Vasoiras de xibarda


Cartafol de inquedanzas, experiencias e teimas literarias
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O POEMARIO QUE SALVOU AS BALEAS DA EXTINCIÓN
Cantas veces se dixo dun libro que precisa dúas lecturas?
Un autor (sei do que falo) non sempre resultará indemne de tal xuízo. Quizais, cando se di dunha narración longa, se insinúe que algún cabo ficou desanoado durante a redacción. Porén, cando a mesma afirmación se fai acerca dun poemario, é seguro que tal valoración está convidando a gozar da carne pegada ao óso, accesíbel soamente cando a tallada é domeada polo devorador. Falemos hoxe de carne de balea.
Baleas e baleas (Galaxia, 2018), é unha obra amiga de preliminares; por iso debemos deternos na faixa que nos informa de que se trata dunha edición conmemorativa (o poemario publicouse por vez primeira en 1988) dun “clásico contemporáneo”, escrutar a nota da autora e gardar as claves ofrecidas, pois sen elas, estariamos a desbotar a sazón oportuna para unha lectura proveitosa.
Luisa Castro ideou esta obra con vinte anos, mais a autora focega xa non era unha descoñecida no ámbito literario, xa que logo, falamos dunha poeta precoz; ou todos os poetas o foron dalgún xeito?
Baleas –como lle gusta denominalo á autora- é unha declaración de adolescencia, mais de adolescencia superada e reflexiva, quizais un chisco melancólica, ou se cadra co alarde da satisfacción polo traxecto vencido.
Tamén encontraremos en Baleas unha boa proba de madureza profesional e bagaxe literaria, por iso cómpre tripar con calma estes versos, para apreciar o oficio da autora e non se contentar coa codia do cetáceo.
Este poemario do desacougo emana sensualidade e cultura oral, máis nunca resultará inxenuo o tratamento da materia.
Que elemento emparenta esta obra coa gran familia da poesía? A presenza do onírico como salvoconduto cara á liberdade temática.
Trinta anos despois, as baleas regresaron ás costas da poesía galega.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2018 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal