Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
LECTURAS DE INFANCIA (II) - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LECTURAS DE INFANCIA (II)

Hai outro libro na miña infancia que, coido, nunca tiven nas mans, xa que nolo lía a mestra de párvulos. Encantábame o son daquelas capas duras e o voo daquelas follas grosas. De cando en vez virávanolo para que visemos os debuxos, eran ilustracións nas que imperaban un can e unha ovella, tales eran Can y Me aventureros, un conto da mestra Aurora Medina e ilustrado por Francis Bartolozzi, editado en 1976 por Santiago Rodríguez. Decátome agora de que cando nolo lía a señorita Mercedes no colexio Vázquez de Mella, de Madrid, tratábase dunha novísima publicación. Non sei se foi a propósito da ovella do conto que, un día, a mestra preguntounos como se denominaban os fillos das ovellas, e eu respostei mutton, doutra volta preguntounos cal era o contrario de viejo e eu dixen nuevo? Aquelas influencias idiomáticas do francés e do galego non eran moi ben recibidas pola señorita Mercedes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2014 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0