Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN NOVEMBRO MOI LITERARIO (Entre O Valadouro e Mondoñedo)
Novembro resultoume un mes mindoniense, literario e cunqueirano por excelencia, mais iso comentarémolo máis adiante porque agora quedamos na bisbarra do Douro.
O Seminario de Estudos do Valadouro vén de publicar o seu terceiro caderno, trátase de Canción Mitoloxía da Nai no Valadouro, do dramaturgo Xesús Pisón.
Pisón, apaixonado pola etnografía e teimoso mergullador na mitoloxía de todos os tempos, entregou ao SEVA un interesante estudo sobre as reminiscencias da deusa nai na mitoloxía valeca; temática ben emparentada coa materia edípica, da cal, o autor nos fala extensamente noutra obra fundamental: Memoria da esfinxe, publicada no 2002 pola compañía de teatro Casahamlet co apoio da Deputación da Coruña.
No caderno presentado o 21 de novembro en Ferreira, Pisón trae á luz unha manchea de textos publicados naqueles volumes que revolucionaron o hábito de lectura na bisbarra do Douro, Contos do Valadouro, para furgar nos restos do mito da deusa, da nai, da bruxa, da ninfa, da virxe, da santa? Da morte?
Non é unha obra doada nin de lectura relaxada, pois que contén ducias de galladuras (ritos e cultos antigos, a compaña, a estantiga?) que nos convidan á pescuda; e por suposto nos fan ir correndo ao Estanco da Praza de Ferreira (si! Único lugar onde se pode mercar hoxe o ?libro dos contos?) para adquirir un exemplar de Contos do Valadouro, unha desas experiencias imprescindíbeis para os amantes do ?de antes?. Esta colectánea é unha obra escrita a seis mans, na que Xesús Pisón foi alma mater (xunto a Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira), e da que o selo A Nosa Terra publicara dúas edicións, unha en 1998 e outra ao ano seguinte. Xa en 2005, Ediciós do Castro tirara unha edición corrixida e aumentada, por agora a última.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2014 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0