VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ETAPAS DA HISTORIA DA HÉLADE ANTIGA
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 24-11-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
A MORTE DE CLAUDIO
COMO MORREU CLAUDIO, O EMPERADOR?

Como estamos en novembro e co tema da morte, para situar o tema en Roma e na Antigüidade Clásica imos ver como morreu Claudio nunha versión da BBC que utilizou como guión a magnífica obra de Robert Graves: Eu Claudio. Este autor do século XX basea a súa historia en documentos da época como o famoso libro de Suetonio sobre a Vida dos Doce Césares de Roma.

UNHA MORTE IMPERIAL

Tiberio Claudio morreu no ano 54 d.C. un 13 de outubro.

C. SUETONIO TRANQUILLI é un historiador romano do século primeiro. Na súa célebre "DE VITA DUODECIM CAESARUM" (A vida dos doce Césares) elabora unha biografía ben documentada e contrastada coas diversas opinións que sobre a vida dos primeiros emperadores romanos (contando entre eles ao propio Xulio César)circulaban por Roma.

Sobre a morte de Tiberio Claudio o que el denomina o DIVUS CLAUDIUS escribe:

Quidam tradunt epulanti in arce cum sacerdotibus per Halotum spadonem praegustatorem; alii domestico convivio per ipsam Agrippinam, quae boletum medicatum avidissimo ciborum talium optulerat.Etiam de subsequentibus diversa fama est. Multi statim hausto veneno obmutuisse aiunt excruciatumque doloribus nocte tota defecisse prope lucem.

(Suetonio, De vita duodecim Caesarum- Divus Claudius 44).


"Aseguran algúns que foi o eunuco Haloto, catador dos seus alimentos, cando asistía a unha comida cos sacerdotes na fortaleza; outros din que foi a propia Agripina que nunha comida en palacio ofreceulle unha seta envelenada, a Claudio tipo de manxar do que tiña grande avideza.Circulan tamén diversas versións sobre os acontecementos posteriores. Moitos opinan que ao instante perdeu a fala pola queimante acción do veleno e con grandes dores atormentado durante toda a noite, morreu ao mencer."








Claudio nos dous anacos de vídeo que ides ver aparece no primeiro xa vello e sen folgos... é por iso que explica ao seu fillo Británico o problema da súa herdanza. Claudio desexa que permaneza vivo e espape dos perigos que lle rodean en Roma, sobre todo se Claudio morre.
O segundo vídeo comeza esta parte final da obra nun diálogo entre Británico, fillo de Claudio e Narciso,un amigo, ante o cadáver do emperador. Británico corre gran perigo pois a segunda esposa de Claudio, Agripina, nai de Nerón, fará o imposible para que sexa o seu fillo quen goberne en Roma.










CUESTIÓNS PARA DESPOIS DE VER OS DOUS VÍDEOS:

Que perigos axexaban a Claudio e a Británico en Roma?

Como se chaman os personaxes que aparecen no final do primeiro vídeo? Que relación teñen con Claudio?

Como morreu Claudio?

Quen herdou o seu posto?

Que lle pasou a Británico?

Quen era a Sibila?

A que barca e barqueiro fai referencia a Sibila nas últimas palabras?

Que semellanzas e que diferenzas atopas entre o que escribiu Suetonio e o que nos conta Robert Graves na súa novela en versión para TV?

Lembras "dun erro faise un enterro"


LER E PENSAR

Deberás entrar dende a páxina de inicio da web do San Narciso nos departamentos didácticos, procura a entrada do departamento de Clásicas e logo debes clicar onde pon ROMA. Alí atoparás un texto para traducir en latín, (trátase dunha lápida) e outros textos xa coñecidos sobre Claudio e un pouco máis abaixo unha proposta titulada UN TEXTO PARA LER E PENSAR que ten tan só unha cuestión que responder, faino, pero sobre todo reflexiona sobre a lectura, será importante para emprender a viaxe que pretendemos realizar a continuación para voltar a Grecia onde comezamos o curso.

Aquí queda tamén a proposta dun pequeno traballo sobre esta impresionante imaxe dun patricio romano portando as máscaras de cera dos seus antepasados, garantía da súa nobreza, é o denominado: " Ius Imaginum ".
Cuestión para quen queira curiosear máis. Indaca pois que era o Ius Imaginum ?


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 04-11-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
DEUCALIÓN E PIRRA

Contan que estando xa na Idade de Bronce Zeus quixo comprobar que os mortais deixaran de cumprir coas súas obrigas para cos deuses. Eran impíos e irrespectuosos mesmo cos sacrificios. Presentouse do palacio dun tal Licaón. Ninguén creu que era un deus e mesmo o rei propúxose desenmascarar a quen cría un mortal , se é un deus descubrirá que a carne que lle darei na cea é realmente carne humana. Foi entó cando Zeus amososuse con todo o seu poder e fixo que todos aqueles se convertensen en lobos e vagasen polos montes. Acto seguido convocou ao seu irmán Poseidón para provocar un gran diluvio de nove días e nove noites no que todos so mortais desaparecerían agás Deucalión, fillo de Prometeo e Pirra, filla de Epimeteo e Pandora, dous mortais realmente piadosos. A barca vararía no monte Parnaso purificándose nun regueiro de auga diríxense cara as ruinas dun templo onde Temis, deusa dos oráculos e a adivinación díxolles:

"velate caput cinctasque resolvite vestes
ossaque post tergum magnaeiactate parentis!"

"...descubride a cabeza e soltade as cintas dos vosos vestidos,
lanzade ás vosas costas os ósos da vosa gran nai!"

- Que é o que lle mandou facer a Deucalión e a Pirra a deusa Temis? Cales son eses ósos?
-Procura información sobre o que ocorre inmediatemente despois de que cumpren co mandato dos deuses.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 01-11-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Unha pequena homenaxe a Miguel Hernández
Localiza nunha antoloxía poética o poema:

LAS VESTES DE EOS

EOS
tiene
cuatro
vestes:
una
blanca,
que se
ata
cuando
ría
Floreal;
una
rosa,
que se
toa
cuando el
rudo
dios
Vestumnio
tumba
el oro
del trigal;
una
rubia,
que se
anuda
cuando
Baco
pasa
dando
traspiés
de ebrio
por los
cálidos
viñedos
de uvas
de oro
y de rubí;
y otra
roja,
que se
emboza
cuando
Adonis
en el
bosque
sangra
y muere
bajo el
diente
del dios
Marte
convertido en jabalí.
***
Cuatro
vestes
Eos
tiene:
¡yo las vi!

Moitos son os ecos clásicos de Miguel Hernández
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 29-10-2010 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os deuses e os seus atributos: Dioniso
Os atributos do deus Doniso eran un fermoso cabelo, coroado de hedra e pámpanos, o triso, a diadema, a copa e a pel de animal que lle cruza o peito; acompáñao o león, o tigre ou a pantera; os seus atributos animais son o macho cabrío e o touro, e, os vexetais, o loureiro e os xa citados.

Darío Roldán Fraga
Comentarios (1) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os deuses e os seus atributos: Ares
Símbolos

Ares tiña unha cuadriga tirada por catro sementais inmortais con bridas de ouro que respiraban lume.Entre os demais deuses, Ares era recoñecido pola súa armadura de bronce e pola lanza que blandía en batalla. Os seus paxaros sacros eran as lechuzas, os paxaros carpinteiros e especialmente os voitres. Segundo as Argonáuticas os paxaros de Ares (Ornithes Areioi) eran unha bandada de paxaros cuxas plumas podían lanzar como dardos e que gardaban o altar que as amazonas dedicaron ao deus nunha illa do mar Negro. O seu animal favorito era o can.
Na arte grega clásico os seus atributos usuais eran un casco crestado e unha lanza coa cal derrotaba facilmente



Na mitoloxía grega, Ares considérase o deus olímpico da guerra, aínda que é máis ben a personificación da forza bruta e a violencia, así como do tumulto, confusión e horrores das batallas, en contraposición á súa medio irmán Atenea, que representa a meditación e sabedoría nos asuntos da guerra e protexe aos homes e as súas habitacións dos seus estragos. Os romanos identificáronlle con Marte, deus romano da guerra e a agricultura (ao que herdaran dos etruscos), pero este gozaba entre eles de moita maior estima.
Represéntaselle como fillo de Zeus e Hera, aínda que existe unha tradición posterior segundo a cal Hera concibiuno ao tocar unha determinada flor, no que parece ser unha imitación da lenda sobre o nacemento de Hefesto, e é recollida por Ovidio. Tamén existe unha lenda similar sobre o nacemento de Eris, deusa da Discordia. O seu lugar de nacemento e auténtico fogar estaba situado lonxe, entre os bárbaros e belicosos tracios, e a el fuxiu cando foi descuberto deitándose con Afrodita.
Os helenos sempre desconfiaron de Ares, quizá porque nin sequera estaba influenciado polo espírito de pertencer a un bando, senón que ás veces axudaba a unha parte e ás veces á outra, segundo ditábanlle as súas inclinacións. A súa man destrutiva víase mesmo tras os estragos provocados por pragas e epidemias. Este carácter salvaxe e sanguinario de Ares facíalle ser odiado por outros deuses, incluídos os seus propios pais
«Ares» foi tamén un adxectivo e epíteto na época clásica: eran comúns os títulos Zeus Areios, Atenea Areia e mesmo Afrodita Areia

Castro Collazo,Rodrigo 4ºa
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Os deuses e os seus atributos: Hermes
Na mitoloxía grega, Hermes mensaxeiro (Έρμῆς grego) é un deus do Olimpo .
Os seus atributos eran o galo ea tartaruga, e poden ser recoñecidos pola súa bolsa ou bolsa, sandalias aladas, a súa Armsia (sombreiro de ás anchas) eo seu caducou ou heraldo de persoal. Hermes era o deus dos ladróns, porque era moi intelixente e perspicaz, e porque era un ladrón na noite en que naceu, cando Maya escapou e fuxiu para roubar o gando do seu irmán Apolo.


Diego Filgueira Garrido
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os deuses e os seus atributos: Apolo
Representábase a Apolo como un Deus moi hermoso,alto,noble especialmente polos sues largos bucles negros de reflexos azulados,como os pétalos dun pensamento.
O arco è a arma por exceléncia de Apolo.

O nome de Apolo en Latín pode ser Apolo ou Cebo.
E o nome Grego e Apolo.

Carla Canosa
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os deuse e os seus atributos: Artemisa
ARTEMISA
Na mitoloxía grega, Ártemis éra a deusa da caza e das bestas salvaxes. É a irmá xemelga de Apolo e filla de Leto e Zeus. Posteriormente, chegouse a identificar con Hécate, a deusa dos mortos, que recibe como sacrificio humano a Ifixenia, filla de Agamenón. Este, antes de partir a Troia, ten que ofrecer á súa propia filla en sacrificio á deusa para que os ventos que lle impiden saír da cidade de cesen. Isto conlevará o odio da súa esposa Clitemnestra que, á volta da guerra, dará morte ó seu marido coa axuda do seu amante Existo. Do mesmo xeito, tamén se asimilou a Selene, deusa da Lúa, que bica pola noite ó pastor Endimión , castigado por Xuno a durmir trinta anos. O templo máis importante da deusa estaba na cidade xonia de Éfeso, considerado unha das sete maravillas da Antigüidade, foi construído no ano 356 a.C. cun impoñente tamaño e unha profusa decoración helenística. Asemade, foi destruído no ano 262 d.C. Polos godos. As lendas máis importantes nas que participa de forma activa a deusa son as seguintes:
A deusa sóese representar armada con alxaba, arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Tamén é protectora da virxinidade e castidade femininas, as cales protexeu contra o cazador Orión do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Tamén se considerou a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das Amazonas que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban. En Roma, asimilouse a Diana, coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de Virxilio, a Eneida, onde en todo momento axuda e defende á amazona , a cal, unha vez morta por Arrunte, é vingada pola deusa. En Roma, construíuselle un templo no Aventino e a súa festa celebrábase nos idus de agosto, isto é, o día trece.

López Pazos, Sara
Comentarios (1) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
os deuses e os seus atributos:Hefesto
Deus do lume e da forxa, asi coma dos ferreiros, os artesáns, os escultores, os metais e a metalurxia. Hefesto era bastante feo, lisiado e coxo. Dícese que, ao nacer Hera víuno tan feo que tirouno do Olimpo. Tanto é así que caminaba coa axuda dun pao e representábanlle coxo, sudoroso, coa barba desliñada e o peito descubierto, inclinado sobre seu xunque, normalmente traballando na súa fragua. Facía as armas dos deuses e dos semideuses. Era fillo concebido en solitario po Hera e marido de Afrodita.

Daniel López
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal