 Coñecín a Juan Carlos Mestre no “Mondoñedo é poesía” de 2018, descubrindo un poeta cunha extraordinaria maneira de recitar.
Hai autores que declaman aceptabelmente, hainos que abren o apetito de ler, e existen, por outra banda uns poucos, soberbiamente dotados para a locución. Mestre ofrenda salves.
Xa daquela dera en comunicarse en galego co público, ao cabo, nada raro nun autor orixinario da Galiza estremeira. Un ano despois, o berciano lanzaría a súa primeira obra en lingua galega.
200 gramos de patacas tristes, publicada por Espiral Maior na súa colección Alba Longa, é un traballo que demanda varias lecturas no proceso de interiorización.
Quen se achegue a esta obra encontrarase cun xénero ben emparentado co resto dos xéneros todos, unhas composicións que o poeta nalgún momento denomina relatos, e que non deberemos someter a clasificación algunha con ánimo taxativo.
Para min, ler (ou escoitar) a Juan Carlos Mestre vén supondo unha sorte de terapia, un xeito de acceder á relaxación a través do rodopío da experiencia literaria.
De ningunha maneira considero a Juan Carlos Mestre un autor alófono, e non manteño isto porque o vilafranquino posúa vivencias familiares na Galiza autonómica, como dicimos aquí: Toda a terra é país.
Moita memoria histórica, abondosa ironía ideoloxizada, un algo de existencialismo e unhas pingas de escepticismo relixioso, habitan o argumentario deste traballo conformado por cento vinte e dous textos.
Bateremos ao mesmo tempo con certas recorrencias: desveladas claves masónicas, o prexuízo (tanto saudábel como moral) de se alimentar con carne, e ao longo da obra toda unha sintaxe complexa que nos obrigará a reler os textos.
Desexades unha etiqueta? Humor e carraxe aniñados en cada páxina.

200 gramos de patacas tristes é unha obra diferente onde o poético e o narrativo se bican apaixonadamente.
|