Vasoiras de xibarda


Cartafol de inquedanzas, experiencias e teimas literarias
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA SUITE PARA A CIDADE DO TEATRO LOURENCIANO
Unha composición musical composta por varias pezas heteroxéneas e no entanto vinculadas por algún elemento común. Tal é a definición dunha suite, e tal é o artefacto tecido por Manuel Lourenzo en Suite Artabria, a obra dramática que ocupa desde hai dous meses os trinques das librarías do país.
Suite Artabria obtivo o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais o pasado ano, e recentemente viu a luz da man de Xerais. Este título componse de tres obras que se desenvolven na Coruña invisíbel, nesa urbe que, máis que vivir, sobrevive tras os muros de vivendas e existencias escuras.
Nesta suite non encontraremos a cidade de cristal nin a Artabria chic, señorial e refinada; non, aquí pon a máscara teatral esoutra Coruña, a que non sente rubor á hora de confesar que non dá chegado a fin de mes.
Se se me demanda unha preferencia da tríade da suite, inclinareime pola interioridade da obra, onde habita, como arrombada nun apartamento minúsculo, O fulgor das Atochas, texto que recrea con crueza as vicisitudes duns seres que malia teren coñecido tempos mellores, arrastran o cheiro da miseria coma quen exhibe un ar de familia na faciana.
Non é preciso aseverar que se trata dunha obra recomendábel, pois todo texto de Lourenzo o é, mais nesta ocasión, un premio con nome, renome e apelido ilustre, afiúzan a obra.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2017 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal