Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Textos elaborados para a instalación artística P-Arte-luz - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Textos elaborados para a instalación artística P-Arte-luz
Entre decembro do 2013 e xaneiro do presente ano expúxose en Ferreira do Valadouro unha instalación artística denominada "P-Arte luz". Traballei nela xunto a profesionais do eido audiovisual e acheguei os seguintes textos:

P-ARTE-LUZ
(Instalación artística multidisciplinar coa Luz como fío condutor)
P-Arte luz é unha proposta na que se alían varias disciplinas artísticas (fotografía, vídeo, deseño, plástica, narrativa?) co obxectivo de convidar a unha reflexión encol dun amplo concepto que adoitamos chamar electricidade, enerxía, sol? Ao cabo, a luz.
●XA SE LLES COÑECE AOS DÍAS? É a invocación popular empregada cando a radiación solar anuncia a mudanza das estacións. Os días reven e as noites alónganse? ou á viceversa. A LUZ, e máis a NON LUZ presaxian a transición climatolóxica, exercen como sinais, mesmo antes cas temperaturas.

●Nos mitos da Antigüidade, os agoiros de morte van acompañados de misteriosas luces, luzadas e clásicas candeas (sempre vinculadas aos ritos funerarios), estas LUCES DO ALÉN ben poden gardar reminiscencias da crenza-anceio dunha nova existencia ALÓ, nese eido idealizado, temido, intuído e ao cabo fornecido das convencións culturais e dos acervos misticistas.

●Unha das convencións culturais estabelece o dogma do BEN irmandado coa claridade e do MAL cómplice da escuridade, xa que logo, a LUZ achéganos un estado de graza, e a NON LUZ fainos entrar en contacto coas entidades maléficas. Segundo as escrituras cristiás, quen estea en graza de Deus non temerá a escuridade da noite, malia todo, escóitase no rural galego que os que andan de noite nunca a Deus viron.

●É so casualidade que moitas das vixentes lendas urbanas estean asociadas á LUZ ou á súa AUSENCIA?? O automóbil sen luces, o apagón urbano, réptiles cegos morando nas tebras, unha deserta estrada na noite pecha?

●Neste século XXI no que os vellos medos e fantasías esmorecen nos museos virtuais da Rede, entre nós reina o derradeiro mito (?) da Civilización occidental, os visitantes doutros afastados e ignotos PLANETAS ?é novidosa esta sensación?- que decote branden inquietantes LUCES NO CEO para se presentaren ou despedírense? Eis un neocódigo? Ou se cadra o máis primitivo sistema de comunicación?

●A moradora das tebras por excelencia é a curuxa, padroa do coñecemento (luz que fire a escuridade) na Grecia clásica, heraldo da morte (dona da derradeira luz) no antigo Exipto, compaña do lóstrego (a luz letal) no Oriente e augur da preñez (arauto dunha nova vida á que se vai DAR A LUZ) no Occidente.
Neste misterioso animal sintetízanse as contradicións dos sensos que o ser humano achega á LUZ, sabenza, remate da existencia, morte violenta, nacemento ?ou renacemento?- ? Non estaremos perante o símbolo das dinámicas cíclicas? Nacer-Aprender-Morrer? RENACER.

LIONEL REXES
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2014 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0