Vasoiras de xibarda


Cartafol de inquedanzas, experiencias e teimas literarias
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HERDANZA DA OBRA CIMEIRA DE CORTÁZAR?
Nos anos ’80 os adolescentes adoitaban manexar uns entretidos “libroxogos” editados polo selo barcelonés Timun Mas.
A lectura non se efectuaba de xeito lineal senón que o lector víase obrigado a decidir en que páxina continuar a cada pouco, facendo unha escolla entre as opcións ofrecidas no texto.
Era unha lotaría grazas á cal, a aventura podía rematar ben, ou non; todo dependía da intuición do aventureiro e máis do afortunada que fose a elección.
Eu só posúo un título de “Elige tu propia aventura”, tal era a denominación da serie, e confeso que me divertín dabondo lendo e navegando erraticamente polas páxinas de El misterio de Chimney Rock, un exemplo rotundo de literatura fantástica. Aínda gardo entre as follas do volume un apuntamento cos números de páxina das diferentes rotas que fun seguindo e máis o resultado conquistado, bo ou mao.
O autor deste texto é Edward Packard e o ilustrador Paul Granger; Carles Alier i Aixalà foi o tradutor ao castelán do orixinal en inglés, pois que estas obriñas de literatura xuvenil naceron da man da editora Bantam Books, de Nova York. Na actualidade seica aínda se comercializan nalgún país latinoamericano.
Estes libros, mesmo traían unha addenda na que se comunicaba aos educadores que podían pórse en contacto coa editora para adquirir unha guía didáctica, xa que nalgúns centros de ensino empregáronse os devanditos textos para amenizar as clases. De feito na devandita addenda a editora gabábase de que aqueles relatos “desmontábeis” contribuían ao desenvolvemento da personalidade do lector adolescente, e asemade, da guía didáctica poderían se tirar actividades vinculadas coa historia, a xeografía, as linguas ou as ciencias.
Si, é moi posíbel que todo isto nos lembre algo os actuais videoxogos mais… Aquilo era literatura, se cadra xuvenil, se cadra non da boa mais ao cabo, detrás deses libros virían outros, pois que o mozo lector viña de perder o reparo a se enfrontar coas follas impresas, e ben seguro comezara a deixarse engaiolar polo cheiro a libro. “Quien lo probó lo sabe”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2015 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal