a un corego (un cidadán rico que toma como un honor pagar un coro e as súas vestimentas). Arredor do festexo sempre existía unha propaganda e concienciación cívica dos cidadáns.

UNHA XORNADA EN ATENAS NO SÉCULO V a. C.

Onte foron representadas as cinco comedias seguindo a orde do sorteo, os personaxes caricaturizados coas máscaras alegres e de barba en punta, uns vestidos curtos e bandullos prominentes fixeron rir coas súas agudas sátiras. De novo as críticas e parodias dos personaxes políticos – que estaban sentados nas primeiras filas- os máis destacados do momento foron vituperados por demagogos ou belicistas. De novo fomos sorprendidos pola imaxinación no vestiario ou a fantástica escenografía como cando nunha das comedias dirixíndose ao público se nos dí:
“Non hai cousa mellor que o que lle saian a un ás. Así se un de vós, espectadores, tivese ás, que ten fame e lle aburren os coros das traxedias, sairía voando e iría a súa casa a comer, e logo, xa cheo, volvería ...”(As Aves, vs. 785-789 de ARISTÓFANES).

As gradas do teatro de Dionisos énchense de novo, mentras se estende un decorado, debuxado en teas no fondo da escena, e se proban, por última vez antes da representación, os periactos, unhas pantallas xiratorias de tres caras con tres paisaxes distintas. Tras o sacrificio ritual comeza a obra, trátase dunha traxedia. Unha música e un prólogo pronunciado por un ou dous personaxes informan da situación da que o público ten que partir para seguir a acción dramática. Veñen despois un canto coral dirixido polo corifeo ocupando a orchestra e os distintos episodios nos que actúan o protagonista e os restantes actores caracterizados por unha máscara e longos mantos. Xesticulan e cambian o seu timbre de voz intentando adaptarse á psique do personaxe. Coa mímica compensan a rixidez da máscara. Os actores, sempre homes, deben parecer dende fermosas mulleres como Helena, a furiosos homes como Heracles. As escenas dos actores vanse salteando coas diversas intervencións do coro ou do semicoro, todos vestidos igual e sen máscara, facendo gala da súa boa voz e fermosa coreografía. Abundantes efectos sonoros e visuais poden dar maior realismo as escenas como introducir a un deus no escenario pola parte alta do decorado, aparatosas tramoias que o público aplaude. Se o público aplaude é síntoma de aprobación e o autor, actores e corego poden suspirar con alivio.

Acabada a triloxía das traxedias onde se invitara aos espectadores a unha reflexión profunda sobre aspectos da condición humana, ante a cal o público en xeral, agás o feminino que adoita gustar máis da traxedia, tiña unha reacción máis fría que ante a comedia. Esta é moito máis popular, se ben é certo que o home grego ten unha gran capacidade para manter a atención a palabra falada durante unha hora.

Ao final da xornada para relaxar ao auditorio represéntanse o drama satírico, unha especie de traxedia breve, pero con pasaxes cómicas e un coro característico vestido de sátiros co seu taparrabos de pel, cola de cabalo e máscara en lembranza do deus ao que se dedican os festivais dramáticos. Rematado este só queda esperar a decisión do xurado.

Así era a atmosfera que rodeaba aquelas xornadas festivas nas que existía un alto grao de propaganda e concienciación cívica tanto ao inicio do certame como unha vez rematado. As cerimonias de apertura eran unha manifestación popular do poderío ateniense e unha promoción dos deberes cidadáns. Entre os espectadores, chegados de todas partes do mundo grego (coa chegada da primavera, a bonanza marítima permitía que Atenas estivese chea de actividade coa presenza de destacados representantes dos pobos aliados) facíase desfilar armados aos orfos dos caídos pola cidade, educados e armados polo Estado ateniense. Representantes do Estado ocupaban as primeiras filas nas representacións e presidían os festivais e os cidadáns ricos para prestixiarse financiaban os coros. A Asemblea de cidadáns, xuntábase ao finalizar as Grandes Dionisias para avaliar a organización do certame por parte do maxistrado.

