Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
ABRIL DE LUME E FERRO NO VALADOURO - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ABRIL DE LUME E FERRO NO VALADOURO
Debemos aprender o público a ir ao teatro, mellor dito, debemos instruílos sobre as normas básicas de corrección durante o desenvolvemento da representación; ese momento máxico en que os actores interpretan e? A xente fala en voz alta, atende un móbil ao que non lle quitou o son, comenta as escenas, volve atender un aparello que non silenciou tras a primeira chamada?
Eu, sendo benévolo, aplicaríalles lume e ferro a eses desaprensivos que acoden ao teatro para nos lembrar que descendemos do mono; dun mono certamente maleducado, molesto e antisocial.
Non é a primeira vez tampouco, que falamos nestas páxinas da teima mariñá por asociar,indefectibelmente, teatro a humor. Nin será a última, intúoo.
Mesmo desde as compañías amadoras contribúese ?coa mellor intención, seino- a propagar tal falsidade, e a manter ?coa inercia do conservadorismo- a fidelidade dun público que segundo teño escoitado, ?tan só desexa rir?.
Por iso, durante a representación de Abril de lume e ferro o pasado 14 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas, puiden observar que certos espectadores rían ruidosamente ante escenas que nada tiñan de humorístico ou hilarante. É boa verdade que somos animais de costumes; algúns, mesmo, son animais sen matices. Con todo o meu respecto para a comunidade animal.
Tiven a ocasión de descubrir unha caste de espectadores que ao sentar as nádegas na butaca do auditorio e enxergar actores de carne e óso, comezan a afrouxar os beizos e a ceibar unhas sonoras e desagradábeis gargalladas.
A culpa non é deles, senón de quen os confundiu, facéndolles crer que traxedia e drama non son xéneros teatrais.
Dito isto, falemos da obra, da coral compañía carralesa e dunha entidade municipal que optou por un teatro de calidade antes ca por un título ao chou.
Abril de lume e ferro foi representada polo grupo de teatro da asociación homónima, creada en Carral na honra daqueles militares mártires de 1846, sublevados contra os desatinos da coroa española.
Para Manuel María, escribir sobre os Mártires de Carral foi un exercicio de patriotismo, e para o elenco de Abril de lume e ferro, representar esta obra significa, decote, administrar unha inxección de galeguismo á sociedade.
Nunha das escenas, os actores demandan a colaboración do público, converténdoo en nube de figurantes para a recreación do momento en que o pobo se ergue, indignado, contra o inminente fusilamento dos insurrectos.
A compañía carralesa empregou o auditorio todo como escenario, tanto durante a representación como á hora de ubicar os decorados, estendidos ao longo do salón de actos.
Xa víramos noutra ocasión, neste mesmo auditorio, actores convertendo o patio de butacas en apéndice da escena; foi na visita do grupo de teatro da Asociación Ollomao, de Barreiros, coa representación de Os vellos non deben de namorarse.
Quero rematar felicitando a compañía teatral Abril de lume e ferro pola súa magnífica representación, e ao mesmo tempo, pola implicación demostrada na difusión da figura de Manuel María; do mesmo xeito, non podo desaproveitar a ocasión para dar os parabéns á Concellaría de Cultura do Valadouro, por ter contratado teatro de calidade, eludindo as sempiternas comedias; xénero que debe posuír un lugar de seu, xaora, mais nunca capitalizar o teatro nin invadir o espazo do resto de xéneros teatrais.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-05-2016 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0