Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DESDE CORRELOS, INSPIRADAMENTE - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DESDE CORRELOS, INSPIRADAMENTE
Souto de Correlos

“En la España del Desastre, hay quien confunde el cosmopolitismo con el cosmopaletismo. Hay que leer más, sí.”
MANUEL RIVAS. Cosmopolitas y ‘cosmopaletos’.

Non é a primeira vez que mo preguntan e desta volta fixérono reiteradamente. A dúbida que asalta o entrevistador de maneira recorrente é a seguinte: Como un escritor que reside na aldea encontra argumentos para as súas narracións?
Eu asocio a cuestión, e adoito facelo tamén na respota á estraña pregunta, coa “superstición” de que o galego serve unicamente para describir paisaxes e situacións máis ou menos enxebres. Non hai tal.
Un escritor encontra as tramas dos seus textos na propia imaxinación, adubiada, é verdade, con sucesos vividos, escoitados ou intuídos. As noticias da xornada, unha reunión veciñal ou unha mera visita de cortesía poden significar fecunda semente para calquera autor literario.
Un, que vivíu noutras realidades sociais e culturais, non percibe carencia algunha á hora de idear ficcións, nomeadamente nunha época en que resulta tan doado contactar con calquera lugar do mundo ou estar ao tanto do acontecido en afastadas latitudes.
Un thriller rural pode resultar tan interesante coma un urbano, un texto noir non ten por que se desenvolver necesariamente nun suburbio londiniense, e un poemario contestatario pode ser ideado desde o pico do Cadramón, tranquilamente.
A todas esas persoas que, vivindo en núcleos rurais botan de menos as salas de espectáculos, os cines, os ximnasios, as discotecas, as grandes superficies comerciais… e talvez unha biblioteca central (permítaseme a ironía), convén aclararlles que boa parte dos habitantes de Barcelona, Lisboa, Sevilla ou Madrid, utiliza as citadas infraestruturas en ocasións contadas, e que tales estabelecementos se nutren en gran medida do público que viaxa até alí expresamente, cun organizado plan de lecer ideado para a ocasión.
A inspiración (sempre acompañada de horas de traballo, revisións exhaustivas, mudanzas continuas…), do mesmo xeito que o cosmopolitismo, viven no individuo e non na xeografía habitada.
As vivencias, mais sobre todo a actitude, convértennos en persoas desenvoltas e abertas, independentemente do feito de morar en Trocadéro, en La Latina ou en Correlos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2022 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0