Un coro entoa o canto a Dionisio, recordando os beneficios que outorga o deus da festa e do viño, que non distingue pobres e ricos en contraste coa soberbia de Penteo, rei de Tebas:
CORO: “O deus, fillo de Zeus, alédase nos festexos, e ama a Paz, deusa da prosperidade, e a nodriza da mocidade. Igual ao rico que ao máis pobre outorgoulles gozar do viño que alonxa o pesar. Rexeita a quen isto despreza: o vivir polo día e as amables noites unha existencia feliz, e a quen non mantén sabiamente o seu corazón e a súa mente apartados dos individuos soberbios. O que a xente máis humilde admite como fe e practica, iso quero eu aceptar.”(AS BACANTES de EURÍPIDES 420-434)

Mais as grandes Dionisias son ocasión para a exaltación patriótica.
“...aprobaban un decreto para dividir os fondos que proviñan do tributo dos aliados en talentos e presentalos sobre o escenario, cando o teatro estaba cheo no festival de Dionisos; e non só se facía iso, senón que ao mesmo tempo facían subir a escena aos fillos dos que perderan a vida na guerra coa intención de mostrar aos nosos aliados, por unha banda, o valor das pertenzas que eran transportadas polos mercenarios, e ao resto dos gregos, pola outra, a multitude de orfos e desgarciados que eran o resultado desta política de agresión. E facendo este tipo de cousas consideraban feliz á cidade...(ISÓCRATES “Sobre a Paz”.)


LITERATURA E TEATRO:

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 19-03-2013 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
Nos idus de marzo en Roma
Á chegada ao Senado aquel día do idus de marzo (era o día 15 do mes) Xulio César ía morrer ás mans dos senadores. Foi un dos máis sonados magnicidios da historia. Por que ocorreu?
Investigaremos este asunto que o correu no 44 a.C. a fondo para podelo endender. Vexamos agora dúas versións deste episodio. O primeiro dunha obra rodada en 1953 por Mankiewicz en base a un texto clásico de Shakespeare:




Esta é da serie máis reciente titulada Roma, moito máis violenta:

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 18-03-2013 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
HABEMUS PAPAM
Moitas son as expresións latinas que atopamos ao redor da celebración do "conclave" (unha palabra que practicamente está escrita en latín "cum clave" e que quere dicir literalmente "con chave" "baixo chave"). Ligada ao conclave está a expresión "extra omnes": "fóra todos" esa expresión que se pronuncia no momento en que se van pechar as portas da capela Sixtina onde os cardenais deciden en votación ao novo Papa.

No momento en que aparece a fumata branca todo o mundo coñece a expresión "Habemus Papam" e logo virá a bendición "urbi et orbe", é dicir, "para a cidade (de Roma) e para o mundo enteiro" .
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 14-03-2013 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
Atenas a democracia e as clases sociais da polis





Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 11-03-2013 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
DA GRECIA ARCAICA Á CLÁSICA: ESPARTA E ATENAS

Imos ir avanzando na nosa viaxe pola Cultura da Antiga Hélade cara a Grecia Clásica. en primeiro lugar temos que saber que supuxo a entrada dos Dorios (o último pobo indoeuropeo que entra no territorio grego) para aquela sociedade micénica ou aquea, que pelexara en Troia.

A época Escura coa perda da escrita dos silabarios permitirá para empezar a entrada do alfabeto, o que á vez vai permitir desenvolver a literatura o xénero épico que xa estudamos e novos xéneros como o Teatro que agora estudaremos.
Temos que ter en conta que as migracións das distintas tribos configurarán de xeito definitivo o mapa da Grecia Arcaica das cidades estado ( as polis) darán paso a unha actividade comercial e colonizadora polo mediterráneo que situará a Grecia dun xeito ben distinto no conxunto do Mediterráneo, unha grecia que está dividida en numerosos estados pero que mantén unha forte cohesión interna como demostran o fenómeno das Olimpíadas e a súa relixión ou o propio idioma común para todos eles.
A diversidade política xera a evolución das formas de goberno dende unha sociedade baseada na linaxe onde a aristocracia deriva en Tiranías ata unha sociedade aparentemente máis igualitaria como podeser a da Democracia Ateniense que mantén no seu seo un atroz escravismo e unha tremenda segregación das mulleres e dos estranxeiros do mundo da política.

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 05-03-2013 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
AVANZAMOS NA HISTORIA DE GRECIA CARA A ATENAS CLÁSICA
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.







Deste dous vídeos imos tirar algunha conclusión:
1- Con que acontecemento podemos fixar o comezo da Grecia Arcaica no 776 a. C.?
2- Cales son as características das polis gregas?
3- Quen eran os Dorios? con que cidade da Grecia Arcaica podemos relacionalos?
4- Con que cidade podemos asociar aos Xonios?
5- Que diferenza había entre as cidades máis importantes deste período?
6- Que as fai semellantes? Son iguais a democracia ateniense que a actual? Por que?
7- A filosofía, a literatura, a arte gregas deste periódo clásico en que tema se centra?
8- Quen loitaba nas Guerras Médicas ? Quen gañou?
9- Quen eran rivais na Guerra do Peloponeso? Como remata e que consecuencias ten para a civilización grega?
10- Como definirías o período helenístico?








Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 04-03-2013 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
A FUXIDA DE TROIA DE ENEAS
Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela. Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas chegaría finalmente ao Lazio.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 04-03-2013 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal