Vasoiras de xibarda


Cartafol de inquedanzas, experiencias e teimas literarias
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SIMENON
Nunca me fascinou o denominado xénero noir, mais as boas críticas e algunhas recomendacións leváronme até Georges Simenon e a súa novela El caso Saint-Fiacre, unha tradución ao castelán de Javier Albiñana. Teño entendido que soamente un título deste autor está vertido ao galego, Maigret na escola.
Non me seduciu. Atopeime cunha situación espazo temporal deficitaria na descrición malia a algunhas recreacións máis ou menos requintadas da campiña francesa; e por veces, apeteceume practicarlle unha reanimación ao desenvolvemento da trama.
Dicía recentemente nunha entrevista Eleanor Catton (gañadora do Man Booker Prize hai dous anos) que ela distinguía entre as novelas de detectives e os thrillers, xa que as primeiras céntranse en resolver un enigma e os segundos na natureza máis escura do ser humano -ela trata de fundir ambas tradicións literarias despois de se achegar con ollada analítica ás novelas de misterio do século XX-, e continuaba sinalando que uns novelistas céntranse na proxección intelectual e outros na acción real.
Dende logo Simenon pertence ao primeiro grupo aínda que ensaie o xogo trepidante en contadas ocasións.
Non sei se é costume deste escritor facerlle un sitio no texto á metaliteratura, mais en El caso Saint-Fiacre introduce unha referencia á novelística de Walter Scott por boca dun dos personaxes.
En xeral advertín abuso do diálogo e por veces unha redacción carente desa cadencia que favorece o interese do lector, mais reitero que non son un usuario habitual do noir, e se cadra –é o máis seguro- o problema está na miña lectura e non no reputado Simenon.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2015 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal