Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O INFANTE ROBOÁN ENTRE AUGA, PEDRA E LUME - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O INFANTE ROBOÁN ENTRE AUGA, PEDRA E LUME
Situémonos. Mediados de novembro, o momento en que a transición entre outono e inverno comeza a dar mostras de inminente nacenza; un reducido grupo de persoas acudimos á primeira edición do programa “Abertas de par en par-Recitais ao serán”, enxebre proxecto da Federación Galega de Turismo.
Ter escollido a Finca Galea como escenario do encontro do pasado domingo supuxo, por riba de todo, escusar calquera clase de atrezzo para o desenvolvemento da actividade, pois que un salón medieval (tal é o nome que na casa lle outorgan) coa lareira a pleno rendemento, un picho de auga corrente aportando a súa sonoridade ancestral, e a estancia toda fornecida naturalmente de madeira e pedra de grao, aportaron o ambiente idóneo para a recreación do lendario relato do infante Roboán.
Charo Pita, actriz, escritora, cantora e narradora oral, foi a responsábel de transmitir a historia, auxiliada musicalmente pola arpa medieval de Manuel Vilas.
O citado estabelecemento, situado no corazón do Alfoz do Castrodouro (a poucos metros do castelo), nunca permaneceu alleo ao activismo cultural, baste nomear a asociación O Mundo de Galea, o colectivo que dinamizaba o espazo turístico até non hai moito tempo.
A narración oral é unha das formas máis primitivas de divertimento, mais tamén de transmisión de coñecemento, lingua e convencións sociais, quizais por iso continúa a atraernos, pola fascinación que exerce sobre nós a regresión a un tempo onde a oralidade era o vehículo principal (por veces único) dos noticieiros, da poesía, dos cancioneiros, da precaución ante un perigo real ou imaxinario… e en definitiva da tradición do momento e a época.
A culta iniciativa da Fegatur vén encher un oco que moitos demandabamos desde hai tempo, tal é a narración oral ideada para un auditorio adulto, algo que tamén logrará achegar o público a unhas casas de turismo que, normalmente, frecuentamos tan só para aloxármonos ou visitarmos os seus xardíns.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2022 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0